Juan Rodríguez Cabrero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de febreiro de 1880 Cristosende, España |
Morte | 27 de decembro de 1949 (69 anos) Marín, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Membro de | Real Academia Galega (académico de número) (1946–1949) Real Academia Galega (membro correspondente) (1918–1946) |
Juan Rodríguez Cabrero,[1] nado en Cristosende (A Teixeira) o 8 de febreiro de 1880 e finado en Marín o 27 de decembro de 1949, foi un relixioso da Congregación de María[Cómpre clarificar] e escritor galego en lingua castelá, membro numerario da Real Academia Galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou a Cuba e foi profesor e reitor do seminario de Matanzas. Foi un dos organizadores da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega e fixo a entrada, en prosa castelá, do libro de poesía Vento mareiro (A Habana, 1915) de Ramón Cabanillas.[2]
Ingresou na RAG o 10 de xuño de 1946, a proposta de Salustiano Portela Pazos, Celestino Sánchez Rivera e Antonio Couceiro Freijomil, co discurso "Fr. Francisco Fidalgo de Araújo", sobre o dominico Francisco Araújo, lido por Ángel del Castillo (Rodríguez tiña unha afección á vista), que foi respondido por Paulino Pedret.[3]
Gran biógrafo, escribiu moitos traballos sobre personalidades galegas en diversas publicacións, como o boletín da Comisión de Monumentos de Orense e o Boletín de la Real Academia Gallega.
Finou na súa residencia dos P.P. Paúles de Marín.[4]
Obra
[editar | editar a fonte]- "Errores sobre la Historia de Galicia", 1912.[5]
- "El egregio filósofo e insigne escritor P. Luis de Losada [1681-1748]", 1932.[5]
- Escritores ascéticos y místicos de Galicia, 1936.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ En ocasións o segundo apelido aparece escrito como Cabrera.
- ↑ Carballo, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. p. 579. ISBN 84-7154-227-7.
- ↑ "Juan Rodríguez Cabrero". Real Academia Galega.
- ↑ Fernández Gallego, José (1946-1950). "El P. Juan Rodríguez Cabrero". Boletín da Real Academia Galega (289-293): 157–159. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2023. Consultado o 25 de outubro de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 Publicado por entregas no Boletín de la Real Academia Gallega.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Rodríguez Cabrero, Xoán". Diccionario enciclopédico galego universal 53. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 67. ISBN 84-7680-429-6.
- "Rodríguez Cabrero, Xoán". Enciclopedia Galega Universal 14. Ir Indo. 1999-2002. p. 500. ISBN 84-7680-288-9.
- Couceiro Freijomil, A. (1951-54). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Artigos no Boletín da Real Academia Galega Arquivado 14 de febreiro de 2023 en Wayback Machine. (1912-1932) (todos en castelán).