iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/José_Diego_Álvarez
José Diego Álvarez - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

José Diego Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Diego Álvarez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de decembro de 1954 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Monforte de Lemos, España Editar o valor en Wikidata
Altura179 cm Editar o valor en Wikidata
Peso77 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1974 Editar o valor en Wikidata - 1985 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1971–1974   Sociedad Deportiva Eibar
1974–1985   Real Sociedad 264(16)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1979–1979   España sub-23 5(0)
1980–1980   España 1(0)
1980–1981   España B 3(0)
Participou en
xuño de 1980Eurocopa de Fútbol Italia 1980 Editar o valor en Wikidata

José Diego Álvarez Álvarez, coñecido como Diego no mundo do fútbol, nado en Monforte de Lemos o 21 de decembro de 1954, é un exfutbolista galego. Centrocampista internacional da Real Sociedad a finais da década de 1970 e principios dos anos 1980.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Diego Álvarez naceu na localidade galega de Monforte de Lemos, pero sendo neno emigrou coa súa familia á localidade vasca de Éibar. Foi aquí onde comezou a xogar ao fútbol. O seu primeiro equipo foi a SD Eibar, onde debutou na tempada 1971-72 na Terceira división española.

En 1974 foi fichado pola Real Sociedad de Fútbol, un dos principais equipos da rexión. O seu debut na Primeira produciuse cando aínda non cumprira 20 anos, un 7 de setembro de 1974 e ante o Futbol Club Barcelona.

Diego xogaría 11 tempadas na Real Sociedad, sendo este o único equipo profesional da súa carreira. Tratábase dun centrocampista de corte máis ben defensivo, aínda que adoitaba marcar uns poucos goles case todos os anos. A súa estancia na Real Sociedad coincidiu coa mellor época do club. Formou parte da mellor xeración de futbolistas da historia deste club, xunto con outros mitos como Luís Miguel Arconada, Jesús María Zamora, Roberto López Ufarte, Jesús María Satrústegui ou Periko Alonso, entre outros; ante os cales a súa figura queda parcialmente eclipsada.

Con todo, Diego foi un dos puntais daquela Real Sociedad cun posto case fixo no medio campo do equipo titular realista entre 1975 e 1983. A súa bagaxe contempla 349 partidos oficiais coa Real Sociedad (263 deles en Primeira) e 23 goles (16 en Liga).

Diego logrou o subcampionato de Liga de 1979-80, no ano no que a Real bateu un récord de imbatibilidade aínda vixente na Liga española. O seu excelente papel valeulle ser convocado pola selección española aquel ano.

Nas tempadas seguintes logrou os títulos de Liga de 1980-81 e 1981-82. Foi unha peza importante do equipo bicampeón, disputando 33 e 31 partidos e marcando 3 e 1 goles; respectivamente aquelas tempadas. Tamén gañou a Supercopa de España de 1982, a primeira vez que se disputou este torneo e alcanzou as semifinais da Copa de Europa na tempada 1982-83.

A partir de 1983 a súa estrela comezou a declinar e a tempada 1984-85 estivo practicamente inédito (só xogou 2 partidos). Retirouse do fútbol ao finalizar aquela campaña, con 30 anos e medio de idade.

Tamén disputou en 1979 un partido amigable coa Selección de Euskadi ante Bulgaria.

Selección de España

[editar | editar a fonte]

En 1979 foi internacional sub-23, e o 26 de marzo de 1980 debutou coa Selección de fútbol de España en Barcelona nun amigable contra Inglaterra, que venceu 0-2. Foi convocado para a disputa da Eurocopa de fútbol 1980, pero non chegou a disputar un só minuto naquela competición.

Equipo Categoría Ano
SD Eibar Terceira División 1971-1974
Real Sociedad Primeira División 1974-1985

Campionatos nacionais

[editar | editar a fonte]
Título Club País Ano
Liga Real Sociedad España 1981
Liga Real Sociedad España 1982
Supercopa Real Sociedad España 1982

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]