iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/John_W._Adams
John W. Adams - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

John W. Adams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohn W. Adams
Biografía
Nacemento2 de abril de 1936 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Boston, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónnumismático, banqueiro Editar o valor en Wikidata
Membro de

John Weston Adams, nado o 2 de abril de 1936 en Boston, Massachusetts, é un numismático, coleccionista e banqueiro estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

John W. Adams graduouse na Universidade de Princeton en 1957 e acadou o mestrado en administración de negocios (MBA) en Harvard en 1959.[1][2][3][4]

No ámbito familiar, o 29 de agosto de 1959 casou con Mary Markle Pierce, con quen tivo tres fillos. O 28 de xuño de 2000 casou en segundas nupcias con Regina Fromhage.[1]

Como investidor

[editar | editar a fonte]

O seu primeiro traballo desenvolveuno no departamento de investigación da compañía de investimento bancario Kuhn Loeb & Co., en Nova York (1960-1961) e posteriormente foi tesoureiro axudante na multinacional tecnolóxica Corning Glass Works (1961-1966). No entanto, a maior parte da súa vida laboral estivo vinculado ao banco de investimento Adams, Harkness & Hill, de Boston, en cuxa fundación participou en 1966 e do que foi xerente e presidente.[2][3][4] Outras das compañías nas que tivo participación foron Canaccord Adams, Ltd. e A. H. Lisanti Capital Growth.[1]

Como numismático

[editar | editar a fonte]

No terreo da numismática, Adams centrou as súas investigacións na medallística europea e estadounidense, na literatura numismática e no estudo dos denominados large cents, os centavos dos EEUU de maior tamaño, cuñados entre 1793 e 1857. Sobre estas cuestións versa a maioría das súas publicacións.[2][3][4]

Como coleccionista foron moi destacables as súas coleccións de moedas de large cents de 1794, de medallas modelo Indian Peace e de bibliografía numismática. A colección de centavos foi vendida en 1982 pola casa Bowers and Ruddy Galleries, que publicou o catálogo da poxa co título de The Celebrated John W. Adams Collection;[5] a colección de medallas foi vendida por Stack's en 1999, e unha parte importante da súa biblioteca vendeuse por partes entre 1989 e 1990.[1]

Entre outras institucións, John W. Adams formou parte do consello de dirección da Sociedade Histórica de Massachusetts, foi membro da Sociedade de Anticuarios dos EEUU, presidiu a Numismatic Bibliomania Society (2001-2009) e a asociación Medal Collectors of America (2005-2009), e é membro tamén da American Numismatic Society, de cuxa directiva formou parte.[1][2][3][4]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables publicados por John W. Adams:[7]

  • (1982). United States Numismatic Literature. Volume 1: Nineteenth Century Auction Catalogs. George Frederick Kolbe, Crestline.
  • (1982). The celebrated John W. Adams collection of United States large cents of the year 1794 (con Q. D. Bowers e R. Bagg). Bowers & Ruddy Galleries, Os Ánxeles.
  • (1991). United States Numismatic Literature. Volume 2: Twentieth Century Auction Catalogs. George Frederick Kolbe, Crestline.
  • (1999). The Indian peace medals of George III, or, His Majesty's sometime allies. George Frederick Kolbe, Crestline. ISBN 9780934352048
  • (2005). The medals concerning John Law and the Mississippi system. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 9780897222952
  • (2007). The magnum opus of Joseph Florimond Loubat. Bird & Bull Press, Newton.
  • (2007). Comitia Americana and related medals: underappreciated monuments to our heritage (con a. E. Bentley). George Frederick Kolbe, Crestline. ISBN 978-0934352093
  • (2010). Medallic portraits of Admiral Vernon: medals sometimes lie (con F. Chao e A. E. Bentley). Kolbe & Fanning, Gahanna. ISBN 9780934352116
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Lupia, John. N. "Adams, John Weston Arquivado 25 de outubro de 2020 en Wayback Machine.". Encyclopedic Dictionary of Numismatic Biographies.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Adams, John W. (John Weston), 1936- , collector". American Numismatic Society.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "The ANS confers 2014 Huntington Award to John W. Adams". American Numismatic Society.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "ANS awards Archer M. Huntington Award to John W. Adams". Coins Weekly. 27 de marzo de 2014.
  5. Bowers, Q. D. (1982). The celebrated John W. Adams collection of United States large cents of the year 1794. Bowers and Ruddy Galleries, Inc.
  6. "Recipients of the Trustees’ Award". American Numismatic Society.
  7. "Adams, John W. 1936-". WorldCat Identities.