iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/John_E._Walker
John E. Walker - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

John E. Walker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohn E. Walker

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) John Ernest Walker Editar o valor en Wikidata
7 de xaneiro de 1941 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Halifax, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónSt Catherine's College (en) Traducir
Rastrick High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseEdward Abraham (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioquímica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo molecular, químico, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Wisconsin-Madison
Universidade de Cambridge
Universidade de Oxford Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Obra
DoutorandoJoel R. Meyerson (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloKnight Bachelor (1999–) Editar o valor en Wikidata
Premios

John Ernest Walker, nado o 7 de xaneiro de 1941 en Halifax, Inglaterra, é un químico inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1997.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou física, química e matemáticas no St Catherine's College, dependente da Universidade de Oxford, onde se doutorou en 1965.

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]

Durante a súa estancia en Oxford iniciou a súa colaboración con Edward Abraham acerca dos péptidos como antibióticos, así como tamén se interesou na bioloxía molecular. Logo de traballar entre 1969 e 1971 na Universidade de Wisconsin-Madison e dunha estancia en Francia entre aquel ano e 1974, entrou a traballar na Universidade de Cambridge. Alí coñeceu a Frederick Sanger e Francis Crick. Á beira destes realizou análise de secuencias de proteínas e puido descubrir o código xenético modificado da mitocondria, e en 1978 decidiu aplicar métodos químicos da proteína ás mesmas proteínas da membrana.

En colaboración co químico estadounidense Paul D. Boyer desenvolveu métodos para estudar a síntese química das encimas que catalitzan a adenosina trifosfato, o principal elemento de achega de enerxía aos organismos.

En 1997 foi galardoado, xunto con Paul D. Boyer, coa metade do Premio Nobel de Química polo descubrimento da síntese da molécula da adenosina trifosfato. A outra metade do premio recaeu no químico danés Jens Christian Skou polo descubrimento da encima transportadora de iones de sodio e potasio, a bomba de sodio-potasio.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  • Motivos Walker, motivos estruturais das proteínas que levan o seu nome.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Harold Walter Kroto,
Robert Curl
e Richard Errett Smalley
Premio Nobel de Química

1997
con
Paul D. Boyer
e
Jens Christian Skou
Sucesor:
Walter Kohn
e
John Pople