Joaquín Vázquez
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Joaquín Vázquez González 26 de agosto de 1897 Badaxoz, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 21 de outubro de 1965 (68 anos) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1909 - 1930 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1920 | Xogos Olímpicos de 1920 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Joaquín Vázquez González,[1] nado en Badaxoz o 26 de agosto de 1897 e finado o 21 de outubro de 1965, foi un futbolista español, que xogaba como extremo dereito.
Fillo dun galego e unha salmantina e criado en Irún, foi o primeiro xogador nacido en Estremadura en vestir a camiseta da selección española e o primeiro deportista da rexión en participar nuns Xogos Olímpicos. Foi tamén o primeiro medallista estremeño, coa medalla de prata que logrou en Anveres 1920, cando militaba no Deportivo da Coruña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Badaxoz sendo fillo de Camilo Vázquez Villar, un carabineiro galego destinado na cidade estremeña, e da salmantina Concepción González Almeida.[1] Sendo Joaquín neno, seu pai foi destinado á fronteira de Irún, onde o fillo comezou a practicar fútbol, ao tempo que se iniciaba como aprendiz de zapateiro. Xogou no Deportivo Irunés e no Racing de Irún, co que participou no Campionato Rexional Norte. Trala fusión do Racing co Irún Sporting Club en 1915, pasou a militar no novo club, o Real Unión.[1] Disputou o Campionato de Guipúscoa e a Copa do Rei, da que se proclamou campión por primeira vez en 1918.
En 1919 foi destinado a Ferrol para realizar o servizo militar e ingresou no equipo do Racing de Ferrol, que acababa de nacer trala fusión de dous clubs xa existentes. Axiña comezou a destacar e o 4 de agosto de 1919 fichou polo Deportivo da Coruña.[2] A súa marcha de Ferrol provocoulle problemas con algúns seareiros da cidade, que chegaron a darlle unha malleira.[3] Disputou o Campionato de Galicia na tempada 1919/20, torneo que quedou reducido a só dous equipos (Deportivo e Vigo Sporting) e dous partidos, anotando Vázquez no segundo deles o seu primeiro gol como deportivista.[4]
En xullo de 1920 incorporouse aos adestramentos da selección española e disputou en Vigo dous partidos que servirían para que o seleccionador Paco Bru definise o equipo que participaría nos Xogos Olímpicos de 1920 en Anveres. Vázquez anotou un gol no primeiro encontro e un triplete no segundo, sendo finalmente un dos seleccionados para as primeiras Olimpíadas do combinado español.[5] Foi titular no primeiro encontro, a vitoria sobre Dinamarca en Bruxelas, e aínda que non volveu xogar durante o torneo, o seu equipo acadou a medalla de prata.[5]
Tralos Xogos continuou no Deportivo da Coruña, pero pouco despois regresou ao Real Unión. Na tempada 1923/24 conquistou o campionato guipuscoano e tamén a súa segunda Copa do Rei, anotando tres goles durante o torneo e sendo titular na final contra o Real Madrid no campo de Atotxa.[6]
En 1925 iniciou a súa segunda etapa no Deportivo da Coruña, na cal disputou 33 partidos oficiais nos que marcou 15 goles, contribuíndo a que o equipo conquistase dous Campionatos de Galicia por diante do seu máximo rival, o Celta de Vigo. En 1928 pasou á Cultural Leonesa, coa que disputou a primeira edición da Segunda División, aínda que o fixo no Grupo B (que funcionaba como terceira categoría), conseguindo o ascenso ao grupo unificado da tempada 1929/30. Disputou un total de 35 encontros co equipo leonés, co que marcou 5 goles, antes da súa retirada en 1930.
Clubs
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Arrechea Rivas, Fernando (1 de xuño de 2013). "Joaquín Vázquez. Primer extremeño olímpico". Cuadernos de Fútbol (en castelán) (44). ISSN 1989-6379. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2017.
- ↑ "Deportes". El Ideal Gallego (en castelán) (762). 5 de agosto de 1919. p. 2. Consultado o 4 de outubro de 2024.
- ↑ Miranda, Carlos (27 de novembro de 1920). "“En Ferrol me querían matar”". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 4 de outubro de 2024.
- ↑ "Notas deportivas". El Ideal Gallego (en castelán) (923). 2 de marzo de 1920. p. 1. Consultado o 4 de outubro de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 Novo, Lois (30 de setembro de 2024). "Vázquez, un enigma olímpico". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 4 de outubro de 2024.
- ↑ Aristizabal, Iñigo (4 de maio de 2024). "Mimar su historia hace más grande al Real Unión" (en castelán). Consultado o 4 de outubro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1897
- Finados en 1965
- Nados en Badaxoz
- Españois de ascendencia galega
- Futbolistas de Estremadura
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Real Unión
- Xogadores do Racing de Ferrol
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores da Cultural Leonesa
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Futbolistas olímpicos de España
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1920
- Medallistas olímpicos en fútbol
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1920
- Medallistas olímpicos de prata por España