iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Jean_Behra
Jean Behra - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Jean Behra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJean Behra

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1921 Editar o valor en Wikidata
Niza, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte1 de agosto de 1959 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Berlín, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de motociclismo, piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
DeporteMotociclismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor en Wikidata
Premios

Find a Grave: 6201724 Editar o valor en Wikidata

Jean Marie Behra nado en Niza, Francia, o 16 de febreiro de 1921 e finado en Berlín, Alemaña o 1 de agosto de 1959 foi un piloto de Fórmula Un que correu para os equipos Gordini, Maserati, BRM, Ferrari e Porsche.

Aparencia e personalidade

[editar | editar a fonte]

Behra era pequeno de estatura, rexo, e pesaba 81 quilos,[1] tiña grandes ombreiros e estaba cheo de cicatrices resultado de 12 accidentes. En 1955 perdeu unha orella nunha colisión. Ás veces pilotaba magnificamente e noutras pilotaba sen entusiasmo.[2]

Aínda que nunca logrou unha vitoria nunha carreira do Campionato do Mundo de Fórmula Un, tiña unha paixón insaciable polos deportes de motor, considérase que foi un competidor formidable ata o día que morreu. Chegou aos titulares cando gañou o Gran Premio de Reims de 1952, unha carreira fóra de campionato. Desde entón e ata 1959 logrou moitas vitorias, pero ningunha nunha carreira do campionato de Fórmula 1.

Jean Behra comezou súa carreira nas motos cunha Moto Guzzi, coa cal coroouse campión francés de 1948 a 1951. Comezou no automobilismo en 1950, disputando unha proba de subida de montaña en Mont Ventoux ao volante dun Maserati, no que obtivo o primeiro lugar. Tras esa experiencia, disputou outras probas durante o ano, entre as elas o Rally de Monte Carlo, que terminou en 3º lugar a bordo dun Simca, e as 24 Horas de Le Mans, cun Simca-Gordini, no que tivo que abandonar. A finais do ano foi contratado por Amédée Gordini, que o convidou para integrar o seu equipo en 1951, ao lado dos máis famosos pilotos franceses da época, como Maurice Trintignant, Robert Manzon e Andrè Simon. Ese ano, cun fórmula 2, obtivo o segundo lugar no Grand Prix des Sables-d'Olonne, logrando a volta rápida, e o terceiro lugar no Grand Prix de Cadours. Existe unha controversia sobre unha eventual participación do francés no Gran Premio de Italia de 1951, en Monza, segundo o xornalista especializado suízo, Gérard Crombac, Behra substituiría Trintignant, que o día da carreira sufriría un problema intestinal, aínda que sen ser inscrito na organización da proba. Precisamente debido a inexistencia de rexistros específicos, ese gran premio non é computado na súa carreira na F1.

1952-1955

[editar | editar a fonte]

En 1952, Behra finalmente participou no Campionato Mundial de Fórmula 1, cun Gordini, soamente dous anos despois do seu inicio no automobilismo; na súa primeira carreira, o Gran Premio de Suíza de 1952, obtivo o 3º lugar. A pouca fiabilidade mecánica do coche, con todo, impediulle obter outras posicións destacadas, só un 5º lugar no Gran Premio de Alemaña de 1952, en Nürburgring. Na Fórmula 2, venceu en Reims, batendo aos Ferrari de Alberto Ascari e Giuseppe Farina, e en Aix-des-Bains, e chegou en 3º lugar no Gran Premio de Pau. Ao final do ano, sufriu un serio accidente cando lideraba a Carreira Panamericana, en México, ao volante dun Simca Gordini, quebrou sete costelas e sufriu varias contusións.

En 1953 obtivo o 3º lugar en Cadours na F2, mentres que na F1 tivo como mellor resultado un 6º lugar no Gran Premio da Arxentina, terminando a temporada sen puntuar. No ano seguinte novamente o seu mellor resultado non pasou dun 6º lugar, desta vez no Gran Premio de Francia, en Reims. No Gran Premio do Reino Unido, con todo, estabeleceu a volta rápida da proba; porén, ese tempo foi igualado por outros seis pilotos, Behra recibiu só 0,14 punto polo evento. Non obstante, na proba fóra de campionato da F1 disputada en Pau, Behra venceu de forma espectacular, superando ao Ferrari de Maurice Trintignant por só 2 décimas de segundo, tras superalo nas voltas finais da carreira despois dunha gran recuperación.

Á falta de competitividade dos Gordini sumouse a diminución das actividades do equipo, razón pola cal Behra asinou contrato con Maserati en 1955. Co novo coche, a temporada foi bastante mellor. Behra venceu novamente en Pau e en Bordeaux, probas fora do campionato de F1. Na F1 obtivo o 3º lugar en Mónaco, compartindo o coche con Cesare Perdisa, o 4º lugar en Italia e o 5º lugar en Bélxica, en dúo con Roberto Mieres; terminou o ano na 9ª posición do campionato. E no Mundial de Marcas, venceu no Gran Premio Supercortemaggiore, en Monza, en dúo con Luigi Musso. No Tourist Trophy, porén, sufriu un grave accidente, que o afastou das pistas polo resto da temporada.

1956-1958

[editar | editar a fonte]

En 1956, xa recuperado do accidente no Tourist Trophy, Behra disputou a súa mellor temporada na F1. Ao volante do Maserati, conseguiu o 2º lugar na Arxentina e o 3º lugar en Mónaco, en Francia, en Inglaterra e en Alemaña. A pesar de non vencer ningunha proba no Mundial, súa regularidade fixo que chegase á Italia, a última proba da tempada, con oportunidades de ser campión mundial, pero unha quebra do sistema de ignición de seu coche, forzouno a abandonar a carreira, deixándoo 4º na clasificación final do campionato. No Mundial de Marcas, obtivo o 3º lugar nos 1000 km de Buenos Aires, correndo con José Froilán González. Na tempada seguinte, Behra dividiuse entre BRM e Maserati, novamente fixo unha boa sesión. No Mundial de F1, chegou en 2º lugar na Arxentina, porén venceu as probas fóra de campionato de Pau, Caen, Silverstone, Modena e Marrocos, alén de terminar en 2º lugar en Reims. No Mundial de Marcas, venceu as 12 Horas de Sebring, a dúo con Juan Manuel Fangio, e o GP Sverige, con Stirling Moss, e foi 2º nos 1000 km de Buenos Aires, co arxentino Carlos Menditeguy. Sufriu un novo accidente, desta vez sen maior gravidade, probando un Maserati para a Mille Miglia. En 1958 chegou en 5º lugar na Arxentina, co Maserati; a partir de aí, correu con BRM nas demais probas do Mundial da F1, obtendo un 3º lugar en Holanda e un 4º lugar en Portugal. No Mundial de Marcas, pasou a correr con Porsche, foi 2º na Targa Florio, con Giorgio Scarlatti, e 3º en Buenos Aires, con Moss, e nas 24 Horas de Le Mans, con Hans Hermann. Na F2, venceu en Reims e en Avus. Venceu tamén a subida de Mont Ventoux.

Para a tempada de 1959 Ferrari perdera aos seus pilotos Mike Hawthorn, campión de 1958, abandonara as pistas, mentres que Peter Collins e Luigi Musso morreran en accidentes en Nürburgring e Reims, respectivamente. Por iso, a renovación do equipo veu coa contratación de Behra e do inglés Tony Brooks, que destacara o ano anterior cun Vanwall. En Aintree, proba fora do campionato de F1, Behra venceu por primeira vez co coche italiano, chegando 10 segundos por diante de Brooks.[3] En Mónaco, saíu en 2º lugar e liderou a proba por 21 voltas, ata abandonar con problemas mecánicos. En Holanda, porén, logrou os seus primeiros puntos, cun 5º lugar. No Mundial de Marcas, conseguiu o 2º lugar en Sebring, correndo con Cliff Allison. A seguinte proba da F1 válida para o Mundial foi disputada en Francia en Reims, Behra superou a marca de 51 grandes premios disputados por Fangio, tornándose o piloto con maior número de participacións en grandes premios. Correndo diante da súa afección, tivo unha mala saída, máis se recuperou de forma extraordinaria, disputaba a 2ª posición con Phil Hill, cando o motor do seu Ferrari estourou. Ao chegar aos boxes, Behra tivo unha violenta discusión co director deportivo do equipo, Romolo Tavoni, que o acusou de forzar deliberadamente o coche, causando o abandono. O piloto, á súa vez, acusou ao equipo de fornecerlle equipamento inferior ao dos seus compañeiros. A discusión terminou cun puñazo do francés ao italiano. Tomando coñecemento do ocorrido, Enzo Ferrari despediu a Behra o mesmo día. Tras a saída do equipo italiano, Behra, tras tentar, sen logralo, adquirir un Ferrari para proseguir no Mundial como piloto privado, volveu a Porsche, con quen estaba desenvolvendo un prototipo propio, o Behra-Porsche, para correr na categoría. O coche foi presentado para disputar unha carreira desa categoría, realizada como preliminar do Gran Premio de Alemaña, en Avus, o día 1 de agosto. Na cuarta volta, porén, cando corría en 3º lugar, atrás de Wolfgang Von Trips e de Joakim Bonnier, o francés derrapou na pista mollada, na temíbel Nordkurve, e chocouse contra un poste, provocándolle unha fractura de cranio que matouno instantaneamente.[4]

O AVUS era único entre os circuítos de carreiras. Utilizaba un tramo da Autobahn de 4 km. de lonxitude. Dous carrís de norte a sur separados por 15 metros de distancia. Nun extremo había unha forquita que os pilotos negociaban a 48 km/h. No outro extremo había unha curva de lastras cun peralte de 43º sen ningunha barreira na parte superior. Behra perdeu o control baixo a choiva torrencial, mentres corría a 180 km/h. O Porsche comezou a colear co coche subindo máis e máis polo peralte o Porsche trompeou e foise por encima do peralte co nariz apuntando cara ao ceo. A súa roda traseira toca unhas pilastra de formigón, o coche desfaise e o piloto sae disparado nun voo duns 4 metros de altura, no que abre os brazos en cruz mentres se lle desprende o casco. Behra, a quen o motor do Porsche creba a espiña dorsal a nivel das vértebras lumbares e que probablemente rompeuse unha perna ao saír despedido do cockpit, rómpese a outra ao chocar contra un dos altos mastros para as bandeiras que adornan a cima do peralte, antes de caer ao firme do exterior e desnucarse. Un médico chegou nunha ambulancia da Cruz Vermella. Examinou a Behra brevemente e sacudiu a cabeza. O boletín do hospital declarou que Behra rompeu a maior parte das súas costelas, ademais da fractura de cranio que o matou. Actualmente o AVUS é unha parte vital do sistema alemá da Autobahn A 115.

Behra foi enterrado en Niza, Francia seis días despois do accidente no que morreu o 1 de agosto. No medio había tres servizos funerarios. 3.000 doentes en Niza se aliñaron nas rúas de parede a parede. O primeiro servizo funeral foi en Berlín, seguida doutra en París. Behra deixou un fillo de dezanove anos de idade, Jean Paul. A desaparición de Behra deixou só a Maurice Trintignant entre os pilotos franceses vivos máis famosos. Trintignant consolou a familia de Behra e pediu aos mozos de Francia defender as cores do seu país no automobilismo internacional. Brillou pola súa ausencia entre os presentes da comunidade de carreiras Enzo Ferrari. Despedira a Behra como piloto de fábrica dez días antes da súa morte e non enviou o pésame ao seu masivo funeral.[5].

Rexistro de carreiras

[editar | editar a fonte]

Resultados completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos
1952 Equipe Gordini Gordini Type 16 Gordini
6 en liña
SUI
3
500 BEL
Ret
FRA
7
GBR ALE
5
NED
Ret
ITA
Ret
11º 6
1953 Equipe Gordini Gordini Type 16 Gordini
6 en liña
ARX
6
500 NED BEL
Ret
FRA
10
GBR
Ret
ALE
Ret
SUI
Ret
ITA NC 0
1954 Equipe Gordini Gordini Type 16 Gordini
6 en liña
ARX
DSC
500 BEL
Ret
FRA
6
GBR
Ret
ALE
10
SUI
Ret
ITA
Ret
ESP
Ret
26º 1/7
1955 Officine Alfieri Maserati Maserati 250F Maserati
6 en liña
ARX
6 *
MON
3 †
500 BEL
5 ‡
NED
6
GBR
Ret
ITA
4
6
1956 Officine Alfieri Maserati Maserati 250F Maserati
6 en liña
ARX
2
MON
3
500 BEL
7
FRA
3
GBR
3
ALE
3
ITA
Ret
22
1957 Officine Alfieri Maserati Maserati 250F Maserati
6 en liña
ARX
2
MON 500 FRA
6
GBR
Ret
ALE
6
PES
Ret
11º 6
Maserati V12 ITA
Ret
1958 Ken Kavanagh Maserati 250F Maserati
6 en liña
ARX
5
11º 9
Owen Racing Organisation BRM P25 BRM Straight-4 MON
Ret
NED
3
500 BEL
Ret
FRA
Ret
GBR
Ret
ALE
Ret
POR
4
ITA
Ret
MAR
Ret
1959 Scuderia Ferrari Ferrari Dino 246 Ferrari V6 MON
Ret
500 NED
5
FRA
Ret
GBR 17º 2
Jean Behra Behra-Porsche RSK Porsche Flat-4 ALE
NTS
POR ITA USA
* Indica unidade compartida con Harry Schell
† Indica unidade compartida con Cesare Perdisa
‡ Indica unidade compartida con Roberto Mieres

Resultados de Fórmula 1 fóra de campionato

[editar | editar a fonte]

(key)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39
1951 Equipe Gordini Gordini Type 16 Gordini
Straight-6
SYR PAU RIC SRM BOR INT PAR ULS SCO NED ALB
6
PES BAR GOO
1952 Equipe Gordini Gordini Type 11 Gordini
6 en liña
RIO SYR VAL RIC LAV PAU
3
IBS
Gordini Type 15 MAR
NC
AST INT
Ret
ELÄ NAP EIF
Gordini Type 16 PAR
Ret
ALB
Ret
FRO ULS MNZ LAC
1
ESS MAR
1
SAB
DNS
CAE
2
DAI COM
3
NAT BAU
Ret
NAT BAU MOD
Ret
CAD SKA MAD AVU JOE NEW RIO
1953 Equipe Gordini Gordini Type 16 Gordini
6 en liña
SYR PAU
Ret
LAV AST BOR INT ELÄ NAP ULS
DNA
WIN FRO COR EIF ALB PRI GRE ESS MID ROU
Ret
STR CRY AVU USF LAC
Ret
DRE BRI CHE SAB
NC
NEW CAD
3
SAC RED SKA LON MOD
Ret
MAD BER JOE CUR
1954 Equipe Gordini Gordini Type 16 Gordini
6 en liña
SYR PAU
1
LAV BOR
Ret
INT
2
BAR
3
CUR ROM
4*
FRO COR BRC CRY ROU
DSQ
CAE
3†
AUG COR OUT
Ret
RED PES
5
SAC JOE CAD
1
BER
Ret
GOO DAI
16
1955 Officine Alfieri Maserati Maserati 250F Maserati 6 en liña BUE VLN
Ret
PAU
1
GLV BOR
1
INT NAP
4
ALB CUR CRN LON REC RDX TLG OUL AVO SYR
1956 Officine Alfieri Maserati Maserati 250F Maserati Straight-6 BUE
3
GLV SYR
Ret
AIN INT NAP 100 VNW CAE SUS BRH
1957 Officine Alfieri Maserati Maserati 250F Maserati 6 en liña BUE
2
SYR
Ret
PAU
1
GLV NAP RMS
2
MOD
1
MAR
1
Jean Behra BRM P25 BRM 4 en liña CAE
1
INT
1
1958 Owen Racing Organisation BRM P25 BRM 4 en liña BUE GLV
Ret
SYR AIN
Ret
INT
4
CAE
Ret
1959 Scuderia Ferrari Ferrari Dino 246 Ferrari V6 BUE GLV AIN
1
INT OUL SIL
* Indica unidade compartida con André Simon
† Indica unidade compartida con Jacques Pollet
  1. Behra Arrives To Drive In $14,500 U.S. Grand Prix, Los Angeles Times, 10 outubro 1958, Page C1.
  2. Grand Prix Drivers Accentuate The Positive, New York Times, May 3, 1959, Page S7.
  3. Behra's Ferrari First At Aintree, New York Times, 19 abril 1959, Page S1.
  4. Jean Behra Killed In Race Crack-Up, New York Times, August 2, 1959, Page S1.
  5. A Tribute To Behra, New York Times, 11 agosto 1959, Page 30.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]