iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Jaime_Romero
Jaime Romero - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Jaime Romero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJaime Romero

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de xullo de 1990 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Valdeganga, España Editar o valor en Wikidata
Altura176 cm Editar o valor en Wikidata
Peso74 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Real Madrid CF
2008–2009   Albacete Balompié 36(3)
2009–2010 Udinese Calcio 4(0)
2010–2011 cesión SSC Bari 9(0)
2011–2013 cesión   Granada CF 29(1)
2013–2013 cesión Orduspor 11(0)
2013–2014 cesión   Real Madrid Castilla 32(3)
2014– cesión   Real Zaragoza
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2008–2008   España sub-19 6(0)

Jaime Romero Gómez, nado o 31 de xullo de 1990 en Valdeganga (Albacete), é un futbolista profesional español da canteira do Albacete Balompié que actualmente xoga como centrocampista no Córdoba Club de Fútbol.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Valdeganga (Albacete), Castela-A Mancha, Jaime Romero formouse nas categoría inferiores do Albacete Balompié, principal equipo da súa provincia natal. Con tan só dezaoito anos, na campaña 2008−09, debuta co primeiro equipo naquela altura da Segunda División. Cos albaceteños xoga todos os partidos menos seis e anota tres tantos. O seu rendemento lévao a xogar coa selección española sub-19 e a asinar co Udinese Calcio da Serie A, máxima categoría do fútbol italiano, nun traspaso valorado en 1,8 millóns de euros. O seu debut co equipo de Udine produciuse o 8 de novembro de 2009 na derrota do seu equipo na casa ante a ACF Fiorentina. Nesa temporada acaba xogando tres partidos máis na máxima categoría: ante a Juventus FC, o Bologna FC 1909 e como titular ante o A.C. Siena.[1]

Na seguinte temporada é cedido a outro equipo da Serie A, o A.S. Bari de la Serie A italiana, onde disputa dez partidos de liga, cinco deles como titular. Na temporada seguinte regresa a España para xogar cedido no Granada C.F., sendo o primeiro reforzo do club no seu regreso á Primeira División. En dúas temporadas no club andaluz na máxima categoría xoga vinte e nove partidos onde anota un gol. O seu debut na máxima categoría sería o 27 de agosto de 2011 no Estadio Nuevo Los Cármenes na derrota por 0−1 do seu equipo ante o Real Betis. O seu primeiro gol en Primeira chega o 11 de abril no minuto dous no empate 2−2 na casa do seu equipo ante o Athletic Club.

En xaneiro de 2013 sae do equipo nazarí para xogar cedido no Orduspor da Süper Lig, máxima categoría do fútbol turco. Alí xoga once encontros antes do fin da temporada. Para a temporada 2013−14 é cedido ao Real Madrid Castilla, filial do Real Madrid. O 2 de xaneiro chega debutar co primeiro equipo nun amigábel en Qatar ante Paris Saint-Germain, xogando a segunda parte completa en substitución de Cristiano Ronaldo. Ao ano seguinte é cedido ao Real Zaragoza, onde é chave para que o conxunto chegue á final dos playoffs de ascendo a Primeira. Alí permanece outro ano máis até que o 4 de xullo de 2016 C.A. Osasuna de Primeira División. Tras o descenso de categoría dos navarros, o 8 de xullo de 2017 asina polo Córdoba C.F. por 500.000 euros. O 17 de xaneiro anúnciase a súa cesión ao Club Deportivo Lugo.

Club Categoría Ano Partidos Goles
Albacete Balompié Segunda 2008−2009 36 3
Udinese Calcio Serie A (1ª) 2009−2010 4 0
A.S. Bari Serie A (1ª) 2010−2011 10 0
Granada C.F. Primeira 2011−2012 18 1
Granada C.F. Primeira 2012−2013 11 0
Orduspor Süper Lig (1ª) 2013 11 0
Real Madrid B Segunda 2013−2014 32 2
Real Zaragoza Segunda 2014−2015 28 7
Real Zaragoza Segunda 2015−2016 9 1
C.A. Osasuna Primeira 2016−2017 19 0
Córdoba C.F. Segunda 2017−2018 17 0
Lugo Segunda 2018 18 2

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]