Isidoro Millán Mariño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1890 Pontevedra, España |
Morte | 31 de agosto de 1983 (92/93 anos) Pontevedra, España |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Partido Republicano Radical 1 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Pontevedra | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, avogado |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Isidoro Millán González-Pardo |
Pai | José Millán |
Isidoro Millán Mariño, nado en Pontevedra en 1890 e finado na mesma cidade o 31 de agosto de 1983, foi un avogado, político e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito pola USC. Membro de «Helenes nº 7», o seu nome simbólico era Urco e só acadou o grao 1º (aprendiz). Colaborou en La Correspondencia Gallega, que dirixía o seu pai José Millán e Faro de Vigo. Participou no Pacto de Barrantes (1930) e liderou o Partido Liberal Demócrata en Pontevedra. Foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra polo Partido Republicano Liberal Demócrata nas eleccións xerais de 1933, e ocupou o cargo de Director Xeral de Xustiza durante o bienio cedista. En 1935 entrevistouse con José Calvo Sotelo en Cuntis, defendendo a unión das forzas de centro e dereita para opoñerse ás esquerdas. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi afervoado defensor do golpe militar nos primeiros momentos. Posteriormente foi detido o 4 de maio de 1939 "por celebrar reuniones de carácter político", encarcerado e confinado tres meses a unha vila de Cáceres. Volveu ser detido o 17 de xaneiro de 1940 por ser autor de folletos sen pé de imprenta. Foi procesado en 1945 acusado de ser masón e condenado polo delito de masonería o 7 de xullo de 1951.[1] Despois permaneceu afastado da actividade política, dedicándose á súa profesión. Finou en Pontevedra o 31 de agosto de 1983.[2]
Publicou A la sombra del Apóstol (Once siglos de vida compostelana) en 1938. Aparece como figurante na película Miss Ledyia (1916).
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Cambados con Encarnación González-Pardo Fraga en xuño de 1918,[3] e foi pai de María Encarnación, María Jesús, Isidoro, Francisco José, Pedro e Ramón Millán González-Pardo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Masonería en Pontevedra (III): o caso Isidoro Millán.
- ↑ La Voz de Galicia, 1-9-1983, p. 55.
- ↑ Galicia Nueva, 25-6-1918, p. 2, 3..
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pereira Martínez, Carlos (2004). "A Familia Poza: Un exemplo de republicanismo e librepensamento en Pontevedra" (PDF). Anuario Brigantino (27): 265–312. Consultado o 28 de agosto de 2012.
- "Millán Mariño, Isidoro". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 308.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 421.