Iniciativa popular
A iniciativa popular, tamén coñecida como iniciativa cidadá refírese á posibilidade amparada na constitución de que as persoas presenten peticións, cargo de xustiza, avalada polas súas firmas, para que se tome a consideración política un determinado asunto público, como pode ser unha reforma dun estatuto ou dunha lei, ou mesmo unha emenda constitucional.
A iniciativa pode ser directa ou indirecta. Se é directa, a presentación da iniciativa desemboca nun referendo para aprobala ou rexeitala. No caso das iniciativas indirectas, a petición é tomada en consideración polo lexislativo, quen decide se se convoca ou non o correspondente referendo.
Nalgúns países, a iniciativa popular ten unha regulación específica que establece algunhas especialidades na súa tramitación.
Regulación por países
[editar | editar a fonte]España
[editar | editar a fonte]No artigo 87.3 da Constitución contémplase a posibilidade -regulada pola Lei Orgánica 3/1984- de que os cidadáns fagan propostas apoiadas por un mínimo de 500.000 firmas, propostas denominadas por lei ILPs (Iniciativas Lexislativas Populares). Con todo, estas iniciativas, teñen unha serie de limitacións:
- Non poden reformar ningunha lei Orgánica, nin regular materia propia da lei Orgánica, o que exclúe o Código Penal, os Estatutos de Autonomía, a Lei Electoral, a do Defensor do Pobo, a do Tribunal Constitucional, a de Educación, a do Dereito de Reunión, a de Liberdade Sindical, a de Liberdade Relixiosa, a de Partidos Políticos etc.
- Non poden reformar lei tributaria algunha, o que exclúe a Lei Xeral Tributaria, a Lei Reguladora das Facendas Locais, a Lei sobre o IRPF, a Lei do IVE etc.
- Non poden reformar lei algunha de carácter internacional.
- Partindo de devanditas iniciativas non pode elaborarse lei algunha referente á prerrogativa de graza, o indulto, que segundo o artigo 62.i da Constitución corresponde ao Rei, con arranxo á Lei.
- Non poden reformar nin o Consello Económico e Social, nin os parámetros de redistribución da riqueza, nin a armonización entre rexións, nin a planificación da actividade económica; tampouco poden proporse os Orzamentos Xerais do Estado nin emendas a estes.
- Ademais, segundo o artigo 166 da Constitución, só pode reformarse a Constitución polos apartados 1 e 2 do artigo 87, polo que a ILP queda excluída como vehículo para a reforma constitucional.
Ao longo do período democrático español iniciado en 1978, tan só nove ILP pasaron o filtro da Mesa do Congreso, mentres que unicamente unha Iniciativa Lexislativa Popular foi aprobada polo Pleno, relativa á modificación da Lei de Propiedade Horizontal.
Tamén cabe a posibilidade de presentar iniciativas lexislativas nos diferentes parlamentos autonómicos. Neste caso, os diversos Estatutos de autonomía recollerán as condicións esixidas para iso. Os posibles plebiscitos para a súa aprobación haberán de ser autorizados polo Goberno Central.
Algúns casos
[editar | editar a fonte]En xuño do 2006 impulsada por Convivencia Cívica de Cataluña e Universitarios Liberal Demócratas perante o Parlamento de Cataluña, en defensa do bilingüismo na educación: educación en catalán e en castelán e non monolingüe exclusivamente en catalán. O lema central da campaña era: En castelán tamén?.
Para que esta iniciativa fose debatida no Pleno do Parlamento Autonómico era necesario que 50.000 cidadáns empadroados na Comunidade Autónoma de Cataluña desen o seu apoio explícito á proposta de lei mediante a súa firma. Despois de varios meses de recollida polas rúas de Cataluña e máis dun milleiro de mesas petitorias instaladas, finalmente foron entregadas as firmas de 57.000 cataláns. Tralo debate no Parlamento de Cataluña, do que marcharon a maioría de deputados dos partidos que conforman o Goberno Autonómico para non escoitaren aos promotores da Iniciativa, a proposición de lei foi rexeitada no seu trámite inicial.
Galicia
[editar | editar a fonte]A iniciativa popular lexislativa acabaría converténdose na coñecida como Lei Valentín Paz-Andrade,[1] unha vez foi aprobada por unanimidade no Parlamento galego en 2014. Logo de xuntar máis de 17.000 sinaturas no 2012; 15.000 son precisas segundo o Estatuto de Galicia de 1981 para presentar a iniciativa lexislativa popular; esta foi defendida no plenario do Parlamento de Galicia por Xosé Carlos Morell[2]. Logo das conversas cos grupos políticos da cámara lexislativa galega estes apoiaron por unanimidade a Lei 1/2014, de 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, coñecida popularmente polo nome do persoeiro Valentín Paz-Andrade, economista, xurista e escritor galego e que foi no seu tempo un defensor da unión entre as normas escritas galega e portuguesa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O Parlamento de Galicia aproba a Lei Valentín Paz-Andrade | Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CCG) | Consello da Cultura Galega". consellodacultura.gal. Consultado o 2021-04-12.
- ↑ "Xosé Carlos Morell González, promotor da iniciativa "Valentín Paz Andrade", para incluír no ensino galego o portugués | CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2021-04-12.