iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Indoeuropeos
Pobos indoeuropeos - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Pobos indoeuropeos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Indoeuropeos»)

Os pobos indoeuropeos son aqueles que desde o norte do Cáucaso e os arredores do mar Negro e do mar Caspio (rexións de Asia Central), fixeron varias invasións, sobre todo á India e a Europa, onde se estableceron. O punto en común máis importante destes pobos era a lingua, e de feito esta foi a herdanza máis importante que deixaron nos lugares nos que se estableceron, saíndo deles as linguas indoeuropeas.

Invasións

[editar | editar a fonte]

Hai uns 5.000 anos expandíronse cara a Europa e o nordeste do Mar Caspio. Hai uns 4.000 anos continuaron as invasións cara ao oeste, fundando diversas civilizacións coma a micénica.

Nesta época tamén se fai a invasión do val do río Indo, que destrúe a florecente Cultura do val do Indo hai uns 3.600 anos. Os indoeuropeos que invaden o val do Indo, os pobos arios, fanse facilmente coa vasta rexión grazas ó emprego das armas de bronce e do carro.

Os arios invadiron tamén probablemente durante esta e posteriores épocas a meseta de Irán, de feito o topónimo Irán fai referencia ós arios, significando país dos arios.

Hai uns 3.000 anos xurdiron novos pobos indoeuropeos, coma os xonios, que invaden Grecia e impóñense sobre outros xa indoeuropeos, no caso destes, ós aqueos.

Durante esta época outros pobos indoeuropeos invaden o leste do Indo, o que hoxe vería sendo case a totalidade do actual Estado Indio, establecéndose nesta rexión.

Tamén nesta época os celtas, chegados desde Rusia, que se establecen en Europa Central, invaden e ocupan gran parte do resto de Europa, chegando incluso a Asia Menor, cara ao século III antes de Cristo, cando os gálatas se establecen no que a partir de entón se coñecería como Galacia.

Características

[editar | editar a fonte]

Os textos védicos falaban dos indoeuropeos como xentes de pel, ollos e cabelos claros. Como o pobo indoeuropeo que invadira o val do Indo fora o dos arios, durante o século XIX, época na que Europa estaba no maior apoxeo do seu imperialismo, o termo indoeuropeo era coñecido por ario, para louvar a raza europea. Este termo foi utilizado tamén noutros momentos, coma por exemplo durante a Alemaña de Hitler.

Pobos de Europa non indoeuropeos

[editar | editar a fonte]

Tendo en conta as linguas que falan, só hai tres pobos en Europa que resistiron as invasións dos pobos indoeuropeos: os fineses, os húngaros e os vascos ó falar linguas non indoeuropeas. Porén, os húngaros proceden dos pobos maxiares que se estableceron neste país moito despois das invasións indoeuropeas.