iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Humor
Humor - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Humor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os humanos acostuman ver algúns comportamentos animais como divertidos ou humorísticos.

O humor é unha forma de entretemento e de comunicación humana, que ten a intención de facer que a xente sexa feliz e ría.

Características

[editar | editar a fonte]

O riso é unha das poucas cousas que individualizan o ser humano respecto a outros animais, aínda que estes mostran unha conduta parecida cando se enfrontan a situacións para eles absurdas ou incomprensíbeis: ensinar os dentes en sinal de ameaza. De aí que ensinar os dentes ou rir entre os humanos estea frecuentemente ligado a acontecementos que suscitan profunda inquietude no fondo do espírito: a morte (humor negro), o sexo etc..., e incluso se fala ás veces da chamada risa nerviosa, como un acto fallado do subconsciente. A orixe do termo humor vén da teoría dos catro humores do corpo da medicina grega, que regulaban o estado de ánimo: a bile, a flegma, o sangue e a bile negra (ou atra bile). O carácter humorístico corresponde ao humor sanguíneo.

Existen diferentes tipos de humor adaptados a diferentes sensibilidades e grupos humanos. Por exemplo os meniños acostuman rirse máis das caídas ou dos choques, mais non comprenden tan ben a sutileza da sátira o da ironía.

Tamén hai diferenzas culturais do sentido do humor, que pode facer que o que é divertido nun sitio non faga graza noutro. Isto débese a que no humor conta moito o contexto.

Existen algunhas técnicas específicas de humor verbal, tales como a ironía, o sarcasmo, o xogo de palabras, a sátira, a parodia ou o paradoxo. E outras non verbais, referentes a acenos, posturas, caídas etc.

Téñense feito estudos máis ou menos serios respecto ao humor por parte de Aristóteles, Sigmund Freud, Arthur Schopenhauer ou Henri Bergson.

Á parte da vida corrente, como procedemento para evitar e curar as circunstancias traumatizantes da vida, o humor acostuma darse nos espectáculos e na literatura (literatura de humor) con certa frecuencia e forma unha parte moi importante de correntes literarias como o teatro do absurdo. Xéneros literarios cómicos son a comedia, o entremés, o chiste e o epigrama. O xénero cómico teatral da comedia provoca a catarse ou purificación do espectador inversamente ao xénero tráxico que o fai pola compaixón e as lágrimas: a comedia lógrao mediante a risa e o distanciamento. Platón afirmaba que a traxedia era o xénero literario máis parecido á verdade, namentres que o xénero cómico era o menos parecido, e esa foi a postura que sostivo Sócrates ao final do diálogo coñecido como o Banquete.

Humoristas famosos

[editar | editar a fonte]