Hugo Lieben
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de abril de 1881 Praga, República Checa |
Morte | 10 de novembro de 1942 (61 anos) Praga, República Checa |
Lugar de sepultura | Novo cemiterio xudeu de Praga |
Educación | Faculty of Arts, Charles University in Prague (en) (1902–valor descoñecido) Facultade de Filosofía da Universidade Alemá de Praga |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia dos xudeus, acción política, social engagement (en) e educação religiosa (pt) |
Ocupación | autor, historiador, profesor de ensino secundario |
Familia | |
Parentes | Věra Roubalová, son's daughter |
Salomon Hugo Lieben ou Hugo Lieben, nado en Praga o 28 de abril de 1881 de finado na mesma cidade o 10 de decembro de 1942,[1] foi un estudoso xudeu, coñecido por ser o fundador do Museo Xudeu de Praga, cidade na que estivo moi involucrado coa súa comunidade xudía e a súa ḥevrah kadisha (sociedade funeraria).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hugo Lieben naceu en Praga e estudou primeiramente en Alemaña, e posteriormente na Universidade Alemá de Praga. Lieben, ao igual que o resto de estudosos xudeus da súa xeración procurou na tradición da Wissenschaft des Judentums para manter a súa identidade e reconstruír a historia xudía.
Lieben mostrou un grande interese no material e documentación relativa á vida dos xudeus en Bohemia e Moravia, ou como el mesmo expresaría en 1933, testemuñas en perigo de extinción do pasado. Lieben iniciou un proxecto para gardar os obxectos vaiosos das sinagogas demolidas durante a reconstrución da Cidade Xudía da capital checa, e que serviu de base para a fundación do Museo Xudeu de Praga en 1906, do cal supervisou as súas actividades nos primeiros anos, clasificou as adquisicións e realizou as primeiras exposicións. Lieben traballou no museo ata a súa morte en 1942.
Obra
[editar | editar a fonte]Lieben escribiu numerosos estudos e compilacións de documentos de principios da historia moderna xudía (séculos XVII e XIX) en terras checas, e particularmente na cidade de Praga. Entre os seus estudos salientan os relativos á expulsión dos xudeus de Praga por parte de María Tareixa entre 1744 e 1745, artigos sobre David Oppenheim e sobre o rabino praguense El‘azar Fleckeles. Tamén realizou análises críticos sobre a Cronica Ramshak, un suposto documento antigo sobre a historia dos xudeus en Bohemia. Publicou así mesmo artigos en publicacións especializadas como Ročenka Společnosti pro dějiny židů v Československé republice (Jahrbuch der Gesellschaft für Geschichte der Juden in der Tschechoslowakischen Republik), Jahrbuch der Jüdisch-Literarischen Gesellschaft, e Monatsschrift für Geschichte und Wissenschaft des Judentums, así como artigos para enciclopedias hebraicas contemporáneas como Jüdisches Lexikon e Encyclopaedia Judaica.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Vladimír Sadek (1996): Salomon Hugo Lieben: Founder of the Prague Jewish Museum, Judaica bohemiae 22.1 (1986): 3–8.