Harold Walter Kroto
Harold Walter Kroto ou Harold Krotoschiner, nado o 7 de outubro de 1939 en Wisbech (Inglaterra) e finado o 30 de abril de 2016,[1] foi un químico e profesor universitario inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1996.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia de inmigrantes xudeus polacos e alemáns que fuxiron da Alemaña nazi na década de 1930. Logo de estudar primaria na cidade de Bolton, estudou física, química e matemáticas na Universidade de Sheffield, onde se graduou en 1961 e doutorouse en química en 1964.
Despois realizou estudos postdoutorais no Canadá e nos Laboratorios Bell de Nova Jersey, desde 1967 foi profesor de química na Universidade de Sussex. En 1990 foi nomeado membro da Royal Society de Londres e en 1996 foi nomeado sir por parte da raíña Isabel II do Reino Unido.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Interesado tanto na química orgánica como na inorgánica, desenvolveu no Laboratorio de Química da Universidade de Sussex investigacións sobre unha nova forma de cristalización xeométrica do carbono, grazas á síntese química dos fulerenos descubertos en 1988 polos químicos estadounidenses Robert Curl e Richard Smalley. Estas estruturas, compostas por dous átomos de carbono, poden ser aproveitadas, grazas ás súas excepcionais propiedades de estabilidade, na fabricación de materiais resistentes a altas temperaturas, e ata como substitutivos do silicio nos chips.
En 1996 foi galardoado, xunto a Curl e Smalley, co Premio Nobel de Química polo descubrimento dos fulerenos.
En 2004 foille entregada a Medalla Copley pola Royal Society.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Davis, Nicola (2 de maio de 2016). "Sir Harry Kroto, Nobel prize-winning chemist, dies at 76". The Guardian (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1996 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1996 (en inglés)
- Harold Walter Kroto en Biografías y vidas(en castelán)
- Perfil de Harold Walter Kroto en NNDB (en inglés)
Predecesor: Paul J. Crutzen, Mario J. Molina e Frank Sherwood Rowland |
Premio Nobel de Química 1996 con Robert Curl e Richard Errett Smalley |
Sucesor: Paul D. Boyer, John E. Walker e Jens Christian Skou |