iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Guillermo_Donoso
Guillermo Donoso - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Guillermo Donoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGuillermo Donoso
Nome orixinalGuillermo Donoso Alonso
Biografía
Nacemento8 de xullo de 1995 (29 anos)
Xixón, España Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeEspaña
Altura1,73 m
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2013 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Sporting de Gijón

Guillermo Donoso Alonso, máis coñecido como Guille Donoso, nado o 8 de xullo de 1995 en Xixón, é un futbolista profesional español da canteira do Sporting de Gijón, que xoga como extremo na SD Ponferradina da Liga 1|2|3.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Xixón, Asturias, Donoso formouse nas categorías inferiores do Sporting de Gijón. O 3 de febreiro de 2013 debuta co filial na Segunda División B, entrando no campo como substituto durante a primeira metade na derrota por 0–4 ante a UD Salamanca no Hemántico.[1] Tras acabar a temporada, asina un contrato de tres anos cos xixoneses,[2] anotando pouco despois, o 1 de setembro, o seu primeiro gol como sénior na vitoria por 4–1 home ante o CD Tropezón.[3] Pouco máis dunha semana despois foi convocado co primeiro equipo para xogar na Copa do Rei ante Recreativo de Huelva,[4] aínda que non chega debutar.

Tras tres temporadas no filial, onde non chega a participar co primeiro equipo, o 1 de xullo de 2016 asina co Córdoba da Segunda División.[5] O seu debut como profesional chegaría o 20 de agosto, saíndo no segundo período para substituír a Alejandro Alfaro na vitoria por 1–0 ante Tenerife no Nuevo Arcángel.[6] O seu primeiro gol non tardaría en chegar, anotando o 17 de setembro na vitoria na casa por 1-0 ante o Levante.[7] Tras xogar 22 encontros cos andaluces, Donoso decide mudar de equipo o finalizar a temporada, asinando o 30 de xuño de 2017 un contrato por dúas temporadas co Lugo.

Club Categoría Temporada Partidos Goles
Sporting B Segunda B 2012−2013 13 0
Sporting B Segunda B 2013−2014 33 3
Sporting B Segunda B 2014−2015 38 3
Sporting B Segunda B 2015−2016 31 1
Córdoba Segunda 2016−2017 22 1
Lugo Segunda 2017−2018 6 0
Ponferradina Segunda B 2018 15 3
  1. "Un desconocido Sporting B sucumbe ante la UD Salamanca" [Un descoñecido Sporting B sucumbe ante a UD Salamanca] (en castelán). Golaverage. 03-02-2013. Arquivado dende o orixinal o 26-07-2018. Consultado o 01-07-2017. 
  2. "Oportunidades para Mareo" (en castelán). La Nueva España. 14-08-2013. 
  3. "Sporting B 4–Tropezón 1" (en castelán). Contrameta. 01-09-2013. Arquivado dende o orixinal o 02-02-2017. Consultado o 01-07-2017. 
  4. "La Copa, en un momento dulce" [The Cup, in a sweet moment] (en castelán). La Nueva España. 10 September 2013. 
  5. "Seis razones para seguir con nosotros" [Seis razón para seguir con nós] (en castelán). Córdoba CF. 1 July 2016. 
  6. "Alfaro se reencuentra con el gol para dar el primer triunfo al Córdoba" [Alfaro reencóntrase co gol para dar o primeiro triunfo ao Córdoba] (en castelán). Marca. 20-08-2016. 
  7. "Victoria en casa ante el líder" [Vitoria na casa ante o líder] (en castelán). Marca. 17-09-2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]