Guido Veroi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de novembro de 1926 Roma, Italia |
Morte | 16 de xaneiro de 2013 (86 anos) Roma, Italia |
Actividade | |
Ocupación | escultor, medallista |
Guido Veroi, nado en Roma o 16 de novembro de 1926 e finado na mesma cidade o 16 de xaneiro de 2013, foi un escultor, gravador, medallista e deseñador de moedas italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Guido Veroi estudou medallística da man do mestre Pietro Giampaoli na Escola de Arte da Medalla Giuseppe Romagnoli, da Casa da Moeda do Estado.[1]
Aínda que as súas obras máis frecuentes e recoñecidas son moedas e medallas,[2][3] é tamén autor de traballos tan diversos como vidreiras, mosaicos, cerámica e pezas de bronce.[1] En Martina Franca, Tarento, traballou no mosaico e na vidreira da igrexa parroquial da Sagrada Familia.[4]
A súa obra máis recoñecida é a moeda de 500 liras de prata de 1958, creada en conxunto con Pietro Giampaoli. En tanto que este último creou o seu anverso, Veroi é o autor do reverso, caracterizado pola representación das carabelas de Colón.[1]
Nunha nova colaboración co Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato, Veroi creou outra das súas moedas máis significativas, a de 500 liras de 1961 conmemorativa do centenario da unificación italiana, da que se ocupou tanto do anverso como do reverso.[1]
Outros dos seus traballos salientables máis recentes son a moeda de 20 liras de 1981 conmemorativa do Día Internacional da Alimentación da FAO,[7] así como o anverso da serie de moedas en euros do Vaticano de 2002 coa efixie de Xoán Paulo II, creado xunto con Uliana Pernazza.[8] Geroi foi tamén autor de diversas moedas, tanto circulantes como conmemorativas, para a Cidade do Vaticano e para a República de San Marino.[9][10]
Guido Veroi finou en Roma aos 86 anos o 16 de xaneiro de 2013, na súa casa de Roma.[11][12][13]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Guido Veroi". http://mebnet.altervista.org
- ↑ Gimeno Marco, F. (1979). "Ejemplos de medallas de Guido Veroi, singular medallista". En Goya. Revista de Arte. Nº 151. Páxinas 9-11. ISSN 0017-2715
- ↑ Catálogo de moedas e medallas deseñadas por Veroi. Numismatica-italiana.lamoneta.it
- ↑ "Santa Famiglia. 40 anni di storia: la chiesa, il mosaico, la radio". En Lo Stradone. 19 de novembro de 2012.
- ↑ "500 Lire (silver)". Numista.com
- ↑ "500 Lire Unification Centennial". Numista.com
- ↑ "200 Lire FAO - World Food Day". Numista.com
- ↑ "2 Euro - Ioannes Paulus II". Numista.com
- ↑ Wartemberg, U. (2014).
- ↑ Moedas deseñadas por Guido Veroi. Numista.com
- ↑ "Morto lo scultore Guido Veroi". Artslife.com. 22 de xaneiro de 2013
- ↑ "E’ morto lo scultore Guido Veroi". ViP.it
- ↑ "E' morto a Roma Guido Veroi. Realizzò la Medaglia di San Giuliano". En ChronacheMaceratesi.it. 24 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Recipients of the Saltus Medal Award". American Numismatic Society.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guido Veroi |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Wartemberg, U. (2014). "Obituary Guido Veroi, 1926-2014 [sic]". En ANS Magazine. American Numismatic Society.