iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Grimoaldo_IV_de_Benevento
Grimoaldo IV de Benevento - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Grimoaldo IV de Benevento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGrimoaldo IV de Benevento

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VIII Editar o valor en Wikidata
Morte817 Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPrince of Benevento (en) Traducir (806–817) Editar o valor en Wikidata

Grimoaldo IV (asasinado en 817), chamado Falco, foi un Príncipe longobardo de Benevento desde 806 ata a súa morte.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi thesaurarius ou stolesayz/stoleseyz antes de se converter en príncipe á morte de Grimoaldo III, por riba do propio fillo de grimoaldo, Ilderico, outro stoleseyz.[1]

En 812, viuse na obriga de pagar 25.000 solidi de tributo a Carlomagno. En 814, prometeu un tributo anual de 7.000 solidi a Lois o Piadoso. Estas promesas, con todo, nunca se cumpriron e o seu sucesor, Sico, deu as mesmas baldeiras garantías. Os de Benevento eran, na práctica, independentes e ata finais do século IX non habían recoñecer o poder franco. Grimoaldo foi asasinado en 817 por un complot de nobres cobizosos do seu trono.[2]

  • Wickham, Chris. Early Medieval Italy: Central Power and Local Society 400-1000. MacMillan Press: 1981.
  1. Wickham, 160.
  2. Ibid, 154. En 818 segundo os Annales Beneventani.
Principado de Benevento

Segue a:
Grimoaldo III de Benevento
Grimoaldo IV de Benevento
Precede a:
Sico I de Benevento