Greg Monroe
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 4 de xuño de 1990 (34 anos) Nova Orleáns, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Helen Cox High School (en) Universidade de Georgetown | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 211 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 120 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2010 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | National Basketball Association, Baloncesto masculino da División I da NCAA e NBA G League | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote e Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 15 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Detroit Pistons, 7º (24 de xuño de 2010) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Gregory Keith Monroe, Jr., nado o 4 de xuño de 1990 en Harvey, Luisiana, é un ex-xogador estadounidense de baloncesto profesional.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Monroe foi elixido na 7ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Detroit Pistons. O 7 de xullo de 2010, Monroe asinou polos Pistons.[1] Fixo o seu debut na NBA o 30 de outubro de 2010 contra os Chicago Bulls. Xogou o seu primeiro partido coma titular o 10 de decembro de 2010 contra os Minnesota Timberwolves. Nese partido, Monroe anotou 8 puntos, capturou 15 rebotes e fixo un tapón en 35 minutos de xogo.
Monroe rematou na sexto posición no galardón ao Rookie do Ano da NBA, moi preto de Gary Neal dos San Antonio Spurs, quinto clasificado.[2]
O 9 de xullo de 2015, Monroe asinou un contrato de tres anos e 50 millóns de dólares cos Milwaukee Bucks.[3]
O 7 de novembro de 2017, Monroe foi traspasado xunto a dúas futuras eleccións do Draft ós Phoenix Suns a cambio de Eric Bledsoe.[4] O 1 de febreiro de 2018, foi cortado polos Suns.[5]
O 8 de febreiro de 2018, Monroe asinou cos Boston Celtics.[6]
O 10 de agosto de 2018, Monroe asinou cos Toronto Raptors.[7] O 7 de febreiro de 2019, Monroe foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2021 ós Brooklyn Nets, pero foi cortado inmediatamente polos Nets.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pistons sign Monroe
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2014. Consultado o 28 de xuño de 2011.
- ↑ "Bucks sign Greg Monroe". NBA.com. 9 de xullo de 2015. Consultado o 11 de xullo de 2015.
- ↑ "Suns Acquire Greg Monroe and Two Draft Picks from Milwaukee". NBA.com. 7 de novembro de 2017. Consultado o 7 de novembro de 2017.
- ↑ "Phoenix Suns Waive Greg Monroe". NBA.com. 1 de febreiro de 2018. Consultado o 1 de febreiro de 2018.
- ↑ "Boston Celtics sign center Greg Monroe". NBA.com. 8 de febreiro de 2018. Consultado o 7 de abril de 2018.
- ↑ "Raptors Sign Greg Monroe". NBA.com. August 10, 2018. Consultado o August 14, 2018.
- ↑ "Brooklyn Nets complete trade with Toronto Raptors". NBA.com. 7 de febreiro de 2018. Consultado o 8 de febreiro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en BasketballReference.com Arquivado 22 de setembro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1990
- Nados en Nova Orleáns, Luisiana
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Ala-pivotes de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Detroit Pistons
- Xogadores dos Detroit Pistons
- Xogadores dos Milwaukee Bucks
- Xogadores dos Phoenix Suns
- Xogadores dos Boston Celtics
- Xogadores dos Toronto Raptors
- Xogadores dos Philadelphia 76ers
- Xogadores do FC Bayern München (baloncesto)
- Xogadores do BC Khimki
- Xogadores dos Minnesota Timberwolves
- Xogadores dos Washington Wizards
- Xogadores dos Utah Jazz
- Xogadores dos Shanxi Loongs
- Xogadores dos Osos de Manatí
- Xogadores dos Sichuan Blue Whales