Goblin Cock
Goblin Cock | |
---|---|
Orixe | San Diego, California, |
Período | 2005 - presente |
Xénero(s) | doom metal, drone metal, stoner metal, thrash metal |
Selo(s) discográfico(s) | Robcore Records, Absolutely Kosher, Joyful Noise Recordings |
Membros | Rob Crow Nick Reinhart Tony Gidlund Tyler Lindgren |
Antigos membros | Brent Asbury Kenseth Thibideau Kasey Boekholdt Brandon Relf Nate Davis |
Na rede | |
Goblin Cock é unha banda estadounidense de heavy metal procedente de San Diego, California, fundada por Rob Crow do grupo Pinback. Musicalmente o grupo toca unha forma de doom metal/drone metal con temas líricos moi pouco comúns, como cancións de cultura pop sobre filmes como Godzilla's Revenge ou Billy Jack, e Mr. Snuffleupagus da serie de televisión Sesame Street. Todos os membros da banda teñen nomes artísticos. No presente a banda ten un contrato co selo Joyful Noise Recordings, e anteriormente editou dous traballos coa discográfica Absolutely Kosher. O grupo saíu de xira por vez primeira en 2006 e tocou na 20º edición do festival South by Southwest Music Festival en Austin, Texas.[1] Tamén tocou o 15 de setembro de 2005 no festival anual do College Music Journal.[2]
O seu primeiro álbum, Bagged and Boarded, foi nomeado ao premio PLUG ao álbum de metal do ano en 2006. O seu vídeo musical da canción "Stumped", dirixido por Matt Hoyt, tamén foi nomeado ao premio PLUG ao vídeo musical do ano.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Bagged and Boarded | 2005 | Absolutely Kosher Records |
Come with Me If You Want to Live! | 2008 | Robcore Records |
Necronomidonkeykongimicon | 2016 | Joyful Noise Recordings |
Roses on the Piano | 2018 | Joyful Noise Recordings |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "South By Southwest 2006: A View From The Ground". The A.V. Club (en inglés). 2006-03-21. Consultado o 2022-06-23.
- ↑ "CMJ Artist Showcases: Day 2, 15 September 2005, PopMatters". PopMatters (en inglés). 2005-09-16. Consultado o 2022-06-23.