iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Glosopeda
Glosopeda - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Glosopeda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esta enfermidade tamén se coñece como febre aftosa pero é diferente da Febre aftosa humana que afecta sobre todo ós meniños.
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Lesións da glosopeda na boca dunha vaca
Lesións nas patas dun porco

A glosopeda ou febre aftosa é unha enfermidade vírica altamente contaxiosa, que afecta o gando doméstico, especialmente bóvidos, óvidos e porcos, e algúns animais salvaxes como elefantes e mesmo os ratos. Outras especies, como o cabalo, can, gato ou as aves non sofren síntomas pero poden actuar como reservorios e vectores.[Cómpre referencia]

Tamén o home pode resultar contaxiado polo virus, por contacto con animais enfermos ou consumo de carne ou leite procedente de animais enfermos, pero non é habitual e, cando contrae a enfermidade, cursa cun cadro clínico leve.[Cómpre referencia]

O virus da febre aftosa foi descuberto en 1897. A última grande epidemia de glosopeda ocorreu no Reino Unido no ano 2001, as autoridades víronse obrigadas a sacrificar entre 6,5 e 10 millóns de cabezas de gando vacún, ovino, caprino e porcino.[1]

Patoxenia

[editar | editar a fonte]

No gando susceptible trátase dunha enfermidade aguda, febril, que se manifesta pola aparición de vesículas ou aftas nas mucosas da boca, suco interdixital do pezuño e zonas cutáneas non recubertas de pelo. Nos animais adultos non reviste gravidade pero nos becerros pode resultar mortal, ó complicarse cunha miocardite secundaria.[Cómpre referencia]

Recibe tamén as denominacións populares de gripo ou mal da boca e dos pezuños.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]