iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Gastos_xerais
Gastos xerais - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Gastos xerais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nun negocio ou proxecto de calquera tipo denomínanse gastos ou custos xerais, en inglés overhead (abreviado de overhead cost ou overhead expense), ao gasto polo mero feito de ter unha actividade en funcionamento.

Exemplos diso son os custos de gas, electricidade, limpeza, alugamento ou o salario dos traballadores. O termo adóitase utilizar para englobar os gastos necesarios para non cesar a actividade, pero que non están directamente relacionados cos produtos ou servizos que se ofrecen, é dicir, non aumentan os beneficios económicos da empresa.[1]

Os gastos xerais son custos sobre o estado de resultados, con excepción do traballo directo, materiais directos e gastos directos. Os gastos xerais inclúen gastos de contabilidade, depreciación, seguros, intereses, tarifas legais, reparacións, alugamento, materiais adquiridos, impostos, facturas de teléfono, gastos utilitarios e viaxes.[2]

  1. PMO and Project Management Dictionary
  2. "Putting Cost Back into Pricing: Calculating Overhead Percentages". Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2021. Consultado o 29 de decembro de 2016.