iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Gambia
Gambia - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Gambia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaGambia
Republic of The Gambia (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoFor The Gambia Our Homeland (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Lema«Progress, Peace, Prosperity»
«Прогрес, мир, просперитет»
«Cynnydd, Heddwch, Ffyniant» Editar o valor en Wikidata
EpónimoRío Gambia Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 13°30′N 15°30′O / 13.5, -15.5
CapitalBanjul Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.639.916 (2021) Editar o valor en Wikidata (233,62 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie11.300 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Atlántico (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1965 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataAdama Barrow (2017–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoNational Assembly of The Gambia (en) Traducir , (Escano: 58) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal2.038.414.974 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaDalasi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.gm Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+220 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia116 (pt) Traducir, 118 e 112 Editar o valor en Wikidata
Código de paísGM Editar o valor en Wikidata

Gambia,[1][a] oficialmente República de Gambia é unha nación en África occidental. É o país máis pequeno de África continental[2] atópase rodeada na súa totalidade polo Senegal, agás onde o río Gambia desemboca no océano Atlántico. Gambia está situada a ambos os dous lados do curso inferior do río Gambia, o homónimo da nación, que atravesa o centro de Gambia e desemboca no océano Atlántico, polo que a forma longa do país. Ten unha superficie de 10689 km² cunha poboación de 1.857.181 segundo o censo de abril de 2013. Banxul é a capital de Gambia e a zona metropolitana máis grande do país.[3] As cidades máis grandes son Serekunda e Brikama.[4]

Os portugueses entraron en 1455 na rexión de Gambia, os primeiros europeos en facelo, pero nunca estableceron alí un comercio importante.[5] En 1765, Gambia pasou a formar parte do Imperio Británico polo establecemento da Gambia.[6] En 1965, Gambia logrou a súa independencia baixo o liderado de Dawda Jawara, quen gobernou ata que Yahya Jammeh asumiu o poder nun golpe de estado en 1994. Adama Barrow converteuse no terceiro presidente de Gambia en xaneiro de 2017, tras derrotar a Jammeh nas eleccións de decembro de 2016.[7] Jammeh aceptou inicialmente os resultados, antes de negarse a deixar o cargo, desencadeando unha crise constitucional e a [intervención militar da CEDEAO en Gambia|intervención militar]] por parte da Comunidade Económica dos Estados de África Occidental que resultou na súa destitución dous días despois de que o seu mandato estaba inicialmente programado para rematar.[8][9][10]

A economía de Gambia está dominada pola agricultura, a pesca e, especialmente, o turismo. En 2015, o 48,6% da poboación vivía na pobreza.[11] Nas zonas rurais, a pobreza estaba aínda máis estendida, case o 70 %.[11]

Gambia formou parte do Imperio de Ghana así como do Imperio de Songhai. Os primeiros testemuños escritos que se teñen da rexión proveñen duns textos de comerciantes árabes do século IX e X, cando os comerciantes árabes crearon a ruta transsahariana comerciando con escravos, ouro e marfil. No século XV os portugueses herdaron este comercio establecendo rutas marítimas para comercial co Imperio de Malí, ao cal pertencía a zona na época.

Mapa do Forte de Gambia na Illa James

En 1588, o pretendente ao trono portugués vendeu a exclusividade do comercio no Río Gambia aos ingleses, o que foi confirmado polas Cartas Patente da raíña Isabel I. En 1618, o Rei James I de Inglaterra concedeu a exclusividade do comercio co Río Gambia a Costa de Ouro (actualmente Ghana) a unha compañía británica. Entre 1651 e 1661, Gambia foi indirectamente unha colonia do reino Polaco-lituano. Foron os letóns, dependentes do reino polaco-lituano, os primeiros en establecerse na Illa James, denominada na época Illa Andrew, ata a conquista británica da mesma en 1661.

Durante os séculos XVII e XVIII Francia e Inglaterra loitaron pola supremacía na rexión do Senegal e do río Gambia. O Tratado de Versalles de 1783 outorgou ao Reino Unido a posesión do Río Gambia salvo o enclave de Albreda que se mantivo baixo soberanía francesa, sendo cedido a Inglaterra en 1857. Case 3 millóns de escravos foron enviados desde esta rexión ás colonias en América. En 1807 aboliuse o comercio de escravos no Imperio Británico intentando os británicos terminar co comercio de escravos en Gambia. Para iso, crearon o posto militar de Bathurst (hoxe Banxul) en 1816. Durante os anos seguintes, Banxul estaba sometida á xurisdición do gobernador xeral británico en Serra Leoa. En 1888 Gambia converteuse nunha colonia autónoma e un ano máis tarde pasou a ser unha colonia real

Selo de 1880
O presidente Yahya Jammeh.

O país independizouse do Reino Unido en 1965. En 1970, Dawda Jawara converteuse no primeiro presidente do novo estado e foi reelixido en 1972 e 1977. Logo da independencia, Gambia mellorou o seu desenvolvemento económico grazas á alza nos prezos da súa principal materia de exportación, o cacahuete, e ao desenvolvemento do turismo internacional. En febreiro de 1982, xunto co Senegal, Gambia formou a Confederación de Senegambia. O presidente Jawara foi derrotado en 1994 por Yahya Jammeh, quen estableceu unha ditadura. Jammeh foi reelixido en 2001 e derrogou a lei que prohibía a existencia de partidos opositores.

Goberno e política

[editar | editar a fonte]

A vixente Constitución de Gambia foi aprobada, tras referendo, o 16 de xaneiro de 1997, despois de que un golpe de estado en 1994 disolvese o Parlamento e derrogase a Constitución de 1970.

Gambiá é unha República presidencialista democrática. O Presidente da República é elixido por sufraxio universal para un período de cinco anos. O poder lexislativo reside na Asemblea Nacional composta por corenta e oito membros, dos que 43 son elixidos por sufraxio universal, e cinco elíxeos o Presidente da República.

O poder executivo está dividido entre o Xefe do Estado e o Presidente do Goberno, nomeado pola Asemblea entre unha terna elixida polo Presidente da República.

O poder xudicial articúlase en torno ao Tribunal Supremo que se organiza administrativamente segundo o modelo francés.

Organización político-administrativa

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Subdivisións de Gambia.
Divisións de Gambia
Divisións de Gambia
Divisións de Gambia
Divisións de Gambia

Gambia está dividida primeiramente en 5 divisións e unha cidade (Banxul, a capital)

Gambia tamén se pode dividir en 8 subdivisións chamadas áreas de goberno local (LGA), incluíndo a capital nacional, Banjul, que está clasificada como cidade. As divisións de Gambia foron creadas pola Comisión Electoral Independente de acordo co artigo 192 da Constitución Nacional.[12]

Divisións administrativas
Nome Superficie (km2) Poboación Censo 2003 Poboaciónn Censo 2013
(provisional)
Capital Número
de
Distritos
Banjul (capital) 12.2 35,061 31,301 Banjul 3
Kanifing 75.6 322,735 382,096 Kanifing 1
Brikama
(oficialmente Western)
1,764.3 389,594 699,704 Brikama 9
Mansa Konko
(oficialmente Lower River)
1,628.0 72,167 82,381 Mansakonko 6
Kerewan
(oficialmente North Bank)
2,255.5 172,835 221,054 Kerewan 7
Kuntaur
(oficialmente a metade oeste
de Central River Division)
1,466.5 78,491 99,108 Kuntaur 5
Janjanbureh
(oficialmente a metade leste
de Central River Division)
1,427.8 107,212 126,910 Janjanbureh 5
Basse
(ofcialmente Upper River)
2,069.5 182,586 239,916 Basse Santa Su 7
Total Gambia 10,689 1,360,681 1,882,450 Banjul 43

As áreas do goberno local subdividíronse (2013) en 43 distritos. Deles, Kanifing e Kombo Saint Mary (comparten Brikama como capital coa área de goberno local de Brikama) forman efectivamente parte da área de Gran Banjul.[13]

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Mapa de Gambia

Gambia atópase situada na costa atlántica de África e atópase plenamente rodeada por territorio do Senegal. Gambia caracterízase por ser un país moi chairo onde non se exceden os 300 metros de altitude. O país atópase atravesado de leste para oeste polo río Gambia, o cal dá nome ao país. Este río é o eixo do país e divídeo en dous partes ben diferenciadas; as que están ao norte e as que están ao sur do mesmo.

Gambia ten menos de 50 km. de ancho no seu punto máis ancho, cunha superficie total de 11.295 km². Aproximadamente 1.300 km² (11,5%) da superficie de Gambia está cuberta por auga. É o país máis pequeno do continente africano. En termos comparativos, Gambia ten unha superficie total lixeiramente menor que a da illa de Xamaica.

Senegal rodea Gambia por tres lados, con 80 km. de costa no océano Atlántico marcando o seu extremo occidental.[12]

Os límites actuais foron definidos en 1889 tras un acordo entre o Reino Unido e Francia. Durante as negociacións entre franceses e británicos en París, os franceses deron inicialmente aos británicos ao redor de 320 km. do río Gambia para controlar. Comezando coa colocación dos marcadores de fronteiras en 1891, pasaron case 15 anos despois das reunións de París para determinar as fronteiras finais de Gambia. A serie resultante de liñas rectas e arcos deu aos británicos o control de áreas preto de 16 km. ao norte e ao sur do río Gambia.[14]

Gambia ten un clima tropical. A estación cálida e chuviosa dura normalmente de xuño a novembro, pero desde entón ata maio predominan as temperaturas máis frías, con menos precipitacións.[12] O clima en Gambia parécese moito ao do veciño Senegal, do sur de Malí e da parte norte de Benín.[15]

Datos climáticos para Banjul
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 37,2 38,9 40,6 41,1 41,1 37,8 33,9 33,3 34,4 37,2 35,6 35,6 41,1
Media máxima en °C 31,7 33,5 33,9 33,0 31,9 31,9 30,8 30,2 31,0 31,8 32,7 31,9 32,0
Media mínima en °C 15,7 16,6 17,9 18,8 20,3 22,9 23,6 23,3 22,6 22,2 18,8 16,2 19,9
Temperatura mínima en °C 7,2 10,0 11,7 12,2 13,9 18,3 20,0 20,0 17,2 16,1 12,2 8,9 7,2
Chuvia media mm 0,5 0,0 0,0 0,0 1,3 62,7 232,4 346,8 255,1 75,8 1,6 0,7 976,9
Media de días con chuvia 0 0 0 0 0 5 14 19 16 6 0 0 60
Humidade relativa media (%) 47 47 50 58 67 73 81 85 84 80 69 55 67
Media de horas de sol mensuais 207,7 237,3 266,6 252,0 229,4 201,0 182,9 189,1 183,0 217,0 246,0 210,8 2 622,8
Media de horas de sol diarias 6,7 8,4 8,6 8,4 7,4 6,7 5,9 6,1 6,1 7,0 8,2 6,8 7,2
Fonte #1: World Meteorological Organization[16]
Fonte #2: Deutscher Wetterdienst (extremos, humidade, e sol)[17]

Ecoloxía

[editar | editar a fonte]

WWF divide o territorio de Gambia entre tres ecorrexións:

Tiña unha puntuación media do Índice de integridade da paisaxe forestal en 2018 de 4,56/10, o que o sitúa no posto 120 a nivel mundial de 172 países.[19]

Economía

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Economía de Gambia.

Gambia non posúe xacementos minerais de importancia nin outros recursos naturais. A súa economía baséase nos produtos agrícolas e a gandería para consumo interno do que depende o 75% da poboación.

A industria céntrase na transformación de produtos agrícolas (cacahuete) e de peixe. O turismo foi unha importante fonte de ingresos ata o 2000, onde se produciu unha redución. A súa actividade depende fundamentalmente das axudas ao desenvolvemento do Fondo Monetario Internacional e as de urxencia dos países desenvolvidos. As expectativas futuras do Banco Mundial, tras a condonación parcial da débeda externa en 2005, son positivas.

Demografía

[editar | editar a fonte]

No ano 202, Gambia ten unha poboación de 2.423.403 habitantes. O 99% é negra e o restante 1% é branca (europeos ou descendentes). O idioma oficial é o árabe. A esperanza de vida é de 54 anos. A media de fillos por muller é de 5,20. Só o 40% da poboación está alfabetizada.

Pirámide de poboación
Poboación
en Gambia
Ano Millóns
1950 0´27
2000 1´2
2021 2´6

A taxa de urbanización en 2011 era do 57,3%.[12] As cifras provisionais do censo de 2003 mostran a brecha entre as poboacións urbanas e rurais que se reduce a medida que se declaran máis áreas urbanas. Aínda que a migración urbana, os proxectos de desenvolvemento e a modernización están a poñer en contacto máis gambianos cos hábitos e valores occidentais, as formas de vestimenta e celebración indíxenas e a tradicional énfase na familia extensa seguen sendo partes integrantes da vida cotiá.

O Informe sobre Desenvolvemento Humano do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) para 2010 sitúa a Gambia no posto 151 de 169 países no seu Índice de Desenvolvemento Humano, o que sitúa ao país na categoría de "Desenvolvemento humano baixo". Este índice compara a esperanza de vida, os anos de escolaridade, a renda nacional bruta (INB) per cápita e outros factores.[20]

A taxa total de fecundidade (TFR) estimouse en 3´98 fillos por muller en 2013.[21]

Grupos étnicos

[editar | editar a fonte]
Grupos étnicos en Gambia
Grupos étnicos porcentaxe
Mandinga
  
34.4%
Fula
  
30.1%
Wolof
  
10.8%
Jola
  
8.5%
Sarahule
  
8.2%
Serere
  
3.1%
Aku Marabou
  
0.5%
Mangajo
  
1.9%
Bambara
  
1.3%
Outros
  
1.5%

En Gambia vive unha variedade de grupos étnicos, cada un conservando a súa propia lingua e tradicións. A etnia Mandinga é a máis numerosa, seguida dos Fula, Wolof, Diola/ Karoninka, Serahule / Jahanka, Serer, Manjago, Bambara, Aku Marabou, Bainunka e outros, como Tukulor. O pobo Krio, coñecido localmente como Akus, constitúe unha das minorías étnicas máis pequenas de Gambia. Descenden do pobo crioulo de Serra Leoa e concentráronse tradicionalmente na capital.

Os preto de 3.500 residentes non africanos inclúen europeos e familias de orixe libanesa (0,23% da poboación total). A maioría da minoría europea é Británico, aínda que moitos dos británicos marcharon despois da independencia.

Artigo principal: Linguas de Gambia.

O inglés é a lingua oficial de Gambia e, polo tanto, úsase para fins oficiais e para a educación. Outras linguas inclúen Mandinga, Wolof, Fula, Serer, Soninke, Krio, jola e outras linguas vernáculas indíxenas.[12] Debido á situación xeográfica do país, o coñecemento do francesa (unha lingua oficial en gran parte de África occidental) está relativamente estendido .

Lingua mandinga fálase como primeira lingua polo 38% da poboación, Pulaar nun 21%, Wolof por 18%, Soninke nun 9%, Jola nun 4,5%, Serer nun 2,4%, Manjak e Bainok nun 1,6 % cada un, crioulo portugués nun 1% e inglés nun 0,5%. Outras linguas fálanse por un número menor. Lingua de signos gambiana é usada polos xordos.[22]

Gambia Festas
Data Nome en galego Nome local Notas
18 de febreiro Día da Independencia
Móbil Venres Santo
1 de maio Día do Traballo
15 de agosto Día da Asunción
  1. Mandinka: Kambiya ߞߊߡߓߌߦߊ, wolof: Gámbi, fula: Gammbi, árabe: غامبيا
Referencias
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gambiano.
  2. Hoare, Ben. (2002) The Kingfisher A-Z Encyclopedia, Kingfisher Publications. p. 11. ISBN 0-7534-5569-2.
  3. "Banjul | national capital, The Gambia". Encyclopedia Britannica. Consultado o 7 de abril de 2020. 
  4. "Population of Cities in Gambia (2019)". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2017. Consultado o 07 de outubro de 2022. 
  5. Hughes, Arnold; Perfect, David (2008). Historical Dictionary of The Gambia. United States: Scarecrow Press. pp. xxxii f. ISBN 9780810862609. 
  6. Hughes, Arnold (2008) Historical Dictionary of the Gambia. Scarecrow Press. p. xx. ISBN 0810862603.
  7. Wiseman, John A. (2004) Africa South of the Sahara 2004 (33rd edition): The Gambia: Recent History, Europa Publications Ltd. p. 456.
  8. Maclean, Ruth (21 de xaneiro de 2017). "Yahya Jammeh leaves the Gambia after 22 years of rule". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2017. Consultado o 17 de maio de 2017. 
  9. "Gambia's Yayah Jammeh confirms he will step down". Al Jazeera. 20 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2017. Consultado o 21 de xaneiro de 2017. 
  10. Ramsay, Stuart (22 de xaneiro de 2017). "Former Gambia leader Yahya Jammeh flies into political exile" (en inglés). Sky News. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2017. Consultado o 23 de xaneiro de 2017. 
  11. 11,0 11,1 "The Gambia overview". World Bank. Arquivado dende o orixinal o 5 de xullo de 2018. Consultado o 5 de xullo de 2018. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 "Gambia, The". The World Factbook (2024 ed.). Central Intelligence Agency. Consultado o 30 de maio de 2007.  (Archived 2007 edition)
  13. Law, Gwillim (19 de abril de 2006). "Divisions of Gambia". Administrative Divisions of Countries ("Statoids"). Arquivado dende o orixinal o 4 de agosto de 2011. Consultado o 29 de setembro de 2006. 
  14. Wright, Donald (2004). The World and a Very Small Place in Africa: A History of Globalization in Niumi, The Gambia. Armonk, New York: M.E. Sharpe. pp. 149–150. ISBN 978-0-7656-1007-2. 
  15. Hayward, Derek; J. S. Oguntoyinbo (1987). Climatology of West Africa. Lanham, Maryland: Rowman & Littlefield. p. 189. ISBN 978-0-389-20721-4. 
  16. "World Weather Information Service – Banjul". World Meteorological Organization. Consultado o 10 de xuño de 2016. 
  17. "Klimatafel von Banjul-Yundum (Flugh.) / Gambia" (PDF). Baseline climate means (1961–1990) from stations all over the world (en alemán). Deutscher Wetterdienst. Consultado o 10 de xuño de 2016.  |date=agosto de 2010 }}
  18. Dinerstein, Eric; Olson, David; Joshi, Anup; Vynne, Carly; Burgess, Neil D.; Wikramanayake, Eric; Hahn, Nathan; Palminteri, Suzanne; Hedao, Prashant; Noss, Reed; Hansen, Matt; Locke, Harvey; Ellis, Erle C; Jones, Benjamin; Barber, Charles Victor; Hayes, Randy; Kormos, Cyril; Martin, Vance; Crist, Eileen; Sechrest, Wes; Price, Lori; Baillie, Jonathan E. M.; Weeden, Don; Suckling, Kierán; Davis, Crystal; Sizer, Nigel; Moore, Rebecca; Thau, David; Birch, Tanya; Potapov, Peter; Turubanova, Svetlana; Tyukavina, Alexandra; de Souza, Nadia; Pintea, Lilian; Brito, José C.; Llewellyn, Othman A.; Miller, Anthony G.; Patzelt, Annette; Ghazanfar, Shahina A.; Timberlake, Jonathan; Klöser, Heinz; Shennan-Farpón, Yara; Kindt, Roeland; Lillesø, Jens-Peter Barnekow; van Breugel, Paulo; Graudal, Lars; Voge, Maianna; Al-Shammari, Khalaf F.; Saleem, Muhammad (2017). "An Ecoregion-Based Approach to Protecting Half the Terrestrial Realm". BioScience 67 (6): 534–545. ISSN 0006-3568. PMC 5451287. PMID 28608869. doi:10.1093/biosci/bix014. 
  19. Grantham, H. S.; Duncan, A.; Evans, T. D.; Jones, K. R.; Beyer, H. L.; Schuster, R.; Walston, J.; Ray, J. C.; Robinson, J. G.; Callow, M.; Clements, T.; Costa, H. M.; DeGemmis, A.; Elsen, P. R.; Ervin, J.; Franco, P.; Goldman, E.; Goetz, S.; Hansen, A.; Hofsvang, E.; Jantz, P.; Jupiter, S.; Kang, A.; Langhammer, P.; Laurance, W. F.; Lieberman, S.; Linkie, M.; Malhi, Y.; Maxwell, S.; Mendez, M.; Mittermeier, R.; Murray, N. J.; Possingham, H.; Radachowsky, J.; Saatchi, S.; Samper, C.; Silverman, J.; Shapiro, A.; Strassburg, B.; Stevens, T.; Stokes, E.; Taylor, R.; Tear, T.; Tizard, R.; Venter, O.; Visconti, P.; Wang, S.; Watson, J. E. M. (2020). "Anthropogenic modification of forests means only 40% of remaining forests have high ecosystem integrity – Supplementary Material". Nature Communications 11 (1): 5978. ISSN 2041-1723. PMC 7723057. PMID 33293507. doi:10.1038/s41467-020-19493-3. 
  20. "Human Development Report 2010". Human Development Report. 2010-12-31. ISBN 9789210576987. ISSN 2412-3129. doi:10.18356/e5a0500a-en. 
  21. "TOTAL FERTILITY RATE". CIA World Factbook. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2009. Consultado o 13 de outubro de 2013. 
  22. Gambia. Ethnologue 24, 2021

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]