iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Francisco_Javier_Rodríguez_Vílchez
Francisco Javier Rodríguez Vílchez - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Francisco Javier Rodríguez Vílchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Javier Rodríguez Vílchez

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xuño de 1978 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Almería, España Editar o valor en Wikidata
Altura174 cm Editar o valor en Wikidata
Peso70 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1997–1999   UD Almería
1997–1999 CP Almería 72(15)
1999–2001   Valencia CF Mestalla
2000–2001 cesión   Club Polideportivo Ejido 41(7)
2002–2004   UD Almería 103(36)
2004–2005   Albacete Balompié 28(3)
2005–2007   UD Almería 48(9)
2007–2008 cesión Granada 74 Club de Fútbol 35(3)
2008–2009 Alicante Club de Fútbol 22(2)
2010–2010 Orihuela Club de Fútbol 14(5)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Unión Deportiva Almería B Editar o valor en Wikidata

Francisco Javier Rodríguez Vílchez, nado en Almería o 17 de setembro de 1978, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de dianteiro sendo aínda hoxe o máximo goleador da historia da UD Almería no fútbol profesional. O seu último club como xogador foi o Orihuela Club de Fútbol.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como futbolista

[editar | editar a fonte]

Debuta como profesional en Tercera división na tempada 1995/96 no Plus Ultra CF de Almería, aínda en idade xuvenil. As súas boas actuacións propician a súa fichaxe polo primeiro equipo xuvenil do RCD Espanyol de Barcelona para a tempada 1996/97. Tras esta etapa, xoga dúas tempadas no Club Polideportivo Almería, onde chamou a atención dos técnicos do Valencia CF e foi incorporado ao filial deste en 1999. Posteriormente, disputou a tempada 2000/01 no Polideportivo Ejido, en calidade de cedido.

No mercado de inverno da tempada 2001/02 incorpórase á Unión Deportiva Almería onde logra o ascenso a Segunda División. Permaneceu no equipo ata a tempada 2003/04 cando, ao finalizar o seu contrato marcha libre ao Albacete, que entón militaba en Primeira división. Malia que a súa marcha non supuxo beneficio económico para o club, non foi criticado pola afección da súa terra, ao comprender esta que o xogar en Primeira era unha oportunidade irrechazable por Francisco, que se encontraba nun gran momento de forma. No seu periplo en Primeira división apenas xoga e tan só marca tres goles: un foi o gol do Albacete na súa derrota no Estadio Santiago Bernabéu ante o Real Madrid, e outro no Estadio Vicente Calderón ante o Atlético de Madrid, que destacou pola súa bela factura e foi considerado entre algúns medios especializados (como Estudio Estadio, en Televisión Española) un dos mellores goles da tempada 2004/05.

No mercado de inverno da tempada 2005/06 foi traspasado novamente á UD Almería. Con motivo do ascenso do Almería a Primeira o 19 de maio de 2007, recibiu, xunto ao presidente Alfonso García; o adestrador Unai Emery; e o primeiro capitán, José Ortiz; o Escudo de Ouro da Cidade de Almería concedido polo Concello da devandita cidade. En agosto de 2007, é cedido por período dun ano ao Granada 74. En 2008 volve ao Almería despois da súa cesión, pero rescindiu o seu contrato e fichou polo Alicante CF. En xaneiro de 2010, tras estar seis meses sen equipo e adestrando co filial da Almería, fichou polo Orihuela de Segunda División B para retirarse ao final da devandita campaña.

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

En 2011, Francisco converteuse no adestrador do Almería B. Na tempada 2012/13 estivo preto de clasificar ao filial almeriense para a promoción de ascenso a Segunda división. O 29 de xuño de 2013 foi nomeado técnico do primeiro equipo.[1] Malia ser o adestrador máis novo da tempada 2013-14[2] e non gañar ningún dos 10 primeiros partidos, a directiva confiou nel e finalmente logrou dirixir o seu equipo cara á permanencia.[3] Iso sérvelle para seguir un ano máis no banco almeriense. Ao ano seguinte, pese a estar fóra dos postos de descenso co orzamento máis pequeno da categoría é cesado. Ao seu seguinte club é o UCAM Murcia da Segunda División, equipo que case consegue salvar a pesar de estar en postos de descenso. Na temporada 2016−17 asina co Club Deportivo Lugo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]