iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Foro_de_diálogo_IBSA
Foro de diálogo IBSA - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Foro de diálogo IBSA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Foro de diálogo IBSA
O presidente brasileiro Luiz Inácio Lula da Silva, entre o presidente de Suráfrica, Thabo Mbeki e o primeiro ministro da India, Manmohan Singh, no primeiro cume do foro IBSA, en Brasilia.
Tipogrupo xeopolítico e coligação
PaísBrasil, India e Suráfrica
editar datos en Wikidata ]

O Foro de diálogo IBSA (India, Brasil, Suráfrica) creouse en 2003 como resultado do fracaso das negociacións da Organización Mundial do Comercio en Cancún. O seu obxectivo é o de promover a cooperación en comercio, investimento e diplomacia económica entre tres dos principais polos políticos e económicos dos países en vías de desenvolvemento.

O 13 de setembro de 2006 levouse a cabo en Brasilia o primeiro cume do foro IBSA coa asistencia dos presidentes do Brasil, Luiz Inácio Lula da Silva, o presidente de Suráfrica, Thabo Mbeki e o Primeiro Ministro da India Manmohan Singh. Nesa ocasión os tres líderes emitiron unha declaración conxunta:

Os líderes acordan explorar abordaxes para a cooperación pacifica nos usos de enerxía nuclear baixo as salvagardas apropiadas.

Tamén deciden establecer un grupo de traballo que se enfoque nas modalidades dun acordo de comercio trilateral entre India, MERCOSUR e a Unión Surafricana de Aduanas.

Declaración de Brasilia

[editar | editar a fonte]

A declaración IBSA de Brasilia resalta a necesidade de levar a cabo a rolda de Desenvolvemento da OMC e facer do proceso de globalización un máis humano, inclusivo e equitativo. Ademais resalta a necesidade de mellorar a arquitectura financeira internacional para reducir a volatilidade de capitais para orientalos cara ao desenvolvemento, fomentando un desenvolvemento sostible e unha efectiva implantación da convención de biodiversidade; reducir o abismo dixital; fortalecer as Nacións Unidas e o multilateralismo para loitar contra ameazas como o sida e o terrorismo; reformar a ONU mediante a democratización do Consello de Seguridade; promover a igualdade en inclusión social mediante a implantación efectiva de políticas de loita contra a fame e a pobreza; apoiar as granxas familiares e promover a seguridade alimenticia, a saúde, a asistencia social, o emprego, a educación, os dereitos humanos e a protección do ambiente.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]