iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Financial_Times
Financial Times - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Financial Times

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Financial Times

Portada do 13 de febreiro de 1888
Fundación9 de xaneiro de 1889
PropietarioNikkei Inc.
EditorialNikkei Inc. e Pearson PLC
Linguainglés
Periodicidadediaria
ISSN0307-1766
Na rede
https://www.ft.com e https://www.ftchinese.com/
Rottentomatoes: critics/source/1882
Facebook: financialtimes Twitter: FT Instagram: financialtimes LinkedIn: financial-times Youtube: UCoUxsWakJucWg46KW5RsvPw Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Financial Times (FT) é un xornal diario internacional impreso en gran formato e publicado dixitalmente que se centra en asuntos económicos e de negocios. Con sede en Londres, Inglaterra, pertence ao holding xaponés Nikkei, cun núcleo de oficinas editoriais no Reino Unido, os Estados Unidos e a Europa continental. En xullo de 2015, Pearson vendeu a publicación a Nikkei por 844 millóns de libras esterlinas (1320 millóns de dólares) despois de ser o seu propietario dende 1957. Na primavera de 2019, informou de que tiña un millón de subscritores de pago, tres cuartos deles dixitais.[1][2] O xornal céntrase especialmente no xornalismo económico e na análise económica, recibindo tanto críticas como eloxios. Patrocina un premio anual para libros e publica un número sobre a "Persoa do Ano".

O xornal fundouse en 1888 como London Financial Guide antes de cambiar o nome un ano despois por Financial Times. Ao principio circulou na área metropolitana de Londres por parte de James Sheridan, que xunto co seu irmán e Horatio Bottomley, buscaba informar sobre os negocios da cidade en contra de Financial News. A competición durante medio século dos dous xornais culminou coa fusión en 1945, liderada por Brendan Bracken, que o converteu nun dos maiores xornais de negocios do mundo. A globalización de finais do século XIX a mediados do século XX facilitou a expansión editorial de FT, engadindo columnas de opinión, informes especiais, caricaturas políticas, cartas dos lectores, críticas de libros, artigos sobre tecnoloxía e artigos sobre política global. O xornal é recoñecible polo seu gran formato e a cor salmón. Ten suplementos de estilo de vida (FT Magazine), unha edición de fin de semana (FT Weekend) e un pequeno cartafol de publicacións sobre industria.

A liña editorial do Financial Times céntrase no liberalismo económico, en particular no libre comercio e nos mercados libres. Dende a súa fundación apoiou a democracia liberal, favorecendo as políticas do liberalismo clásico e dos gobernos internacionais. A súa redacción é independente da súa dirección. Dada a súa historia como comentarista económico, o FT publica varios índices financeiros, principalmente o FTSE All-Share Index. A súa típica profundidade na cobertura ligou o xornal dende finais do século XX cun público educado de colo branco.[3][4] O cuartel xeral de Financial Times está en Bracken House en 10 Cannon Street, preto do centro financeiro da cidade, onde mantén a súa editorial, centro corporativo e oficina editorial principal.

  1. "FT tops one million paying readers". aboutus.ft.com (en inglés). Consultado o 19 de abril de 2019. 
  2. Greenslade, Roy (14 de abril de 2019). "Financial Times thrives by focusing on subscriptions". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 19 de abril de 2019. 
  3. Plunkett, John; Martinson, Jane (2015-07-24). "Financial Times sold to Japanese media group Nikkei for £844m". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 29-05-2020. 
  4. Kynaston, David (1988). "A Brief History of the Financial Times" (PDF). Viking Adult. Consultado o 20 de maio de 2020.