Festival de Eurovisión 2003
Festival de Eurovisión 2003 Magical Rendez-vous | |
---|---|
Datas | |
Final | 24 de maio |
Anfitrión | |
Lugar | Skonto Hall, Riga, Letonia |
Presentador(es) | Marie N Renārs Kaupers |
Director | Sven Stojanovic |
Supervisor executivo | Sarah Yuen |
Produtor executivo | Brigita Rozenbrika |
Televisión anfitrioa | Latvijas Televīzija |
Participantes | |
Participantes | 26 |
Países que debutan | Ucraína |
Países que retornan | Islandia Irlanda Noruega Países Baixos Polonia Portugal |
Países que se retiran | Dinamarca Finlandia Lituania Macedonia do Norte Suíza |
Mapa
| |
Votacións | |
Cero puntos | Reino Unido |
Canción gañadora | "Everyway That I Can" |
Festival de Eurovisión | |
◄2002 2004► |
O XLVIII Festival da Canción de Eurovisión tivo lugar o 24 de maio en Letonia, e os presentadores foron Marie N, gañadora do ano anterior, e Renars Kaupers, do grupo Brainstorm, que representou a Letonia no Festival de Eurovisión 2000. Sertab Erener, a intérprete de Turquía foi a gañadora do certame coa canción "Everyway That I Can".
Foi o último festival que se celebrou nunha única noite, a partir de 2004 e ata 2007, celebrábase en dúas noites e dende 2008 celébrase en tres. A lista de participantes de 2003 foi a última afectada polo sistema de relegacións. En concreto seis países relegados na edición de 2002 regresaron ao concurso, e a estes uniuse a Ucraína, que participou por primeira vez.
Bélxica co grupo Urban Trad, que rematou segundo, levou á primeira persoa galega ao Festival de Eurovisión, Verónica Codesal.
Festival
[editar | editar a fonte]# | País | Intérprete(s) | Canción | Lugar | Puntos |
---|---|---|---|---|---|
01 | Islandia | Birgitta Haukdal | Open Your Heart | 9 | 81 |
02 | Austria | Alf Poier | Weil Der Mensch Zählt | 6 | 101 |
03 | Irlanda | Mickey Joe Harte | We've Got The World | 11 | 53 |
04 | Turquía | Sertab Erener | Everyway That I Can | 1 | 167 |
05 | Malta | Lynn Chircop | To Dream Again | 25 | 4 |
06 | Bosnia e Hercegovina | Mija Martina | Ne Brini (Could It Be?) | 16 | 27 |
07 | Portugal | Rita Guerra | Deixa-me Sonhar (só mais uma vez) | 22 | 13 |
08 | Croacia | Claudia Beni | Više nisam tvoja | 15 | 29 |
09 | Chipre | Stelios Constantas | Feeling Alive | 20 | 15 |
10 | Alemaña | Lou | Let's Get Happy | 12 | 53 |
11 | Rusia | t.A.T.u. | Ne Ver', Ne Boysia | 3 | 164 |
12 | España | Beth | Dime | 8 | 81 |
13 | Israel | Lior Narkis | Words For Love (Milim La'ahava) | 19 | 17 |
14 | Países Baixos | Esther Hart | One More Night | 13 | 45 |
15 | Reino Unido | Jemini | Cry Baby | 26 | 0 |
16 | Ucraína | Olexandr Ponomaryov | Hasta La Vista | 14 | 30 |
17 | Grecia | Mando | Never Let You Go | 17 | 25 |
18 | Noruega | Jostein Hasselgård | I'm Not Afraid To Move On | 4 | 123 |
19 | Francia | Louisa Baïleche | Monts Et Merveilles | 18 | 19 |
20 | Polonia | Ich Troje | Keine Grenzen-Żadnych Granic | 7 | 90 |
21 | Letonia | F.L.Y. | Hello From Mars | 24 | 5 |
22 | Bélxica | Urban Trad | Sanomi | 2 | 165 |
23 | Estonia | Ruffus | Eighties Coming Back | 21 | 14 |
24 | Romanía | Nicola | Don't Break My Heart | 10 | 73 |
25 | Suecia | Fame | Give Me Your Love | 5 | 107 |
26 | Eslovenia | Karmen Stavec | Nanana | 23 | 7 |
Fonte:[1]
Linguas
[editar | editar a fonte]Dos 26 temas participantes, 15 foron interpretados integramente en inglés. Dos restantes 9, catro foron cantados na súa lingua oficial. Bosnia e Hercegovina, Croacia, Israel e Portugal mesturaron a súa lingua co inglés. Ucraína o inglés co castelán, e Polonia mesturou o alemán, o polaco e o ruso. Bélxica achegou a primeira canción cantada integramente nunha lingua imaxinaria na historia do festival.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Festival de Eurovisión 2003 (www.eurovision-spain.com)". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 20 de maio de 2015.