Feleteo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século V |
Morte | 487 Rávena, Italia |
Familia | |
Cónxuxe | Giso |
Fillos | Friderichus |
Pai | Flaciteo |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Feleteo (coñecido tamén como Feletheus, Feva, Feba, Foeba, Fevva, Fevvanus, Theuvanus), finado en 487, foi os rei dos ruxios do 475 ao 487.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Feleteo era fillo de Flaciteo, rei dos ruxios e fundador do reino dos ruxios. O seu irmán chamábase Ferderuchus. Feleteo estaba casado coa goda Gisa, que era probabelmente a curmá do rei ostrogodo dos amalos Teodorico o Grande. Despois da morte de seu pai, probabelmente en 475, Feleteo sucedeuno como rei dos ruxios. O seu territorio nesa época estaba baseado na Baixa Austria. En 476, Feleteo axudou a Odoacro e os seus esciros e hérulos no derrocamento do emperador romano Rómulo Augústulo. Feleteo foi un achegado a Severino de Nórico. Despois de que o emperador bizantino Zenón intentou crear un conflito entre os ruxios e Odoacro, Feleteo executou ao seu sobriño Frederic, que apoiaba a Odoacro. Odoacro a continuación invadiu o reino dos ruxios, vencéndoos completamete nunha batalla preto da actual Viena. Feleteo e a súa muller foron capturados e executados en Rávena en 487. Dous anos máis tarde, os ruxios uníronse ao rei ostrogodo Teodorico o Grande, quen invadiu Italia e venceu a Odoacro en 493.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Euxipio: Vita Sancti Severini.
- Paulo Diácono: Historia langobardorum.
- Pauly-Wissowa. Realencyclopädie der Classischen Altertumswissenschaft (RE). Bd. 6,2. Stuttgart 1909, Sp. 2161s.
- Friedrich Lotter: Severinus von Noricum, Legende und historische Wirklichkeit: Untersuchungen zur Phase des Übergangs von spätantiken zu mittelalterlichen Denk- und Lebensformen. Stuttgart 1976.
- Arnold Hugh Martin Jones u.a.:The Prosopography of the Later Roman Empire. Bd. 1, Cambridge 1971, ISBN 0-521-20159-4, ISBN 978-0-521-20159-9
- Walter Pohl: Die Gepiden und die gentes an der mittleren Donau nach dem Zerfall des Attilareiches. In: Herwig Wolfram, Falko Daim (Hrsg.): Die Völker an der mittleren und unteren Donau im fünften und sechsten Jahrhundert. Wien 1980, p. 239ss.