iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Euskal_Herria
País Vasco (rexión histórica) - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

País Vasco (rexión histórica)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Euskal Herria»)
Modelo:Xeografía políticaPaís Vasco
Euskal Herria (eu) Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°52′59″N 1°56′08″O / 42.8831, -1.9356
Poboación
Poboación3.193.513 (2020) Editar o valor en Wikidata (153,02 hab./km²)
Lingua usadalingua éuscara
lingua castelá
lingua francesa
Gascón Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie20.870 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMesa dos Tres Reis (2.446 m) Editar o valor en Wikidata
PIB per cápita39.640 $ (2017) Editar o valor en Wikidata

BNE: XX450547

O País Vasco (en éuscaro: Euskal Herria, en galego literalmente: Pobo Vasco ou País do éuscaro[1]) é unha nación[2] con trazos culturais e históricos comúns ben definidos (entre eles a presenza da lingua éuscara), pero que non representan unha unidade administrativa única.

Comprende os territorios que corresponden aproximadamente á área lingüística vasca en tempos históricos. No presente, estes territorios están divididos entre os estados español e francés, gardando niveis de autonomía moi diferentes. A unión destes territorios é defendida por sectores nacionalistas e independentistas da sociedade, e a maioría deles empregan o termo Euskal Herria en oposición ao termo Euskadi, que, segundo eles, abrangue só os territorios da Comunidade Autónoma Vasca e que é un neoloxismo utilizado no ámbito oficial que ten a súa orixe en Sabino Arana.

Este territorio ocupa unha superficie de 20.664 km² no vértice occidental dos Pireneos, no Mar Cantábrico (Golfo de Biscaia). Ten a súa propia lingua, o éuscaro (minorizada fronte ao francés e o castelán), e unha poboación de preto de tres millóns de habitantes, habitando dous millóns e medio deles no estado español e o resto no francés. Intégrano sete provincias (en éuscaro: herrialdeak): Áraba, Biscaia, Guipúscoa (País Vasco), Navarra, que conforman o Hegoalde; e Baixa Navarra, Lapurdi e Zuberoa, que conforman o Iparralde.

A lingua vasca hogano é falada habitualmente nalgunhas rexións, sobre todo en Guipúscoa, no leste de Biscaia e no terzo norte de Navarra. Noutras, o éuscaro foi substituído polo castelán e/ou polo francés. Hogano, o éuscaro ten categoría de lingua oficial na Comunidade Autónoma Vasca e na zona vascófona navarra, mais non ten recoñecemento oficial na rexión so administración francesa.

A expresión Euskal Herria, está documentado dende o século XVI[3]. Aparece nun texto manuscrito de Joan Pérez Lazarraga datado en 1564-1567 e na tradución da Biblia de Joannes Leizarraga publicada en 1571. Comeza a ser empregado en castelán fundamentalmente a partir de século XIX, non obstante en castelán ten sido máis frecuente historicamente a forma Vasconia[4].

O termo Euskal Herria aparece por primeira vez escrito en dialecto arabés no manuscrito de Lazarraga (1564). Aparece en tres distintas ocasións e en todas elas baixo a forma de Hegoalde, é dicir, sen o H, perdida segundo Mitxelena cara ao século XIII e como euskal (ou neste caso euskel) e non eskual ou uskal (como no caso de Iparralde).

“beti çagie laudatu
çegaiti doçun eusquel erria
aynbat bentajaz dotadu.” (f. 18)
“çegayti eusquel errian dira
ederr guztioc dotadu”. (f. 18v)
“çeñetan ditut eçautu
eusquel erriau oy nola eben
erregue batec pobladu”. (f. 18v)

Deste uso xeral de "Euskal Herria" dá testemuño, entre outros moitos, Joanes Leizarraga, sacerdote protestante labortano falecido cara ao ano 1605, autor da tradución vasca do Novo Testamento, publicada en 1571. Ao tratar das dificultades para atopar unha modalidade comprensible por tódolos lectores, escribe:

“... batbederac daqui heuscal herrian quasi etche batetic bercera-ere minçatzeco manerán cer differentiá eta diuersitatea den”
(“... calquera sabe que diferencia e diversidade hai no xeito de falar en Euskal Herria case dunha casa a outra”).[Cómpre referencia]

Esta pasaxe está no prólogo aos vascos (“Heuscalduney”), a continuación da carta bilingüe (euskara / francés) que o autor dirixe á raíña Xoana de Navarra. O mesmo nome volta a ser utilizado polo mesmo autor no mesmo ano pero esta vez separado por un guión no seu ABC edo christinoen instructionea:

Heuscal-herrian gaztetassunaren iracasteco carguä dutenér eta goitico guciér. Leiçarraga Berascoizcoac Iaincoaren gratia desiratzen”.
“Eta minçatzeco maneraz den beçembatean, Heuscal-herrian religionearen exercitioa den lekuco gendetara consideratione guehiago vkan dut, ecen ez bercetara”.

A polémica do termo "Euskal Herria"

[editar | editar a fonte]

Existe polémica en canto ó termo Euskal Herria, sendo para algúns sinónimo da rexión histórica do País Vasco e para os outros sinónimo de Euskadi, que é a de uso preferente no ámbito oficial. O País Vasco corresponde nesta acepción a unha comunidade autónoma española, situada no extremo nororiental da franxa cantábrica, lindando ao norte co Mar Cantábrico e Francia, ao sur coa Rioxa e Castela e León, ao oeste con Cantabria e ao leste con Navarra. Intégrano as provincias (denominadas territorios históricos no ordenamento autonómico) Áraba, Guipúscoa e Biscaia agrupando 253 municipios: Áraba 51, Guipúscoa 88 e Biscaia 114.

O termo é habitualmente utilizado por grupos políticos de tipo nacionalista e independentista para reivindicacións territorias e/ou soberanistas, aínda que grupos nacionalistas moi importantes e incluso maioritarios prefiren habitualmente utilizar o termo Euskadi.

Algúns autores e correntes críticas co nacionalismo vasco rexeitan o carácter político do concepto por consideralo pseudocientífico[5] pola carga ideolóxica que comporta ou ben, nalgúns casos, limítano unicamente á súa concepción antropolóxica ou cultural, equivalente polo tanto ás formas castelás e máis antigas de «Vasconia» ou «País Vasco»[6].

Orixe da polémica

[editar | editar a fonte]

O concepto de Euskal Herria tivo, na súa orixe, pois, unha dimensión exclusivamente cultural xa que se trata do modo no que os vascoparlantes a partir do século XVI teñen denominado historicamente aos territorios nos que se falaba a súa lingua (ou aos territorios sobre os que, aínda sen se falar o éuscaro, pertencían a territorios cunha grande impronta vascoparlante, caso da Ribera de Navarra.

Coa eclosión de nacionalismo vasco a partir de finais do século XIX e a concienciación do retroceso territorial do éuscaro que xa denunciara Miguel de Unamuno, o termo "Euskal Herria" considerado coma o territorio onde se fala o éuscaro, o pobo posuidor do éuscaro xa non podía constituír para o nacionalismo vasco o terreo da "nación vasca"[7] e por iso, Sabino Arana, considerado fundador do nacionalismo vasco, rexeitou a denominación Euskal Herria, creando o novo termo "Euzkadi" con maior significado político, pois Arana inicialmente entendía que a súa patria (aberri) debía estar só composta por vascos xenuínos, independentemente da lingua que falaran, aínda que utilizaba habitualmente nos seus artigos o termo Euskeria (por exemplo: "Este partido nacionalista só naceu e vive para a Patria, que é Biscaia libre en Euskeria libre"[8]).

Arana ademais, nos seus inicios, quixo diferenciarse dos fueristas representados politicamente polos "Euskalerriacos" liderados por Fidel Sagarmina e o santanderino Ramón de la Sota (posteriormente entraría no PNV), que socialmente pretendían apropiarse do termo "Euskal Herria".

"Os partidos carlista, integrista e euskalerriaco son españolistas, e, polo tanto, inimigos de Biscaia".

Posteriormente, algúns ideólogos nacionalistas como Arturo Campión defenderon a voz "Euskal Herria"[10] considerándoa máis histórica e entendible que a recentemente creada "Euzkadi", defendida polos aranistas máis puristas como o tamén navarro José Agerre.

Durante a ditadura franquista reprimíronse duramente as ideas nacionalistas, pero o termo Euskal Herria estaba permitido, ao ser o termo que os carlistas tiñan utilizado desde antes, incluso, do nacemento do nacionalismo vasco. Proba diso é a distinción que en 1973 realizaba un censor, citando a Unamuno, entre Euzkadi e Euskal Herria:

Na opinión do lector que subscribe, é preciso fomentar, estimular e axudar todas aquelas obras nas que aparece a vella e gloriosa sana palabra Euskal Erria, usada aínda polos auténticos e nobres vascos. É un criterio que non falla.

NOTA: A diferenza que existe entre dicir GORA EUZKADI e GORA EUSKAL ERRIA é a seguinte: GORA EUSKAL ERRIA: Viva España e Vasconia

GORA EUZKADI: Viva Euzkadi e fóra España

[11] ou que o partido ultradereitista Fuerza Nueva admita Euskal Herria no canto de Euskadi.[12]

O uso político do termo Euskal Herria por unha parte do nacionalismo vasco é, de todas formas, moi recente (desde a década de 1990), hoxe en día a expresión Euskal Herria está estendida por tódolos partidos políticos nacionalistas[13] aínda que algúns sectores (principalmente do PNV) [7] prefiren o uso do neoloxismo Euzkadi ou Euskadi aínda cando a creación e desenvolvemento da comunidade autónoma do País Vasco, a raíz do Estatuto de Guernica, fixese que se identifique a esta con Euskadi. En calquera caso, este neoloxismo está sendo gradualmente desprazado polo termo máis antigo.

Interpretación de Euskal Herria como nación

[editar | editar a fonte]

O concepto de Euskal Herria como nación é polémico. Ademais, algúns nacionalistas prefiren utilizar a expresión Euzkadi[7] para denominar á nación vasca.

Os nacionalistas vascos consideran que a súa patria debe ser soberana para poder autodeterminarse e decidir o seu status político, e para moitos dos que se senten parte de dita comunidade, a súa capital sería Pamplona[14].

O sentimento "nacional" vasco ten un grao moi diverso de apoio en cada un dos territorios. Un estudo de "Forum Radio Euskadi" expón que no País Vasco un 52% dos entrevistados considera unha nación mentres esta crenza é apoiada por un 32% en Navarra e un 34% no País Vasco francés[15][16].

Segundo datos do Euskobarómetro de novembro do 2006 un 43% dos vascos considérase nacionalista fronte a un 50% que se considera non nacionalista. Un 62% dos vascos ve compatible as identidades vasca e española, mentres que un 6% considérase só español e un 29% só vasco[17]. Segundo datos do Navarrómetro [18] en 2001 un 18% dos navarros considérase só navarro e un 21% navarro e vasco mentres que un 44% considérase navarro e español e un 6% navarro, vasco e español.

Ante a perspectiva dun hipotético referendo de independencia no País Vasco, un 45% dos cidadáns votaría si, un 25% non, e un 30% non se pronuncia ou non votaría.[15][16]

Polos resultados electorais dos distintos partidos políticos nestes territorios, pódese inferir, coas debidas cautelas, que o sentimento de pertenza en exclusiva a unha nación vasca podería ser só maioritario en Biscaia e Guipúscoa (que suman máis do 60% da poboación total de Euskal Herria e cuxo territorio é algo maior do 20% do total).

O sentimento vasco é variado en Euskal Herria, tanto na súa forma de interpretalo como na súa presenza por territorio.[19]. O sentimento de identidade vasca en Navarra é o máis diverso e polémico. Nunha enquisa de 1994 o Navarrómetro dicía que o 38% dos navarros considerábase moi ou bastante vasco mentres que o 12% considerábase algo vasco e o 50% considerábase pouco ou nada vasco[20] e segundo un estudo realizado por Forum Radio Euskadi o 41,7% dos navarros consideraba Navarra parte de Euskal Herria mentres que o 49,5% non o considera así[21].

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Euskal Herria

Tendo en conta a visión ampla do termo, está composto por sete rexións tradicionais. As catro rexións dentro de España, ou Laurak Bat, forman Hegoalde (“a zona sur”), mentres que as tres dentro de Francia forman Iparralde, ou ("a zona norte").

Estas provincias son parte de dúas comunidades autónomas: o País Vasco e Navarra.

O País Vasco (en vasco: Euskadi) inclúe as provincias de:

A Comunidade Foral de Navarra (Nafarroa en éuscaro), capital Pamplona.

Iparralde

[editar | editar a fonte]

As provincias francesas perderon o seu significado administrativo trala Revolución francesa. Iparralde forma parte do département francés dos Pireneos Atlánticos xunto coa antiga provincia de Bearn. O département é parte da rexión francesa de Aquitania.

Artigo principal: Lingua éuscara.

A lingua propia do pobo vasco é o éuscaro (euskera, euskara ou mesmo üskara segundo os dialectos). Trátase dunha lingua preindoeuropea sen vínculos coñecidos, aínda que se lle ten tentado relacionar, sen moito éxito, co ibero, co bérber, co húngaro ou con linguas caucásicas. Hoxe en día é de estudo obrigatorio no País Vasco e opcional nalgunhas zonas de Navarra. Non ten status de oficialidade en Francia.

Tamén se falan o francés, lingua vehicular do ensino en Iparralde, e o castelán é oficial no País Vasco e en Navarra.

Política

[editar | editar a fonte]

Malia non haber un estado vasco independente, o País Vasco, composto das provincias de Áraba, Biscaia e Guipúscoa, ten un alto grao de autonomía.

Navarra ten unha autonomía separada baseada nos seus históricos foros, e que nunca foi sometida a referendo, como pasa coa posibilidade da súa incorporación ao País Vasco, reflectida na constitución española. Tradicionalmente, son de cultura vasca as partes do norte e en menor medida do centro de Navarra. O sur ten escasa ou nula presenza do éuscaro e os partidos de tipo nacionalista-independentista vasco teñen escaso éxito electoral.

Iparralde non ten ningunha autonomía de seu e é tan só parte do departamento francés de Pireneos Atlánticos, con centro en Bearn.

Partidos políticos

[editar | editar a fonte]

Partidos con presenza en todo o País Vasco

[editar | editar a fonte]

Partidos con presenza só en Iparralde

[editar | editar a fonte]

Partidos con presenza en todo Hegoalde

[editar | editar a fonte]
  • Partido Socialista Obrero Español (PSOE), socialdemócrata e unionista, coas súas pólas:
    • PSE-EE na CAV.(Partido Socialista de Euskadi - Euskadiko Ezkerra). Partido federado no PSOE. É o segundo en representación no Parlamento Vasco. É de ideal socialdmócrata e autonomista.
    • PSN en Navarra.
  • Izquierda Unida (IU), esquerdistas, federalistas e republicanos, coas súas pólas:
    • Ezker Batua (EB-IU) na CAV.
    • Izquierda Unida de Navarra (IUN) en Navarra.
  • Aralar: facción separada de Batasuna, máis forte en Navarra.
  • Partido Popular, conservador e unionista, coas súas pólas:
    • Partido Popular del País Vasco. Coñecido tamén como 'Euskadiko Alderdi Popularra' é a terceira forza política na cámara Vasca. É de ideoloxía democristiá e liberal. É o partido que máis fortemente se opón a algunhas das posicións nacionalistas. Tradicionalmente é forte en Álava.

Partidos con presenza só en Navarra

[editar | editar a fonte]
  • Unión del Pueblo Navarro. Marca do Partido Popular en Navarra. É a primeira forza política de Navarra e oponse á unión de Navarra coa CAV.
  • Convergencia Democrática Navarra (CDN), rexionalista de centro, escisión de UPN.
  • Batzarre: coalición de esquerdas arredor de Zutik.
  • EA, Aralar , Batzarre e EAJ-PNV concorren xuntos nas eleccións navarras baixo o nome de Nafarroa Bai, que se converteu na forza nacionalista con máis representación en Navarra.
O centrocampista do Real Madrid Xabi Alonso cando militaba no Liverpool FC
Miguel Indurain gañou o Tour de France por cinco veces consecutivas

O principal deporte do País Vasco, como no resto de Europa, é o fútbol. Os equipos Athletic de Bilbao, Real Sociedad, Osasuna e Alavés están presentes na liga española. O Athletic de Bilbao ten unha política de fichar só xogadores vascos (de Navarra, a CAV ou o País Vasco francés). Esta política ten sido aplicada cunha flexibilidade variable.

O ciclismo é moi popular no País Vasco. Nas carreiras de ciclismo a miúdo pódense ver ós afeccionados vascos arredor das estradas vestidos de laranxa, a cor da compañía de telecomunicacións Euskaltel. O ciclista navarro Miguel Indurain (hoxe retirado) foi o primeiro en gañar o Tour de France por cinco veces consecutivas, e tamén gañou o Giro d'Italia e o Campionato Mundial de Ciclismo. O equipo de ciclismo Euskaltel-Euskadi é un equipo comercial. Eles están a emerxer como un forte rival no Tour de Francia, con corredores como Iban Mayo, Haimar Zubeldia e David Etxebarria.

En Francia, o rugby é outro deporte popular entre a comunidade vasca. En Biarritz, o club local é Biarritz Olympique Pays Basque, co nome facendo referencia á herdanza vasca do club. Visten de vermello, branco e verde, e os seus afeccionados son coñecidos por ondear a bandeira vasca nas bancadas. Eles tamén recoñecen a outros 16 clubs como "Vascos-amigábeis". O máis famoso xogador vasco e do Biarritz é o lendario Serge Blanco, cuxa nai era vasca. Michel Celaya liderou tanto a Francia como ó Biarritz. O número 8 de Francia Imanol Harinordoquy é tamén un xogador vasco e do Biarritz. Antes da prohibición da copa de Rugby en 1940, un club vasco foi o derradeiro en celebrar ter gañado a copa.

Aviron Bayonnais é outro bo club con certos trazos vascos, pero o Biarritz é claramente o máis prominente.

A pelota vasca (Jai Alai) ou coloquialmente simplemente pelota é a versión vasca da familia de xogos europeos que inclúe ó tenis e ó squash. Os xogadores vascos, que xogan tanto para equipos franceses coma españois, dominan as competicións internacionais.

O Montañismo é favorecido polo terreo montañoso do País Vasco e pola proximidade dos Pireneos. Juanito Oiarzabal (de Vitoria), mantén o récord mundial de subidas por enriba dos 8,000 metros con 21 veces. Hai, tamén, grandes escaladores no País Vasco, tales como Josune Bereziartu, a única muller en ter escalado unha parede 9a/5.14d; e Iker Pou, un dos escaladores máis versátileis do mundo.

Un dos mellores clubs de baloncesto en Europa, o TAU Baskonia, ten a súa sede na cidade vasca de Gasteiz.

Nos anos recentes o surf ten arraigado no País Vasco, e Mundaka e Biarritz téñense convertido en iconas do surf mundial.

Deportes vascos tradicionais

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Deporte tradicional vasco.
Harrijasotzailea.

Entre os deportes tradicionais e típicos atopamos a pelota vasca e o deporte rural vasco que están moi arraigados en todo o país.

A pelota vasca é o deporte máis característico do territorio. Xógase nos frontóns, con distintas modalidades tradicionais, sendo a pelota a man, cesta-punta, remonte, pala e trinquete as máis coñecidas. Este deporte estendeuse por todo o mundo, especialmente polos países de fala hispana, tendo unha presenza relevante en Florida (Estados Unidos).

Non se debe esquecer a tradición vasca das regatas de traíñas, que xunto con outros pobos cantábricos realizan un circuíto de campionatos disputándose as famosas "bandeiras". Polo País Vasco participan: C.R. Arkote, Plentzia (Biscaia), Hondarribia A.E., Hondarribia (Guipúscoa), Zarautz Inmobiliaria Orio, Zarautz (Guipúscoa), C.R.O. Orio, Orio, (Guipúscoa), Pasai Donibane, Pasai Donibane (Guipúscoa), Zumaia (Guipúscoa) e Urdaibai A.E., Bermeo (Biscaia).

Outros deportes vascos tradicionais ou rurais, están ligados ao traballo nos casaríos (baserriak) e ao gosto dos vascos polos desafíos entre distintos deportistas da zona, nos que se cruzaban apostas entre os veciños a favor dalgún dos contendentes, esta tradición séguese a conservar hoxe en día, sendo a aposta unha compoñente moi importante nos espectáculos deportivos rurais vascos (tamén na pelota vasca). Os principais deportes rurais vascos que aínda se conservan son: o levantamento de pedra, onde o récord supera os 300 kg (harrijasotzaileak), o corte de troncos (aizkolariak), o corte de herba (segalariak), o levarse a soga un dos dous equipos tirando cada un deles dende a súa metade até un dos dous extremos (soka-tira) e as probas de arrastre de grandes pedras con dous bois (idi-probak).

  1. Real Academia da Lingua Vasca sobre a denominación Euskal Herria, Real Academia da lingua vasca
  2. Segundo o Dicionario da Real Academia Galega: "nación s.f. Comunidade humana, instalada nun territorio definido, que pode estar ou non politicamente organizada como estado, e que se caracteriza por ter unhas tradicións históricas e culturais comúns, os mesmos intereses económicos e unha unidade lingüística ou relixiosa. A nación de Breogán. Sociedade de nacións. CF. país, pobo, terra." No Dicionario de galego Digalego.com, Ir Indo. "Nación (lat. natione). s.f. Comunidade de individuos aos que uns vínculos determinados, basicamente culturais, económicos e unha historia común, lles dan unha fisionomía propia, diferenciada, e unha vontade de organización e proxección autónoma que os leva a querer dotarse de institucións propias, ata que se constitúa o estado."
  3. Libro Gran Enciclopedia Larousse 1988, ISBN 84-320-7379-2 tomo 9
  4. «Nombres y conceptos». Columna de José Luis Lizundia no diario El País, 2 de outubro de 2006.
  5. Jon Juaristi, El linaje de Aitor. La invención de la tradición vasca, Madrid, Taurus, 1998.
  6. «Nombres y conceptos». Columna de José Luis Lizundia no diario El País, o 2 de outubro de 2006.
  7. 7,0 7,1 7,2 "Por algo Sabino Arana chamou Euzkadi á Euskal Herria carlista" (Anasagasti)
  8. Artigo de Sabino Arana: "Ir a por lana y volver trasquilado" (1895) Arquivado 20 de abril de 2019 en Wayback Machine. no que utiliza a voz "Euskeria"
  9. "Artigo de Sabino Arana: "Ir a por lana y volver trasquilado"(1895)". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2019. Consultado o 02 de xaneiro de 2008. 
  10. "Pero se os esforzos que se están a realizar entre ditos baskos para encasquetarlles os flamantes Euzkadi e euzkotar fosen levados á cabo para convencelos (e figúraseme que non había de ser difícil) de que poden chamar, sen grave impropiedade, Euskal-Erria ao país onde se falou e xa non se fala baskuenze, é indubidable que os beneficios unificadores que se esperan de Euzkadi, otorgaríaos, así mesmo Euskal-Erria" "Sobre el nuevo bautizo del País Basco" (Arturo Campión, 1907)
  11. Joan Mari Torrealdai: La Censura de Franco y el tema vasco, pág. 89
  12. Carlos Merino, responsable de Fuerza Nueva de Bilbao, preguntábanlle por Euzkadi, respondía: "¡Euskadi non existe! En todo caso poderíamos admitir Euskal Herria; ese é o nome correcto". Revista 'Punto y Hora' de 26 de abril a 3 de maio de 1979. [1]
  13. EAJ/PNV [2] Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine., Batasuna [3] Arquivado 14 de decembro de 2007 en Wayback Machine., Eusko Alkartasuna [4], Aralar [5] Arquivado 30 de decembro de 2007 en Wayback Machine., EHAK/PCTV [6] Arquivado 01 de novembro de 2007 en Wayback Machine.
  14. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 02 de xaneiro de 2008. 
  15. 15,0 15,1 "Forum Radio Euskadi 2006, Euskal Herria-encuestas" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de setembro de 2007. Consultado o 02 de xaneiro de 2008. 
  16. 16,0 16,1 "Nova do estudo en lukor.com". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2008. Consultado o 02 de xaneiro de 2008. 
  17. Euskobarómetro Nov 2006 Arquivado 15 de xuño de 2007 en Wayback Machine.
    A maioría dos vascos (62%) manteñen a compatibilidade de identidades vasca e española, pero co xa coñecido predominio do sentimento vasquista (25%), moi superior, en todo caso, ao españolista (4%). Por outra parte, o españolismo extremo mantense nun reducido 6%, ao igual que o fai o exclusivismo vasquista (29%).
  18. Pensamento político, con datos do Navarrometro
  19. Richard Y. Bourhis. "La continuidad del euskera: Clasificación de la población según la identidad cultural. Universidade de Quebec en Montreal (novembro de 1994). Consultado o 23-12-2006
  20. Pensamento político, con datos do Navarrómetro
  21. "Estudo realizado por Forum Radio Euskadi" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2007. Consultado o 02 de xaneiro de 2008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]