iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Emilio_Mola
Emilio Mola - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Emilio Mola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEmilio Mola

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Emilio Mola Vidal Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xuño de 1887 Editar o valor en Wikidata
Placetas (España) Editar o valor en Wikidata
Morte3 de xuño de 1937 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Alcocero de Mola, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMonumento aos Caídos (1961–2016) Editar o valor en Wikidata
Comandante en xefe da VI División Orgánica
19 de xullo de 1936 – 17 de agosto de 1936
← Domingo BatetGregorio Benito Terraza (en) Traducir →
Director xeral de Seguridade
13 de febreiro de 1930 – 15 de abril de 1931 – Carlos Blanco Pérez (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónAcademia de Infantería de Toledo - Infantaría (–1907) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar, oficial Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1904 Editar o valor en Wikidata - 1937 Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeRestauración borbónica en España Editar o valor en Wikidata
Rama militarInfantry Forces of the Spanish Army (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militarGenerale di brigata Editar o valor en Wikidata
Conflitoguerra civil española
Guerra do Rif
Kert campaign (en) Traducir
guerra de Melilla Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque Editar o valor en Wikidata
IrmánsRamón Mola Vidal Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1267520

Emilio Mola Vidal, nado en Placetas (Villa Clara, Cuba) o 9 de xullo de 1887 e finado en Alcocero de Mola (provincia de Burgos) o 3 de xuño de 1937, foi un militar español e un dos líderes da rebelión militar de 1936 coa que deu comezo a guerra civil española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mola naceu en Cuba, daquela aínda colonia española, onde seu pai, capitán da Garda Civil destinado alí, estaba destacado e onde casou cunha muller cubana. Tras o desastre español na guerra hispano-estadounidense de 1898, a familia regresou a España. O 28 de agosto de 1904, Emilio ingresou na Academia de Infantería de Toledo. Tras a súa formación e a súa graduación como tenente en 1907, época na que dirixía a devandita Academia o coronel José Villalba Riquelme, foi destinado ao Rexemento de Infantaría de Bailén, e despois serviu na guerra colonial española de Marrocos, no Rexemento de Infantaría de Melilla, onde recibiu a Medalla Militar Individual pola campaña de 1909 e onde se converteu nunha autoridade en asuntos militares. O 1 de agosto de 1911 entrou de oficial nas Fuerzas Regulares Indígenas, coas que participou nas operacións da chaira do Zaio. En maio de 1912 foi ferido de gravidade na coxa dereita, o que lle supuxo o seu primeiro ascenso por méritos de guerra a capitán.

Ao repoñerse, enviárono ao Rexemento de Infantaría de Ceriñola, co que volvería a Izhafen, Imarufen e Talusit, e loitaría tamén na zona de Tetuán, na que conseguiu o seu segundo ascenso, agora a comandante, por méritos de guerra.

En 1915 destinárono ao Batallón de Cazadores Alba de Tormes en Barcelona, e dous anos e medio despois pasaría por Madrid e logo a Ceuta como Xuíz de Causas da súa Comandancia Xeral. Ao mando do Grupo de Regulares de Ceuta nº 3 participou nas diversas batallas en outubro de 1919 e en 1920: Malalien, Wad Ra, Alcázar Seguer, Kudia Tahar, Alad Lau, Kobba d'Arsa etc.

En xuño de 1921 ascendeu a tenente coronel e destinárono ao Rexemento de Infantaría de Andalucía en Santander. Tres meses despois, chamárono a cubrir a vacante á fronte dos Regulares de Melilla, volvendo participar en importantes operacións militares, como a de Dar Accoba. Grazas á evacuación da zona de Larache, Mola ascendeu por méritos de guerra a coronel e alcanzou o mando do Rexemento de Infantaría de Melilla, co que participou no desembarco de Alhucemas. En 1927, con corenta anos, ascendeu a xeneral de brigada e fíxose cargo da Comandancia Xeral de Larache.

Mola foi tamén director de Seguridade en 1930, un posto político onde as súas ideas conservadoras lle fixeron moi impopular entre a oposición socialista e liberal; un dos seus labores máis relevantes no cargo foi a reorganización do Corpo de Policía, entre os que se incluía a creación da denominada Garda de Asalto.

Durante a República, Mola é encarcerado e separado do servizo activo tras asocialo á sublevación do xeneral Sanjurjo en 1932, pasando á segunda reserva. Os problemas económicos que se derivaron da suspensión de soldo, levárono a facer xoguetes e a escribir en distintos medios para conseguir algo de diñeiro.

En 1933, Mola é amnistiado e regresa ao exército, colaborando no Estado Maior Central con Franco e outros. En 1935 accede ao mando da Comandancia Militar de Melilla e logo é nomeado xefe superior das Forzas de Marrocos.

Trala súa chegada ao poder, en febreiro de 1936, o goberno da Fronte Popular trasladou varios mandos militares para tratar de desmontar a conspiración militar en pendes. Mola foi nomeado gobernador militar en Pamplona, por considerarse esta un lugar afastado onde permanecería á marxe dos asuntos políticos.

Mola uniríase cedo ao grupo de oficiais que planeaban un golpe para derrocar o réxime republicano. Así, o cambio de destino fixo que varios militares de alta graduación coincidisen en Madrid a primeiros de marzo e alí designarán o xeneral Mola como cabeza para preparar a insurrección militar, cando este se dirixía ao novo destino en Pamplona. O xeneral Mola chegou a Navarra o 14 de marzo de 1936. Por mediación de Raimundo García García "Garcilaso", director do Diario de Navarra, os carlistas puxéronse en contacto con Mola en maio. Tras varias reunións produciuse un acordo, coa disposición a secundar a rebelión militar por parte dos requetés. Foi Mola quen, baixo o pseudónimo de "Director", enviou as instrucións secretas ás unidades militares comprometidas no levantamento. Logo de varios atrasos, elixiuse o 18 de xullo de 1936 como data para comezar o golpe. A pesar do éxito da rebelión no protectorado de Marrocos, Mola esperou ata o 19 de xullo para levantarse en Navarra.

A súa planificación para comezar o golpe de Estado e unha vez iniciado queda reflectido nas súas instrucións reservadas. Así consta na instrución reservada nº 1, asinada por Mola en Madrid o 25 de maio de 1936 que dicía:

Terase en conta que a acción ha de ser en extremo violenta para reducir o antes posible ao inimigo, que é forte e ben organizado. Desde logo, serán encarcerados todos os directivos dos partidos políticos, sociedades ou sindicatos non afectos ao movemento, aplicándolles castigos exemplares aos devanditos individuos para estrangularmos os movementos de rebeldía ou folgas.[1]

O 19 de xullo de 1936, iniciado o golpe, dicía tamén Mola:

Hai que sementar o terror...hai que deixar a sensación de dominio eliminando sen escrúpulos nin vacilación a todos os que non pensen coma nós.[2]

Na noite do 18 ao 19 de xullo mantivo unha conversación telefónica con Diego Martínez Barrio (Presidente do Goberno por unhas horas), na que este lle pediu que se ativese á máis estrita disciplina para evitar os horrores dunha guerra que estaba comezando a desencadearse. Mola non accedeu argumentando que era demasiado tarde e non podía volver atrás.

O golpe fracasou no seu obxectivo de controlar a maior parte de España, pero boa parte do exército apoiouno e a situación evolucionou rapidamente cara a unha guerra civil. Trala morte de Sanjurjo en Portugal, nun accidente aéreo, o 20 de xullo, Francisco Franco foi elixido comandante do exército sublevado, así como xefe do Estado na zona controlada por este. Mola foi nomeado máximo responsable do Exército do Norte.

Mola morreu o 3 de xuño de 1937 cando o seu avión se estrelou en Alcocero (actualmente chamado Alcocero de Mola), durante un temporal regresando a Vitoria. As mortes de Sanjurjo e Mola deixaron a Franco como único líder indiscutible do bando nacional. Isto levantou rumores que apuntaban a Franco como instigador das mortes dos seus dous rivais, pero non se descubriu evidencia ningunha respecto diso.

O poeta chileno Pablo Neruda dedicoulle ao xeneral uns dos seus máis feroces versos no poema "Mola en los infiernos", do libro Residencia en la Tierra.

  1. Emilio Mola, Navarra 1936. De la esperanza al terror.[cómpre nº de páxina]
  2. Íbid.[cómpre nº de páxina]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]