iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Emil_Theodor_Kocher
Emil Theodor Kocher - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Emil Theodor Kocher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEmil Theodor Kocher

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Theodor Kocher Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de agosto de 1841 Editar o valor en Wikidata
Berna, Suíza Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xullo de 1917 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Berna, Suíza Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBremgarten cemetery (en) Traducir 46°57′01″N 7°25′04″L / 46.95016, 7.41776 Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Berna Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCirurxía Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncirurxián, profesor universitario, médico, fisiólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Berna Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresTheodor Billroth (pt) Traducir e Joseph Lister Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Premios

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Obálky knih,
Medvik >>>:Kocher, Emil Theodor, 1841-1917, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Kocher-176 Find a Grave: 217792869 Editar o valor en Wikidata

Emile Theodor Kocher, nado en Burgdorf, (Cantón de Berna) o 25 de agosto de 1841 e finado en Berna o 27 de xullo de 1917, foi un médico suízo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou en Berna, París, Berlín e Londres, obtendo o doutoramento en Berna en 1865. En 1872 sucedeu a Georg Albert Lucke como profesor de cirurxía da Universidade de Berna e director da Clínica Universitaria Cirúrxica de Berna, cargos que ocupou até 1911.

Publicou traballos relativos á glándula tiroide (ideando un método para o seu transplante), tratamentos antisépticos, infeccións cirúrxicas, feridas de bala e osteomielites aguda. Descubriu un método para reducir a luxación do ombreiro e introduciu novas técnicas nas operacións de hernia e de cancro de estómago. Realizou melloras técnicas a numerosos tipos de operacións cirúrxicas do pulmón, o estómago e a vesícula biliar.

En 1878 practicou con éxito a primeira extirpación do bocio, operación que tivo ocasión de repetir máis de 2.000 veces dado que vivía nunha das zonas máis bocióxenas do mundo. En 1912 preparou un coaguleno esterilizado que, inxectado, aumenta a coagulación do sangue e serve para previr e tratar hemorraxias internas.

Os seus éxitos no campo da cirurxía foron debidos en boa parte pola mellora do instrumental e pola utilización sistemática da asepsia. Débeselle a invención das pinzas hemostáticas de grampas que levan o seu nome. Considerado como o mellor cirurxián da súa época, foi elixido presidente do Primeiro Congreso Internacional de Cirurxía (1905)

En 1909 outórgaselle o Premio Nobel de Medicina polos seus traballos sobre a fisioloxía, patoloxía e cirurxía da glándula tiroide. Co importe do premio axudou a fundar o Instituto Kocher en Berna, escola de cirurxía na que se formaron grandes cirurxiáns.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]