Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 en Galicia
Tras a proclamación da República en España o 14 de abril de 1931 como consecuencia dos resultados favorables aos candidatos republicanos nas eleccións municipais do 12 de abril, o goberno provisorio convocou eleccións a Cortes Constituíntes para o 28 de xuño de 1931.
O sistema electoral rexíase polo decreto do 8 de maio de 1931, que establecía un sistema maioritario de listas abertas, a lista maioritaria obtiña o 80% dos escanos por circunscrición e reservábase para as minorías o outro 20%. As circunscricións electorais eran as provincias e as cidades con máis de 100.000 habitantes e tiñan dereito ao voto con homes maiores de 25 anos. O control do proceso estaba en mans das xuntas municipais, que presidía o xuíz municipal e que formaban persoas prominentes do concello, e as xuntas provinciais do censo, que presidía o presidente da Audiencia Territorial ou da Audiencia Provincial.
A circunscrición electoral da Coruña elixía 16 deputados, a de Lugo 10 deputados, a de Ourense 9 deputados e a de Pontevedra 13 deputados, en total en Galicia elixíanse 47 deputados.
Para concorreren ás eleccións os principais partidos republicanos e os de esquerda coaligáronse para obteren os deputados reservados ás maiorías, mentres polo bando da dereita formaban candidaturas de independentes que posteriormente acabarían integrándose na CEDA.
Resultados
[editar | editar a fonte]En toda Galicia a ORGA, que concorría baixo as siglas da FRG, resultou a forza vencedora con 14 escanos, o Partido Radical obtivo 11 escanos, o PSOE 8, o Partido Radical-Socialista 2, Derecha Liberal Republicana 2, Galeguistas 2, Acción Republicana 1, independentes de dereita 4 escanos, Rexionalista 1 (Manuel Portela Valladares), Partido Radical Agrario 1 e a Unión Monárquica 1.
Nas Cortes a FRG, os galeguistas e algún outro deputado formaron a Minoría Gallega.
A Coruña
[editar | editar a fonte]Na provincia da Coruña a ORGA presentouse baixo o nome de Federación Republicana Gallega en candidatura conxunta co PSOE e conseguiu 9 escanos e Santiago Casares Quiroga foi o candidato máis votado na provincia, mentres o PSOE obtiña 3 deputados. O Partido Radical presentouse en solitario e non conseguiu deputado ningún, ao igual que Partido Radical Agrario e o PCE. A candidaturas de dereitas conseguiu os 4 escanos reservados ás minorías.
Deputados electos pola provincia da Coruña
[editar | editar a fonte]- Santiago Casares Quiroga, FRG, 88.470 votos.
- Antonio Rodríguez Pérez, FRG, 75.496 votos.
- Ramón Beade Méndez, PSOE, 69.164 votos.
- Salvador de Madariaga Rojo, FRG, 68.783 votos.
- Alejandro Rodríguez Cadarso, FRG, 68.741 votos.
- Antón Vilar Ponte, FRG, 68.089 votos.
- Edmundo Lorenzo Santiago, PSOE, 67.794 votos.
- Ramón María Tenreiro Rodríguez, FRG, 65.266 votos.
- Emilio González López, FRG, 64.048 votos.
- José Mareque Santos, PSOE, 56.486 votos.
- Ramón Suárez Picallo, FRG, 55.054 votos.
- José Reino Caamaño, Independente, 47.258 votos.
- Roberto Nóvoa Santos, FRG, 44.953 votos.
- Luís Cornide Quiroga, Independente, 44.705 votos.
- Benito Blanco-Rajoy, Independente, 43.378 votos.
- Leandro Pita Romero, FRG, 43.181 votos.
Lugo
[editar | editar a fonte]Na provincia de Lugo a FRG coaligouse con Manuel Portela Valladares e elementos da dereita como o xeneral José Sanjurjo Sacanell, pero tras a anulación e a repetición das eleccións en agosto integráronse na candidatura o PSOE, o Partido Radical e a Derecha Liberal Republicana que conseguiu os 8 escanos reservados para a maioría: 3 FRG, 2 Partido Radical, 2 PSOE, 1 DLR e 1 para Manuel Portela Valladares. Os 2 escanos das minorías foron para candidatos republicanos conservadores que se integraron no Partido Radical.
Deputados electos pola provincia de Lugo
[editar | editar a fonte]- Ubaldo de Azpiazu Artazu, PR, 57.485 votos.
- José Lladó Vallés, Independente, 53.852 votos.
- Enrique Gómez Jiménez
- Luis Recasens Siches
- Gerardo Abad Conde
- Rafael de Vega Barrera
- Manuel Becerra Fernández
- Manuel Portela Valladares
- Daniel Vázquez Campo
- Francisco Javier Elola Díaz-Varela
Ourense
[editar | editar a fonte]Na provincia de Ourense formáronse dúas candidaturas para concorreren polas maiorías, a formada polo Partido Radical e o PSOE e a outra pola FRG, o Partido Radical-Socialista e o Partido Nazonalista Republicán de Ourense.
Polas maiorías o Partido Radical conseguiu 3 escanos, o Partido Radical-Socialista 2, PSOE 1, FRG 1 e o PNRO 1. Polas minorías 1 escano foi para Acción Republicana e 1 para Unión Monárquica de José Calvo Sotelo.
Deputados electos pola provincia de Ourense
[editar | editar a fonte]- Luis Fábrega Coello
- Basilio Álvarez Rodríguez
- Ramón Otero Pedrayo
- Alfonso Pazos Cid
- Justo Villanueva Gómez
- Manuel Martínez-Risco Macías
- José Calvo Sotelo
- Alfonso Quintana Pena
- Manuel García Becerra
Pontevedra
[editar | editar a fonte]Na provincia de Pontevedra formouse unha única candidatura para concorrer pola maioría; formábana a FRG, o PSOE e o Partido Radical. Polas minorías concorrían o Partido Radical Agrario, a Derecha Liberal Republicana e a Candidatura Galleguista. A FRG conseguiu 4 deputados, o PSOE 4, o Partido Radical 1 e polas minorías a DLR 1 escano, PRA 1 e a Candidatura Galleguista 1 (Castelao).
Deputados electos pola provincia de Pontevedra
[editar | editar a fonte]- Emiliano Iglesias Ambrosio
- Enrique Heraclio Botana
- Alejandro Otero Fernández
- Joaquín Poza Juncal
- Manuel Varela Radío
- Bibiano Fernández Osorio-Tafall
- Eugenio Arbones Castellanzuelo
- José Gómez Osorio
- Laureano Gómez Paratcha
- José López Varela
- Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
- Ramón Salgado Pérez
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alfonso Bozzo, Alfonso (1976). Los partidos políticos y la autonomía en Galicia (1931-1936). Madrid: Akal. ISBN 84-7339-135-7.
- Grandío Seoane, Emilio (1999). Caciquismo e eleccións na Galiza da II República. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 84-89976-84-8.
- Velasco Souto, Carlos Francisco (2000). Galiza na II República. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 84-95350-16-5.