EgyptAir
EgyptAir | ||
---|---|---|
IATA MS | OACI MSR | Indicativo EGYPTAIR |
Fundación | 7 de xuño de 1932 (como Misr Airlines) | |
Inicio das operacións | xullo de 1933 | |
Plan de voo frecuente | EgyptAir Plus | |
Alianza | Star Alliance | |
Holding | EgyptAir Holding Company | |
Eslogan da compañía | Enjoy The Sky | |
Sede | O Cairo, Exipto | |
Páxina web: http://www.egyptair.com/ |
EgyptAir (árabe: مصر للطيران, Miṣr liṭ-Ṭayarān) é a aeroliña nacional de Exipto. Está baseada no Aeroporto Internacional do Cairo, o seu principl centro de conexións, operando voos regulares de pasaxeiros e carga a máis de 75 destinos de Oriente Medio, Europa, Asia, África e América. Ademais a compañía centra no Cairo unha extensa rede de servizos domésticos. A aeroliña é membro da Star Alliance, á que se uniu o 11 de xullo de 2008.
A compañía ten a súa sede no Complexo Administrativo de EgyptAir situado nos sotos do aeroporto do Cairo. O logo da aeroliña é Horus, a deidade celeste na mitoloxía exipcia, que adoita a representarse como un falcón ou un home coa cabeza de falcón. A aeroliña tomou Horus como logo debido ao seu antigo simbolismo como un "deus alado do sol".
Frota
[editar | editar a fonte]Cara xuño de 2015, a frota de EgyptAir está formada polos seguintes avións:[1]
Frota de pasaxeiros | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | |||
F | C | Y | Total | ||||
Airbus A320-200 | 11 | — | — | 16 | 129 | 145 | |
Airbus A321-200 | 4 | — | — | 22 | 139 | 161 | |
Airbus A330-200 | 7 | — | — | 24 | 244 | 268 | |
Airbus A330-300 | 4 | — | — | 36 | 265 | 301 | |
Airbus A340-200 | 1 | — | 12 | 24 | 224 | 260 | |
Boeing 737-500 | 5 | — | — | 8 | 96 | 104 | |
Boeing 737-800 | 20 | — | — | 24 | 120 | 144 | |
Boeing 777-200ER | 4 | — | 12 | 21 | 286 | 319 | Dous alugados a Biman Bangladesh Airlines |
Boeing 777-300ER | 6 | — | — | 49 | 297 | 346 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Frota de EgyptAir". Planespotters. 5 May 2015. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2012. Consultado o 5 de xullo de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]