Eduardo Gasset Chinchilla
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xullo de 1865 Vigo, España |
Morte | 3 de abril de 1932 (66 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Fillos | Eduardo Gasset Neira, Gerardo Gasset Neira |
Pai | Eduardo Gasset Artime |
Irmáns | Dolores Gasset Chinchilla Rafael Gasset Chinchilla |
Eduardo Gasset Chinchilla, nado en Vigo o 28 de xullo de 1865 e finado en Santiago de Compostela o 3 de abril de 1932[1], foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Eduardo Gasset Artime. Sucedeu ao seu pai como deputado a Cortes polo distrito de Padrón entre 1893 e 1898, despois foi elixido polo distrito de Betanzos (1898-1903), polo da Coruña (1903) e polo de Arzúa (1905). En novembro de 1905 renunciou ao escano no Congreso ao ser elixido senador pola provincia da Coruña, permanecendo no posto en sucesivas eleccións ata 1911. Volveu ser elixido deputado a Cortes polo distrito de Padrón en 1914. En 1916 volveu ser elixido senador pola provincia da Coruña e en 1918 foi nomeado senador vitalicio.
En 1903 solicitou permiso para abrir unha explotación mineira no Porto do Son, co nome de Dolores[2]
Casou con María Neira Gasset e foi pai de Eduardo e Gerardo Gasset Neira.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en ABC
- ↑ "Nuevos registros de minas" Arquivado 13 de abril de 2020 en Wayback Machine., en Boletín Minero y Comercial, 25 de novembro de 1903.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Senado
- Xenealoxía Gasset Arquivado 02 de decembro de 2013 en Wayback Machine.