iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Dwight_Howard
Dwight Howard - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Dwight Howard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDwight Howard

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Dwight David Howard Editar o valor en Wikidata
8 de decembro de 1985 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Atlanta, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaAtlanta Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónSouthwest Atlanta Christian Academy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura208 cm Editar o valor en Wikidata
Peso125 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, actor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2004 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association e T1 League (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPivote e Ala-pivote Editar o valor en Wikidata
Número deportivo8 Editar o valor en Wikidata
Convocado porOrlando Magic Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2004–2012 Orlando Magic (Ala-pivote, Pivote)
2012–2013 Los Angeles Lakers (Pivote)
2013–2016 Houston Rockets (Pivote, Ala-pivote)
2016–2017 Atlanta Hawks
2017–2018 Charlotte Hornets
2018–2019 Washington Wizards
2019–2020 Los Angeles Lakers
2020–2021 Philadelphia 76ers
2021–2022 Los Angeles Lakers
2022–2023 Taoyuan Taiwan Beer Leopards
Participou en
2008Xogos Olímpicos de 2008
20072007 FIBA Americas Championship (en) Traducir
2006Campionato mundial de baloncesto de 2006 Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webdwighthoward.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2184649 Allocine: 428758 Allmovie: p660541 TV.com: people/dwight-howard-1
Facebook: DwightHoward Twitter: DwightHoward Instagram: dwighthoward Musicbrainz: 6a22fad4-dc38-42d2-8f45-5fd0c5c862b1 Editar o valor en Wikidata

Dwight David Howard, nado en Atlanta (Xeorxia o 8 de decembro de 1985, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. É alcumado familiarmente Thunder (trono) e Man-Child (home-neno), aínda que tras a súa participación no All-Star de 2008 tamén se lle coñece como Superman, debido á orixinalidade dun dos seus mates. Saltou directamente do instituto a xogar cos profesionais, sen pasar pola universidade. Con 2,11 metros e 120 quilos, xoga na posición de pivote, sendo considerado como un dos mellores reboteadores da liga.

Traxectoria deportiva

[editar | editar a fonte]

Howard estudou no instituto privado Southwest Atlanta Christian Academy, cun dos mellores programas de baloncesto do estado. Durante a súa traxectoria escolar, fixo 16,6 puntos, 13,4 rebotes e 6,2 tapóns por partido, ao longo de 129 encontros. Gañou en 2004 o prestixioso Naismith Award, que lle distinguía como mellor xogador escolar do país.

Profesional

[editar | editar a fonte]

Foi seleccionado polos Orlando Magic co número 1 do Draft da NBA de 2004, e non defraudou na súa primeira campaña, sendo elixido no mellor quinteto de rookies (terceiro na votación) e acabando con dobres díxitos de media en puntos e en rebotes, algo que soamente oito xogadores lograron na historia no seu primeiro ano profesional. Converteuse no único novato vindo directamente do instituto en saír como titular nos 82 partidos da liga regular de toda a historia da NBA, e foi oitavo na clasificación de reboteadores, décimo na de porcentaxe de tiro, e décimo noveno na de taponadores.

Na súa segunda tempada as súas números medraron até os 15,8 puntos e 12,5 rebotes. O 16 de novembro de 2007, durante o partido entre Magic e Nets, Howard converteuse no xogador máis novo da historia en alcanzar os 3000 rebotes; superando así a marca anterior, en posesión de Shaquille O'Neal. Gañouse o alcume de Superman, que antes tiña Shaquille O'Neal, ao realizar un mate no Sprite Slam Dunk 2008 vestido coma esta personaxe de ficción, no All Star de Nova Orleáns, que finalmente gañou. En 2008 e 2009 foi o máximo reboteador da competición.

O 10 de agosto de 2012, Howard foi traspasado dende Orlando ós Los Angeles Lakers nun traspaso entre catro equipos que incluía tamén ós Philadelphia 76ers e ós Denver Nuggets. Os Lakers recibiron ademais a Earl Clark e Chris Duhon; os Magic recibiron a Josh McRoberts, Christian Eyenga, Maurice Harkless, Nikola Vucevic, Arron Afflalo, Al Harrington, e eleccións do Draft; Philadelphia a Jason Richardson e Andrew Bynum; e Denver recibiu a Andre Iguodala.[1]

Tras decidir ser axente libre no verán de 2013, Howard reuniuse a comezos do mes de xullo de 2013 cos Lakers, Dallas Mavericks, Houston Rockets, Golden State Warriors e Atlanta Hawks. O 5 de xullo de 2013, Howard anunciou a súa intención de asinar polos Rockets.[2] Asinou oficialmente co equipo o 13 de xullo de 2013.[3]

O 12 de xullo de 2016, Howard asinou cos Atlanta Hawks.[4]

Logros persoais

[editar | editar a fonte]
  • 8 veces All-Star: 2007-2014
  • Elixido no mellor quinteto de rookies en 2005.
  • É o xogador máis novo da historia en conseguir 20 rebotes nun partido.
  • É o xogador máis novo en facer unha media de dobre-dobre nunha tempada.
  • É o xogador máis novo en facer unha media de 10 rebotes nunha tempada.
  • É o xogador máis novo en anotar máis de 20 puntos e capturar máis de 20 rebotes nun partido.
  • É o xogador máis novo en alcanzar os 3000 rebotes na NBA, con 21 anos e 343 días.
  • É o xogador máis alto da historia en gañar un concurso de mates
  • Elixido mellor defensor da NBA en 2009.
  1. "It's official: Howard dealt to Lakers in four-team trade". NBA. 2012-08-10. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2012. Consultado o 2012-08-10. 
  2. Mahoney, Brian (5 de xullo de 2013). "Dwight Howard tweets that he'll sign with Rockets". Yahoo! Sports. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2013. Consultado o 5 de xullo de 2013. 
  3. "Howard Selects Houston in Free Agency". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 13 de xullo de 2013. Consultado o 13 de xullo de 2013. 
  4. "Hawks Sign Eight-Time NBA All-Star Dwight Howard". NBA.com. 12 de xullo de 2016. Consultado o 12 de xullo de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]