Dipódidos
Dipódidos Rango fósil: Eoceno tardío-Actual[1] | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Jaculus orientalis | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||||
Allactaginae |
Os dipódidos (Dipodidae) son unha familia de roedores que viven no hemisferio norte, e son a única familia da superfamilia Dipodoidea. Esta familia inclúe unhas 50 especies distribuídas en 16 xéneros.[2] Entre as especies da familia están os xerbos, zapodinos (Zapodinae) e sicistas (Sicista). As diferentes especies poden vivir en praderías, desertos e bosques. Teñen a capacidade de andar a saltos (mediante saltos bípedes usando as patas de atrás), unha característica que está máis evolucionada nos xerbos do deserto.
Características
[editar | editar a fonte]Os dipódidos son roedores de tamaño pequeno a medio, entre os 4 e os 26 cm de lonxitude, excluído o rabo. Todos están adaptados ao salto, aínda que en varios graos. Os xerbos teñen patas traseiras moi longas que, na maioría das especies, teñen grandes ósos metatarsais. Desprázanse choutando ou camiñando sobre as súas patas posteriores. Os zapodinos teñen longos pés, pero carecen das extremas adaptacións dos xerbos, polo que se moven gateando ou dando curtos pasos, en vez de a grandes saltos. Tanto os xerbos coma os zapodinos teñen longos rabos que lles axudan a equilibrarse. Os sicistas teñen rabos e pés curtos, pero tamén se moven choutando.[3]
A maioría dos dipódidos son omnívoros, e as súas dietas consisten en sementes e insectos. Porén, algunhas especies de xerbos, como Allactaga sibirica, son case enteiramente insectívoros. Igual que outros roedores, teñen incisivos rilladores separados dos dentes trituradores da zona das fazulas por un espazo ou diastema. A fórmula dental dos dipódidos é 1.0.0-1.31.0.0-1.3.
Os xerbos e sicistas fan os seus niños en buratos escavados, que, no caso dos xerbos, poden ser complexos, con cámaras laterais para o almacenamento de comida. Ao contrario, os zapodinos poden utilizar buratos feitos por outras especies, pero non os escavan eles, e xeralmente fan os seus niños entre vexetación espesa. A maioría das especies hibernan polo menos durante a metade do ano, sobrevivindo das súas graxas, que acumulan nas semanas previas á hibernación.[3] Os dipódidos paren camadas de entre dous e sete crías despois dun período de xestación de entre 17 e 42 días. Reprodúcense unha ou dúas veces ao ano, dependeno da especie.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Familia Dipodidae
- Subfamilia Sicistinae, sicistas
- Subfamilia Zapodinae, ratos saltadores
- Xénero Eozapus
- Xénero Napaeozapus
- Xénero Zapus
- Subfamilia Allactaginae
- Xénero Allactaga
- Subxénero Allactaga
- Subxénero Orientallactaga
- Subxénero Paralactaga
- Subxénero Scarturus
- incertae sedis
- Xénero Allactodipus
- Xénero Pygeretmus
- Xénero Allactaga
- Subfamilia Cardiocraniinae
- Xénero Cardiocranius
- Xénero Salpingotulus
- Xénero Salpingotus
- Subxénero Anguistodontus
- Subxénero Prosalpingotus
- Subxénero Salpingotus
- Subfamilia Dipodinae
- Tribo Dipodini
- Xénero Dipus
- Xénero Eremodipus
- Xénero Jaculus
- Xénero Stylodipus, xerbos de tres dedos
- Tribo Paradipodini
- Xénero Paradipus
- Tribo Dipodini
- Subfamilia Euchoreutinae
- Xénero Euchoreutes, xerbos de orellas longas
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Qian Li; Yan-Xin Gong; Yuan-Qing Wang (2016). "New dipodid rodents from the Late Eocene of Erden Obo (Nei Mongol, China)". Historical Biology: An International Journal of Paleobiology. in press. doi:10.1080/08912963.2016.1232406.
- ↑ Holden, M.E.; Musser, G.G. (2005). "Family Dipodidae". In Wilson, D.E.; Reeder, D.M. Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. pp. 871–893. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494.
- ↑ 3,0 3,1 Whitaker, John (1984). Macdonald, D., ed. The Encyclopedia of Mammals. New York: Facts on File. pp. 682–683. ISBN 0-87196-871-1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Dipódidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Dipódidos |
- Janson, S.; Myers, P. "Animal Diversity Web: Dipodidae". Consultado o 2007-12-02.