Dinastía Tang
唐朝 (zh-cn) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital | Chang'an, Tang Empire (en) (618–904) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 5.400.000 km² | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | Dinastía Sui, Qi (Huang Chao) (en) , Dinastia Zhou (690–705) (pt) , Koguryo (pt) e Gaochang Kingdom (Qu clan) (en) | |||
Fundador | Imperador Gaozu de Tang (pt) | |||
Creación | 618 | |||
Disolución | 907 (Gregoriano) | |||
Sucedido por | Later Liang dynasty (en) , Yang Wu (pt) e Dinastia Zhou (690–705) (pt) | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | monarquía absoluta | |||
Moeda | ancient Chinese coinage (en) | |||
A Dinastía Tang (en chinés 唐朝; pinyin Táng Cháo; Chinés medio Dâng) foi unha dinastía imperial chinesa precedida pola Dinastía Sui e sucedida polo período das Cinco Dinastías e Dez Reinos, que gobernou na China entre o 18 de xuño de 618 e o 1 de xuño de 907. Foi fundada pola familia Li (李), que chegou ao poder durante a decadencia e colapso do Imperio Sui. A Dinastía foi interrompida brevemente entre o 8 de outubro de 690 e o 3 de marzo de 705 pola Segunda Dinastía Zhou, cando a emperatriz Wu Zetian se apoderou do trono, converténdose na única emperatriz reinante, gobernante por dereito propio.
Historia
[editar | editar a fonte]Ao caer a dinastía Han, no ano 220 d. C., a China viviu un longo período de desunión, caos social, desorde política e illamento económico e cultural entre o sur e o norte. O país reunificouse no 589 coa dinastía Sui e entrou nunha etapa de prosperidade e estabilidade ata a aparición do despotismo e a burocracia durante o reinado do cruel, extravagante e licencioso gobernante Yang Di. O sinólogo Guillermo Dañino Ribatto sostén que "os chineses aceptaron sempre que o mandato do ceo podía retirarse e ser outorgado a un revolucionario"; agrega ademais que "neste caso o vencedor foi Li Shimin (597-649), quen, por piedade filial, puxo o seu pai no trono antes de asumir el mesmo a función de emperador e fundar a dinastía Tang".[1]
O territorio Tang, adquirido mediante as conquistas militares dos seus primeiros gobernantes e devastadoras guerras que provocaron a morte de millóns de persoas, foi maior que o da dinastía Han. Estimulada polo contacto coa India e Oriente Medio, o imperio viviu un auxe da creatividade en numerosos campos. O budismo, que xurdira na India na época de Confucio, continuou florecendo durante o período Tang e foi adoptado pola familia imperial, converténdose nunha parte esencial da cultura tradicional chinesa. O desenvolvemento da imprenta de bloques estendeu a difusión das obras escritas a públicos máis amplos.
O período Tang foi a idade dourada da arte e a literatura chinesa. Un sistema de goberno apoiado por unha gran clase de letrados confucianos seleccionados a través dos exames da administración foi perfeccionado durante o goberno Tang. Se ben este procedemento competitivo foi deseñado para captar os mellores talentos para o goberno, unha preocupación talvez maior para os gobernantes do período Tang, conscientes de que a dependencia imperial de poderosas familias aristocráticas e xefes militares podía provocar consecuencias desestabilizadoras, era a de crear un corpo de oficiais profesionais sen bases de poder autónomas territoriais ni funcionais.
Estes funcionarios eruditos gañaron un certo status nas súas comunidades locais, así como lazos familiares e valores compartidos que os conectaban á corte imperial.[2]
O máximo esplendor da dinastía tivo lugar durante o reinado de Li Shimin, célebre emperador no que se unían habilidade política e dotes de goberno beneficiosos para a poboación. Algo que caracteriza esta dinastía foi que a maioría dos emperadores pensaron na vida da poboación que tiñan condicións de vida realmente malas polas continuas guerras. Li Shimin foi cuestionado bastante polos historiadores pola forma na que subiu ao trono. Li Shimin asasinou o seu irmán máis vello, ao que proclamaran sucesor, e o seu irmán máis novo para obrigar o seu pai a nombralo sucesor. Isto foi moi cuestionado polos historiadores mais grazas a que reinou de forma brillante, na China recórdase como un emperador grandioso.
Esplendor do imperio Tang
[editar | editar a fonte]Li Shimin reinou dende 626 ata a súa morte en 649. O seu reinado comezou cando quitou o trono ao seu pai pola forza despois de matar os seus irmáns. Ao comezo do seu reinado o imperio era débil e tiña que dar tributo aos xiongnu para non ser atacado por eles, mais os xiongnu non se conformaban e saqueaban cidades constantemente. Li Shimin decidiu facer reformas no exército e adaptalo para ter algunha posibilidade de derrotar os xiongnu. O exército ata ese momento estaba formado na súa maior parte por infantaría. Li Shimin sabía que os xiongnu eran hábiles arqueiros a cabalo e que a razón pola que non podían con eles era que a infantaría chinesa antes de chegar ata eles era atacada polas frechas dos xiongnu,[3] a infantaría era decimada antes de poder loitar corpo a corpo. Por iso decidiu comprar cabalos aos xiongnu, que tiñan cabalos moi rápidos e resistentes grazas a que dende que eran poldros os adestraban para a guerra. Tras comprar suficientes e de adestrar un exército de arqueiros durante uns tres anos organizou campañas contra os xiongnu que tras longas loitas nas que foron derrotados deixaron de supor unha ameaza para o imperio.
Tras derrotar os xiongnu, no imperio viviuse unha época de esplendor e poder. O imperio tiña unha próspera economía e a poboación era rica e estaba contenta co goberno, polas reformas na repartición de terras que fixo Li Shimin. Por isto moitos historiadores e a maioría dos chineses lembran a Li Shimin como un dos mellores emperadores da historia da China e non lle dan tanta importancia á forma en que subiu ao trono. Que a poesía chinesa tivese o seu máximo esplendor nesta dinastía é porque as persoas ao teren diñeiro se dedicaron a viaxar a lugares belos e que lles servían de inspiración para escribiren poemas.
Decadencia do imperio Tang
[editar | editar a fonte]Contra mediados do século VIII, o poder Tang decaera. A inestabilidade económica interna e a subseguinte rebelión de An Lushan sinalou o comezo do declive militar para o imperio Tang. An Lushan (de nai turca e pai sogdiano), comandante de tres rexións militares favorecido pola corte, rebelouse contra o imperio (755-763) e apoderouse de Luoyang e Chang´an, iniciando coa súa revolta a decadencia definitiva do poder central e da dinastía".[4]
A derrota militar en 751 polos árabes na batalla do Talas marcou o final da autoridade Tang en Asia Central.
Por fin, o mal goberno, as intrigas da corte, a explotación económica e as rebelións populares debilitaron o imperio, permitiron ao xefe militar Zhu Wen arrebatar o trono para fundar a súa propia dinastía no ano 907. Deste modo, comezou un novo período de fragmentación na historia da China: o período das Cinco Dinastías e os Dez reinos.
Soberanos da dinastía Tang
[editar | editar a fonte]Nomes | Nomes Dados | Duración do reinado | Nome da era e os seus anos |
---|---|---|---|
Convencional: "Tang" + nome | |||
Nota: Wu Hou (武后 Wǔ Hòu) (Emperatriz Wu) foi o seu nome póstumo | |||
Gaozu (高祖 Gāo Zǔ) | Li Yuan (李淵 Lǐ Yuān) | 618-626 |
|
Tai Zong (太宗 Tài Zōng) | Li Shimin (李世民 Lǐ Shì Mín) | 626-649 |
|
Gao Zong (高宗 Gāo zōng) | Li Zhi (李治 Lǐ Zhì) | 650-683 |
|
Zhong Zong (中宗 Zhōng zōng) | Li Xian (李顯 Lǐ Xiǎn) ou
Li Zhe (李哲 Lǐ Zhé) |
684 ou
(705-710) |
|
Rui Zong (睿宗 Ruì zōng) | Li Dan (李旦 Lǐ Dàn) | 684 o
(710-712) |
|
Dinastía Zhou 690-705 | |||
Wu Hou (武后 Wǔ hòu) | Wu Zetian (武則天 Wǔ Zé Tiān) | 684-705 |
|
Continuación Dinastía Tang | |||
Zhong Zong (中宗 Zhōng zōng)
Segundo Reinado |
Li Xian (李顯 Lǐ Xiǎn) ou
Li Zhe (李哲 Lǐ Zhé) |
684 ou
(705-710) |
|
Shao Di (少帝 Shào dì) | Li Chong Mao (李重茂 Lǐ Chóng Mào) | 710 |
|
Rui Zong (睿宗 Ruì zōng)
Segundo Reinado |
Li Dan (李旦 Lǐ Dàn) | 684 o
(710-712) |
|
Xuan Zong (玄宗 Xuán zōng) | Li Long Ji (李隆基 Lǐ Lóng Jī) | 712-756 |
|
Su Zong (肅宗 Sù zōng) | Li Heng (李亨 Lǐ Hēng) | 756-762 |
|
Dai Zong (代宗 Dài zōng) | Li Yu (李豫 Lǐ Yù) | 762-779 |
|
De Zong (德宗 Dé zōng) | Li Kuo (李适 Lǐ Kuò) | 780-805 |
|
Shun Zong (順宗 Shùn zōng) | Li Song (李誦 Lǐ Sòng) | 805 |
|
Xian Zong (憲宗 Xiàn zōng) | Li Chun (李純 Lǐ Chún) | 806-820 |
|
Mu Zong (穆宗 Mù zōng) | Li Heng (李恆 Lǐ Héng) | 821-824 |
|
Jing Zong (敬宗 Jìng zōng) | Li Zhan (李湛 Lǐ Zhàn) | 824-826 |
|
Wen Zong (文宗 Wén zōng) | Li Ang (李昂 Lǐ Áng) | 826-840 |
|
Wu Zong (武宗 Wǔ zōng) | Li Yan (李炎 Lǐ Yán) | 840-846 |
|
Xuān Zong (宣宗 Xuān zōng) | Li Chen (李忱 Lǐ Chén) | 846-859 |
|
Yi Zong (懿宗 Yì zōng) | Li Cui (李漼 Lǐ Cuǐ) | 859-873 |
|
Xi Zong (僖宗 Xī zōng) | Li Xuan (李儇 Lǐ Xuān) | 873-888 |
|
Zhao Zong (昭宗 Zhāo zōng) | Li Ye (李曄 Lǐ Yè) | 888-904 |
|
Ai di (哀帝 Aī dì) | Li Zhu (李柷 Lǐ Zhù) | 904-907 |
|
Cultura
[editar | editar a fonte]Na literatura durante o reinado da Dinastía Tang destacan poetas coma Bai Juyi, Li Po, Tu Fu, He Zhizhang ou Xue Tao.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dañino, Guillermo. La Pagoda blanca. Poemas da dinastía Tang. Pontificia Universidad Católica del Perú. Fondo Editorial 1996. Pg. IX- X
- ↑ Dende os tempos da dinastía Tang ata os últimos días do imperio Qing en 1911, os oficiais eruditos adoitaron funcionar como intermediarios entre a poboación rural e o goberno.
- ↑ Nos libros chineses dise que os xiongnu podían lanzar as súas frechas a unha distancia de 300 pés, aproximadamente 91 metros
- ↑ Dañino, Guillermo. Op. cit. Pg. XIII-XIV
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dinastía Tang |