iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Difracción_de_raios_X
Difracción de raios X - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Difracción de raios X

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A difracción de raios X é un fenómeno ondulatorio que consiste na dispersión dos raios X cando atopan un obstáculo no seu camiño. A distribución de intensidades atopada despois do obstáculo amosa unha serie de máximos e mínimos relativos que diminúen a medida que nos afastamos do centro (punto onde se detectarían todos os raios X se non houbese obstáculo).

Este patrón depende da distribución atómica do material atravesado polo que este fenómeno pode ser empregado para o estudo da estrutura atómica dos materiais. A técnica chámase cristalografía de raios X.