iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/David_I_de_Escocia
David I de Escocia - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

David I de Escocia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDavid I de Escocia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) David I of Scotland Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1084 Editar o valor en Wikidata
Escocia, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte24 de maio de 1153 Editar o valor en Wikidata (68/69 anos)
Carlisle, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAbadia de Dunfermline (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Monarca de Escocia
23 de abril de 1124 – 24 de maio de 1153
← Alexandre I de EscociaMalcolm IV de Escocia → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa11 de xaneiro Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Dunkeld Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMaud de Northumbria (1113 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosMalcolm of Scotland, Henrique de Escocia, Claricia of Scotland, Hodierna of Scotland Editar o valor en Wikidata
PaisMalcolm III de Escocia Editar o valor en Wikidata  e Santa Margarida da Escócia Editar o valor en Wikidata
IrmánsEdite da Escócia
Mary of Scotland, Countess of Boulogne
Edgar de Escocia
Duncan II de Escocia
Etelredo da Escócia
Alexandre I de Escocia
Edmundo da Escócia Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dictionary of National Biography
The Nuttall Encyclopædia >>>:David I. Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Dunkeld-68
David I de Escocia

David I (Gaélico medieval: Dabíd mac Maíl Choluim; gaélico moderno: Daibhidh I mac Mhaoil Chaluim), nado en 1083 ou 1085 e finado o 24 de maio de 1153, foi rei de Escocia entre 1124 e1153.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

David era o fillo máis novo de Malcolm III (Máel Coluim mac Donnchada) e Margarida de Wessex, pasou a súa infancia en Escocia pero en 1093 tivo que se exiliar en Inglaterra logo da morte de seu pai e o ascenso ao trono do seu tío Donald III , estivo na corte do rei Henrique I de Inglaterra e quedou fortemente influenciado pola cultura anglonormanda. En 1113 casou con Maud de Northumbria, filla de Waltheof de Northumbria, conde saxón de Northumbria executado en 1076, e viúva de Simón I de Saint Lyz († 1111) conde de Northampton e de Huntingdon. Polo que David se converte en conde de Northampton e de Huntingdon polos dereitos da súa dona.

Cando o seu irmán e rei de Escocia, Alexandre I morreu en 1124, David ascendeu ao trono. En 1130 o seu exército fixo fronte a invasión de 5000 homes que o rei Óengus de Moray levantara contra David. En 1135 despois da morte do rei Henrique I de Inglaterra na guerra civil que seguiu tomou partido pola súa sobriña Matilde de Inglaterra contra Estevo de Inglaterra. En xaneiro de 1136 David cruzou a fronteira con Inglaterra conquistando Carlisle, Wark Tynedale, Alnwick, Norham e Newcastle en Durham atopouse cunha tropa importante de Estevo, no acordo ao que se chegou David conseguiu reter Carlisle (cunha gran parte de Cumberlandia). En 1138 volveu a invadir Inglaterra pero as tropas de Estevo vencérono na batalla do Estandarte (22 de agosto) aínda así David mantiña gran número de homes en Inglaterra, o cal levou á sinatura do segundo tratado de Durham polo que Estevo recoñecía ao fillo de David, Henrique de Escocia como conde de Northumbria

O seu reinado coñecido co nome de Revolucion Davidiana por algúns historiadores para mellor describir os cambios que tiveron lugar no Reino de Escocia durante o seu reinado: fundación de burgos, introdución dos ideais da reforma gregoriana, fundación de mosteiros, normandización do goberno escocés e a introdución do feudalismo a través de cabaleiros franceses e anglonormandos.