Década de 1760
Aparencia
Segundo milenio | |||||
Século XVIII | |||||
| |||||
|
1760
- Artigo principal: 1760.
- 3 de novembro - data aproximada da fundación de Abu Dhabi
1761
- Artigo principal: 1761.
- 16 de xaneiro - Os ingleses capturan Pondicherry, na India, dos franceses.
- O francés Claude Bourgelat (1712-1779) funda en Lión a primeira escola veterinaria do mundo. En 1765 funda a de Alfort, cerca de París [1].
1762
- Artigo principal: 1762.
- 4 de xaneiro, Inglaterra declara a guerra a España e Nápoles.
- 17 de xullo, Catarina II tórnase tsarina da Rusia despois do asasinato de Pedro III de Rusia.
Arte e cultura
- Marzo - Jean-Jacques Rousseau publica "O Contrato Social".
- Maio - Jean-Jacques Rousseau publica "Emilio ou Sobre a educación ".
- Jorge Juan deseña o barrio da Magdalena, no Ferrol, Galiza.
1763
- Artigo principal: 1763.
- 10 de febreiro - Tratado de París: o Canadá, os vales de Ohio e ao leste do Río Mississippi, a Florida e Tobago son cedidos ó Reino Unido.
- 15 de febreiro - O Tratado de Hubertusburg pon fin á Guerra dos Sete Anos entre Prusia e Austria.
- 23 de febreiro - Rebelión de escravos na colonia holandesa de Berbice.
- 28 de xuño - Terremoto en Komárom, Hungría.
- 31 de agosto - O Río de Xaneiro tornase capital do Brasil.
- Primeira publicación do Teorema de Bayes.
Arte e cultura
- Consagración da nova igrexa de Santiago en Pontedeume, mandada reformar polo bispo compostelán Bartolomé de Raxoi, e contruída polo mestre arquitecto Alberte Ricoy.
- Julián Sánchez Bort proxecta a igrexa neoclásica de San Xulián de Ferrol, hoxe catedral.
1764
- Artigo principal: 1764.
1765
- Artigo principal: 1765.
- 21 de xuño - A Illa de Man pasa ó control dos ingleses.
- O mecánico James Hargreaves (ca. 1710-1778) idea unha nova máquina de fiar, a spinning jenny, mais o fío obtido é fino e fráxil, polo que a miúdo racha durante a tecelaxe.
- 20 de xaneiro - Sesión inaugural na Coruña da Academia de Agricultura do Reino de Galicia, cuxo obxectivo era estimular o desenvolvemento agrícola do territorio.
1766
- Artigo principal: 1766.
- Descubrimento do Hidróxeno por Henry Cavendish.
1767
- Artigo principal: 1767.
1768
- Artigo principal: 1768.
- Xullo - Francia mércalle á República de Xénova os dereitos sobre Córsega, unha illa que a día de hoxe segue a manter notables aspiracións independentistas, pese ao marcado carácter centralista e unitario do estado francés.
1769
- Artigo principal: 1769.
- James Cook é o primeiro europeo en descubrir a costa leste de Nova Zelandia.
- A pataca chega a Galiza, procedente de América.
Arte e cultura
- Julián Sánchez Bort proxecta a nova fachada neoclásica da catedral de Lugo.
- ↑ "Bourgelat and Henry Bertin". World Veterinary Year (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2011. Consultado o 07 de febreiro de 2019.