iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Crimea
Crimea - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Crimea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCrimea
Автономна Республіка Крим (uk)
Qırım Muhtar Cumhuriyeti (crh) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoHimno de Crimea Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°N 30°L / 40, 30
Territorio reivindicado porRepública da Crimeia (pt) Traducir (2014–2014)
República da Crimeia (pt) Traducir (2014–) Editar o valor en Wikidata
EstadoUcraína Editar o valor en Wikidata
CapitalSimferópol Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.957.801 (2014) Editar o valor en Wikidata (75,07 hab./km²)
Lingua oficiallingua ucraína
lingua rusa
Lingua tártara de Crimea Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie26.081 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoRoman-Kosh (pt) Traducir (1.545 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación12 de febreiro de 1991 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porRepública da Crimeia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernoparliamentary system (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoSupreme Council of Crimea (en) Traducir , (Escano: 100) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico+380 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2UA-43 Editar o valor en Wikidata

Páxina webrada.crimea.ua Editar o valor en Wikidata

Crimea, que abrangue a República Autónoma de Crimea, (ucraíno: Автономна Республіка Крим - Avtonomna Respublika Krym, ruso: Автономная Республика Крым - Avtonomnaia Respublika Krym, tártaro de Crimea: Qırım Muhtar Cumhuriyeti) e a cidade de Sebastopol, é unha península e república autónoma situada na costa setentrional do Mar Negro que foi anexionada por Rusia no ano 2014.

Crimea estivo baixo o control ruso dende 1783 até 1954, cando foi transferida dentro Unión Soviética, dende a República Soviética Federativa Socialista de Rusia á República Socialista Soviética de Ucraína. Posteriormente, despois do referendo do 20 de xaneiro de 1991, conseguiu o status de república autónoma dentro da República Socialista Soviética de Ucraína. Cando a Unión Soviética colapsou en 1991 e Ucraína se converteu nun estado independente, Crimea permaneceu como parte da nova Ucraína independente. Porén, en marzo de 2014, despois da revolución ucraína que depuxo ó presidente ucraíno, Viktor Yanukovych, os separatistas pro-rusos e as Forzas Armadas de Rusia tomaron o control do territorio.[1] Celebrouse un controvertido referendo en Crimea, inconstitucional segundo as constitucións de Ucraína e Crimea,[2][3][4] sobre a reunificación con Rusia e cuxos resultados indicaron un apoio maioritario da poboación.[5][6] Crimea foi anexionada a Rusia como a República de Crimea e a cidade federal Sebastopol como suxeito federal de Rusia.[7]

Mentres que Rusia e outros dez membros das Nacións Unidas recoñecen a Crimea como parte da Federación Rusa, Ucraína continúa a reclamar Crimea como parte integral do seu territorio, apoiada pola maioría dos gobernos estranxeiros e a Resolución 68/262 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas.[8]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Os antigos gregos déronlle o nome de Tauris e máis tarde Taurica (Ταυρική) polos seus habitantes, os Tauri. O seu nome actual, Crimea, deriva do nome en tártaro de Crimea da cidade, actualmente denominada Stary Krym, de Qırım que era a capital de provincia na época da Horda de Ouro, ese nome, que estaba relacionado coa palabra tártara para outeiro, pasou a denominar a toda a península, que os rusos rusificaron como Krym .

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Mapa da península da Crimea
Foto Satélite da península da Crimea

Crimea fai fronteira coa rexión do Khersón ao norte, co mar Negro ao sur e ao oeste e co mar de Azov ao leste. Ten unha área de 26.000 km², cunha poboación de 2,1 millóns de habitantes (2000). A súa capital é Simferopol.

A Crimea conecta co resto de Ucraína polo istmo de Perekop, cun largo que varía de 5 a 7 km. No extremo oriental atópase a península de Kerch, que está directamente enfronte da península de Taman, en terras rusas. Entre as penínsulas de Kerch e Taman atópase o estreito de Kerch, con 4,5 a 15 km de largura, que liga o mar Negro co mar de Azov.

A costa de Crimea está repleta de baías e portos. Eses portos atópanse no lado occidental do Istmo de Perekop, na baía de Karkinit; no suroeste, na baía aberta de Kalamita, cos portos de Eupatoria, Sebastopol e Balaklava; na baía de Arabat, no lado norte do istmo de Yenikale ou Kerch; e na baía de Caffa ou Teodosia, co porto homónimo no lado sur.

A costa sueste é flanqueada a unha distancia de 8 a 12 km do mar por unha cadea de montañas, os Montes de Crimea, esas montañas son acompañadas por cadeas paralelas secundarias. O 75 % do resto da superficie da Crimea consiste de pradarías semiáridas, unha continuación sur das estepas pónticas, que se inclinan levemente para o nordeste a partir dos pés dos Montes de Crimea. A cadea principal desas montañas érguese abruptamente do fondo do mar Negro, alcanzando unha altitude de 600 a 750 metros, comezando no suroeste da península, chamado cabo Fiolente.

Idade Antiga

[editar | editar a fonte]

Os primeiros habitantes dos quen ten noticia real foron os cimerianos, que expulsados polos escitas durante o século VII a.C. chegaron ata aquí. Unha pequena poboación que se refuxiara nas montañas coñeceuse posteriormente como os Tauri. Neste mesmo século, os antigos colonos gregos comezaron a ocupar a costa, isto é, dorios de Heraclea en Chersonesus, e xonios de Mileto en Teodosia e Panticapaeum (tamén chamado Bósporo).

Dous séculos máis tarde, (438 a.C.) o archon, ou líder, dos xonios asumiu o título de rei do Bósporo, un Estado que mantivo relacións importantes con Atenas, fornecendo a aquela cidade trigo e outros produtos. O último destes reis, Paerisades V, presionado polos escitas, pediu protección a Mithradates VI, rei de Pontus, en 114 a.C.. Despois da morte do seu protector, seu fillo Pharnaces, como recompensa polo auxilio dado aos romanos na guerra contra o propio pai, recibiu en 63 a.C. de Pompeu o reino do Bósporo. En 15 a.C. foi máis unha vez devolvido ao rei de Pontus, mais de aí en diante acabou manténdose un territorio tributario de Roma.

Idades Media e Moderna

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Khanato de Crimea.

Durante os séculos seguintes a Crimea foi invadida, atravesada ou ocupada sucesivamente polos godos (ano 250), polos hunos (376), polos xázaros (século VIII), polos bizantinos gregos (1016), polos kipchaks (1050), e polos mongois e os tártaros, (século XIII).

No século XIII, os xenoveses destruíron ou tomaron as colonias que os seus rivais Venecianos fundaran na costa da Crimea e establecéronse en, Cembalo (Balaklava), Soldaia (Sudak), e Caffa (Teodosia). Esas prósperas cidades comerciais existiron ata a conquista da península polo Imperio Otomán no 1475.

En canto iso, un pobo turcófono coñecido como tártaros de Crimea fincaran pé no norte e no centro da península desde o século XIII. O pequeno enclave de karaites instalouse entre os tártaros da Crimea, principalmente en Çufut Qale. Despois da destrución da Horda Dourada por Timur, eles fundaron un da Crimea en 1427 con Haci I Giray, un decendente de Xenxis Khan. Os seus sucesores e el propio reinaron primeiramente en Solkhat (Eski Qırım) e, a partir do inicio do século XV, en Bakhchisaray. Despois do 1478, reinaron como príncipes tributarios do Imperio Otomán ata 1777, cando, derrotados polo xeneral ruso (futuro xeneralísimo) Alexander Suvorov, tornáranse dependentes da Rusia; finalmente, en 1783, toda a Crimea foi anexada ao Imperio Ruso.

Século XIX

[editar | editar a fonte]
Mapa histórico (1888)

Crimea converteuse en parte da provincia rusa de Taurida e foi campo de batalla durante a guerra de Crimea (1853–1856) entre Rusia por unha banda, e Francia, Gran Bretaña, o Imperio Otomán e Sardeña polo outro. Rusia e o Imperio Otomán entraron en guerra en outubro de 1853 pola cuestión da protección dos cristiáns ortodoxos en Terra Santa Rusia arrasou a frota otomá no porto de Sinop, no mar Negro; para parar a conquista rusa, Francia e Gran Bretaña entraron no conflito en marzo de 1854. Boa parte do conflito foi arredor do control do mar Negro, con batallas terrestres na península de Crimea. Os rusos resistiron un ano en Sebastopol mentres os aliados sitiábana. Despois da súa caía, chegouse a un acordo de paz en París en marzo de 1856 polo que o mar Negro había ser un mar neutral, sen que Rusia puidese ter navíos de guerra alí. A guerra devastou boa parte da economía e da infrastrutura da península.

Crimea na Unión Soviética

[editar | editar a fonte]

No decurso da guerra civil rusa que seguiu á desaparición do Imperio Ruso, Crimea cambiou de mans varias veces e foi un punto forte do exército branco antibolxevique, que realizou accións militares na zona ata 1920. Durante o conflito formouse durante breve tempo, entre decembro de 1917 e xaneiro de 1918, unha república indepedente presidida polo líder tártaro Noman Çelebicihan que desapareceu logo da invasión dos bolxeviques, que finalmente crearon o 18 de outubro de 1921, a República Socialista Soviética Autónoma de Crimea dentro da República Soviética Federativa Socialista de Rusia, parte da Unión Soviética. Crimea experimentou dúas severas fames no século XX, Fame de 1921–1922 e o Holodomor de 1932–1933.[9]

Crimea foi escenario dunha das máis sanguentas batallas da Gran Guerra Patriótica (segunda guerra mundial). Os invasores alemáns tiveron innúmeras perdas cando tentaron avanzar a través do istmo que liga Crimea con Ucraína, en Perekop, no verán de 1941, finalmente conseguiron atravesalo e os alemáns ocuparon a maior parte da Crimea, con excepción da cidade de Sebastopol (Cidade Heróica). Sebastopol resistiu heroicamente de outubro de 1941 ata o 4 de xullo de 1942, data na que os alemáns capturaron a cidade. As tropas soviéticas conseguiron liberar Sebastopol soamente en 1944.

En 1944 a poboación de etnia tártara de Crimea foi deportada a forza polo goberno soviético. Estímase que o 46% deses deportados morreron de fame e doenzas. En 1954, foi transferida por Nikita Khrushchev para a República Socialista Soviética de Ucraína como presente de conmemoración do 300° aniversario da unificación da Rusia e de Ucraína.

Nos anos da posguerra, Crimea converteuse nun destino turístico para os soviéticos e cidadáns de países aliados, construíndose toda unha serie de infraestruturas turísticas e de comunicacións, desenvolvéndose tamén a industria, especialmente nos portos de Kerch e Sebastopol e máis en Simferopol.

Logo dun referendo celebrado o 20 de xaneiro de 1991, o óblast de Crimea pasou a se converter nunha República Autónoma Socialista Soviética o 12 de febreiro dese ano[10]

Parte de Ucraína independente

[editar | editar a fonte]

Co colapso da Unión Soviética Crimea tornouse parte da independente Ucraína, unha situación que causou tensións entre Rusia e a Ucraína, e coa Frota do Mar Negro rusa con base na península, había preocupación por enfrontamentos armados. A fin da época soviética significou tamén a volta dos tártaros de Crimea do exilio e o seu reasentamento na península.

O 26 de febreiro de 1992, o parlamento de Crimea deulle o nome á entidade de República de Crimea e proclamou o autogoberno o 5 de maio de 1992[11][12] e aprobou a primeira Constitución de Crimea o mesmo día.[13] Ao día seguinte, o parlamento engadiu unha nova frase á constitución que declaraba que Crimea era parte de Ucraína.[13] e poucos días despois, o 19 de maio, anulaba a súa proclamación de autogoberno, ao tempo que o goberno ucraíno aumentaba o a autonomía de Crimea. En xuño o presidente ruso Boris Eltsin e o ucraíno Leonid Kravchuk chegaban a un acordo para dividir a Frota Soviética do Mar Negro entre Rusia e a recentemente formada Mariña de Ucraína.[14]

O 14 de outubro de 1993, o parlamento de Crimea establecía o posto de Presidente de Crimea, que ostentaba Iuri Meshkov e se chegaba a un acordo para establecer unha cota de 14 deputados tártaros de Crimea. Non obstante continuaron os enfrontamentos políticos, e o 17 de marzo de 1995 o parlamento de Ucraína interveu, destituíndo a Meshkov e liquidando o posto de Presidente polas súas accións contra o estado e por promover a integración con Rusia.[15] Estableceuse unha nova constitución, que mudou o nome do territorio a República Autónoma de Crimea.

Logo da ratificación en maio de 1997 do Tratado de Amizade e Cooperación entre Rusia e Ucraína as tensións entre os dous países por Crimea cesaron lentamente, Porén en setembro de 2008 o ministro de asuntos exteriores de Ucraína, Volodimir Ohrizko acusou a Rusia de darlle pasaporte dese país á poboación de Crimea o que describiu como un problema real, pola política rusa de intervención militar no exterior para protexer cidadáns rusos[16]

Crise de Crimea

[editar | editar a fonte]

Logo da caída do presidente ucraíno Viktor Yanukovich o 22 de febreiro de 2014, aumentou a tensión en Crimea e entre Rusia e Ucraína, o 26 de febreiro milleiros de persoas acudiron a unha manifestación prorusa e outra a favor das novas autoridades ucraínas en fronte do edificio do parlamento de Crimea en Simferopol, ao tempo que o presidente ruso Vladimir Putin puña 150 000 soldados en alerta ao longo da fronteira con Ucraína.[17]

O 28 de febreiro de 2014 milicias armadas prorrusas ocuparon postos clave, edificios, aeroportos e outros lugares en Crimea e víronse forzas armadas rusas con base en Sebastopol moverse ao longo da península[18] O goberno interino de Ucraína describiu os sucesos como unha invasión e ocupación de Crimea polas forzas rusas [19]. Non obstante o novo primeiro ministro de Crimea Sergei Aksionov que el aseguraba o control sobre as forzas de seguridade en Crimea e apelaba a Rusia por axuda para garantir a paz e a tranquilidade na península.[20] que se traduciu en que o senado ruso autorizaba o uso de tropas rusas en Crimea.

A partir de aí, e ante a reivindicación ucraína, ténese sucedido diversos pequenos enfrontamentos, como a abordaxe en novembro de 2018 de buques de guerra ucraínos que pretendían entrar no mar de Azov por Kerch.[21]

Goberno e política

[editar | editar a fonte]

Crimea é unha república autónoma dentro do estado unitario de Ucraína co representante presidencial actuando como o gobernador substituíndo o posto abolido de presidente. O corpo lexislativo é un parlamento de 100 membros, o Consello Supremo de Crimea.

O poder executivo teno o consello de ministros, dirixido por un primeiro ministro nomeado polo parlamento, co consentimento do Presidente de Ucraína.[22] A autoridade e competencias do Consello Supremo e o consello de ministros están determinados pola constitución e outras leis de Ucraína, así como polas decisións regulares dispostas polo Consello Supremo de Crimea. A xustiza adminístrana os tribunais que pertencen ao sistema xudicial de Ucraína.

Aínda que non é un suxeito oficial de Crimea, o Mejlis do Pobo Tártaro de Crimea é un corpo representativo dos tártaros de Crimea que pode facer peticións ao goberno ucraíno e ao de Crimea, así como a organismos internacionais[23]

Eleccións e partidos

[editar | editar a fonte]

Durante as eleccións presidencias de 2004, Crimea votou moi maioritariamente a Viktor Yanukovych. Nas eleccións parlamentarias de 2006 e 2007, o partido de Yanukovych, o Partido das Rexións gañou tamén a maioría dos votos na rexión, tal como fixo tamén nas eleccións parlamentarias de Crimea de 2010.[24]

Subdivisións administrativas

[editar | editar a fonte]

Crimea subdivídese en 25 áreas: 14 raions (distritos) e 11 cidades con concellos municipais. Sebastopol é unha cidade cun status especial, e aínda que dentro da península de Crimea, non pertence á República Autónoma de Crimea.

Subdivisións de Crimea

1. Raion de Bakhchisarai
2. Raion de Bilohirsk
3. Raion de Dzhankoi
4. Raion de Kirovske
5. Raion de Krasnohvardiiske
6. Raion de Krasnoperekopsk
7. Raion de Lenine
8. Raion de Nizhnyohirskii
9. Raion de Pervomaiske
10. Raion de Rozdolne
11. Raion de Saki
12. Raion de Simferopol
13. Raion de Sovetskii
14. Raion de Chornomorske

Cidades con concellos municipais

[editar | editar a fonte]
Simferopol
15. Concello de Alushta
16. Concello de Armiansk
17. Concello de Dzhankoi
18. Concello de Yevpatoria
19. Concello de Kerch
20. Concello de Krasnoperekopsk
21. Concello de Saki
22. Concello de Simferopol
23. Concello de Sudak
24. Concello de Feodosiia
25. Concello de Ialta

Composición étnica

[editar | editar a fonte]
Porcentaxe de rusos segundo o censo de 2001

Segundo o censo ucraíno de 2001 a poboación da República Autónoma de Crimea era na época de 2 033 700.[25] Os principais grupos étnicos de Crimea, na actualidade e historicamente, segundo os censos son:

Grupo
étnico
Censo de 1897 Censo de 1939 Censo de 1959 Censo de 1979 Censo de 1989 Censo de 2001
Número % Número % Número % Número % Número % Número %
Rusos 180 963 33,11% 49,6% 71,4% 68,4% 67,1% 1 180 441 58,.32%
Ucraínos 64 703 11,84% 13,7% 22,3% 25,6% 25,8% 492 ,227 24,.32%
Tártaros de Crimea 194 294 35,55% 19,4% 0% 0,7% 1,6% 243 ,433 12,.03%
Outros

Outras minorías, segundo o censo de 2001 son belarusos: 1,44%; tártaros: 0,54%; armenios: 0,43%; xudeus: 0,22%, polacos: 0,2%, moldovos: 0,2%, azarís: 0,2%, uzbekos: 0,15%, coreanos: 0,15% e gregos: 0,15%.[26]

Historicamente outras minorías foron importantes como os alemáns que eran 45 000 en 1941[27], pero hoxe apenas quedan 2500 que se autoidentifican como alemáns, ou os italianos concentrados en Kerch, constituían o 2% da poboación local, unhas 3000 persoas[28]. En 1944 deportáronse a Asia Central e Siberia 70 000 gregos e 14 000 búlgaros de Crimea[29] así como 200 000 tártaros de Crimea e doutras nacionalidades[30]

En Sebastopol os rusos son tamén a nacionalidade dominante[31] hai 270 000 rusos (71,6%), 84 400 ucraínos (22,4%), 5800 belarusos (1,6%), 5800 tártaros (0,7%), 2500 tártaros de Crimea (0,5%), 1300 armenios (0,3%), 1000 xudeus (0,3%)

Porcentaxe de falantes de tártaro de Crimea por concello segundo o censo de 2001

A lingua oficial da Crimea é o ucraíno. O ruso éo de facto, e o tártaro de Crimea tamén está recoñecido. Segundo o censo de 2001, o 77% dos habitantes de Crimea teñen o ruso como a súa lingua materna, o 11,4% o tártaro de Crimea e o 10,1% o ucraíno.[32]. A pesar de ser o ucraíno a única lingua oficial, os asuntos e documentos oficiais en Crimea desenvólvense sobre todo en ruso, con pouco éxito realizáronse intentos de aumentar o uso do ucraíno en educación e asuntos oficiais.[33]

Economía

[editar | editar a fonte]
Sebastopol é a cerna económico da península de Crimea.

A maioría das fábricas da república localízanse no norte, as principais cidades industriais son Dzhankoi, Krasnoperekopsk e Armiansk, as principais industrias son de conservas de alimentos, produtos químicos, enxeñería mecánica e de metal, e a produción de fuel. Existen 291 grandes empresas. A produción agrícola é principalmente de cereal e viño, particularmente nas rexións de Ialta e Massandra; tamén é importante a gandería[34], a produción de sal, pórfiro e calcaria.[35]

Praia en Koktebel

O desenvolvemento de Crimea como un destino turístico comezou na segunda metade do século XIX, o desenvolvemento das redes de transporte trouxeron unha importante cantidade de turistas desde as partes centrais de Rusia. Nos primeiros anos do século XX comezou un forte desenvolvemento de palacios, vilas e dachas, moitos deles conservados ata hoxe, e que se converteron nunha atracción máis para os turistas. Durante a época soviética converteuse nun destino saudable para os traballadores soviéticos, pola calidade do seu aire, e polos seus lagos e lama terapéutica. Coa caída da URSS pasou a ser un destino turístico convencional para ucraínos e rusos, principalmente o sur: Ialta e Alushta, o oeste: Eupatoria e Saki e o sueste: Feodosia e Sudak. A variedade de paisaxes, desde as montañas ás chairas e beleza das súas praias convérterono en destino internacional, e así a National Geographic, considerou a Crimea entre os 20 destinos en 2013.[36]

Transportes

[editar | editar a fonte]
Trolebús

Case cada asentamento en Crimea está conectado con outro por medio de liñas de autobús, e Crimea conta coa liña de trolebús máis longa do mundo[37], inaugurada en 1959, vai de Simferopol a Ialta, percorrendo 90 km. Tamén son importantes as liñas de ferrocarril, que conectan Crimea co resto de Ucraína, e as autoestradas, entre elas a E105/M18 que conecta Dzhankoy, Simferopol, Alushta e Ialta, a E97/M17 que conecta Perekop, Armiansk, Dzhankoi, Feodosiya e Kerch, a H05 entre Krasnoperekopsk e Simferopol, conecta tamén co Aeroporto Internacional de Simferopol International, a H06 que conecta Simferopol, Bakhchisarai e Sebastopol. Por medio de transbordadores tamén están conectadas as cidades de Feodosiya, Kerch, Sebastopol, Chornomorske e Ievpatoria.

O boxeador Oleksandr Usik

O deporte máis popular de Crimea, é o fútbol, e o equipo máis importante é o Tavriya Simferopol que gañou o primeiro título de liga de Ucraína independente. O FC Sebastopol, tamén compite na máis alta división ucraína. En ligas inferiores salientan o FC Feniks-Illichovets Kalinine, FC Krymteplitsia Molodizhne e o FC Titan Armiansk. Tamén é popular na península o bandy. Entre os atletas crimeanos máis coñecidos están Iana Klochkova, Galina Prozumenshchikova, Katerina Serebrianska, Ruslana Taran e Oleksandr Usik.

Medios de comunicación

[editar | editar a fonte]

A maioría dos medios de comunicación da península están en ruso. No ano 2006 apareceu a primeira canle de televisión en tártaro de Crimea.

  1. "Meeting of the Valdai International Discussion Club". Kremlin.ru. 24 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2015. I will be frank; we used our Armed Forces to block Ukrainian units stationed in Crimea 
  2. "КС признал неконституционным постановление крымского парламента о вхождении АРК в состав РФ и проведении референдума о статусе автономии" (en ruso). Interfax-Ukraine. 14 de marzo de 2014. 
    Embassy of Ukraine in the United States of America, ed. (15 de marzo de 2014). "Judgement of the Constitutional Court of Ukraine on all-Crimean referendum". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2019. Consultado o 14 de decembro de 2018. 
  3. Tokarev, Alexey (2014). "Электоральная история постсоветского Крыма: от УССР до России" (PDF). MGIMO Review of International Relations (en ruso) 5 (44): 32–41. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de xaneiro de 2016. Consultado o 14 de decembro de 2018. Спустя 22 года и 364 дня после первого в СССР референдума в автономной республике Украины Крым состоялся последний референдум. Проводился он вопреки украинскому законодательству, не предусматривающему понятия региональный референдум и предписывающему решать территориальные вопросы только на всеукраинском референдуме 
  4. Marxen, Christian (2014). "The Crimea Crisis – An International Law Perspective" (PDF). Zeitschrift für ausländisches öffentliches Recht und Völkerrecht (Heidelberg Journal of International Law) 74. Organizing and holding the referendum on Crimea's accession to Russia was illegal under the Ukrainian constitution. Article 2 of the constitution establishes that "Ukraine shall be a unitary state" and that the "territory of Ukraine within its present border is indivisible and inviolable". This is confirmed in regard to Crimea by Chapter X of the constitution, which provides for the autonomous status of Crimea. Article 134 sets forth that Crimea is an "inseparable constituent part of Ukraine". The autonomous status provides Crimea with a certain set of authorities and allows, inter alia, to hold referendums. These rights are, however, limited to local matters. The constitution makes clear that alterations to the territory of Ukraine require an all-Ukrainian referendum. 
  5. ITV, ed. (16 de marzo de 2014). "Crimea 'votes to rejoin Russia' after controversial poll". Consultado o 26 de novembro de 2017. 
  6. The Guardian, ed. (17 de marzo 2014). "Crimea applies to be part of Russian Federation after vote to leave Ukraine". 
  7. "Распоряжение Президента Российской Федерации от 17.03.2014 № 63-рп 'О подписании Договора между Российской Федерацией и Республикой Крым о принятии в Российскую Федерацию Республики Крым и образовании в составе Российской Федерации новых субъектов'". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2014. Consultado o 25 de xuño de 2016. 
  8. "Kremlin: Crimea and Sevastopol are now part of Russia, not Ukraine". CNN. 18 de marzo de 2014. 
  9. "Famine in Crimea". Iccrimea.org. Consultado o 28 de febreiro de 1914. 
  10. "Day in history - 20 January". RIA Novosti (en inglés). 8 de xaneiro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 6 de agosto de 2007. 
  11. Wolczuk, Kataryna (31 de agosto de 2004). Taylor & Francis Group, ed. "Catching up with 'Europe'? Constitutional Debates on the Territorial-Administrative Model in Independent Ukraine". Consultado o 16 de decembro de 2006. 
  12. Eastern Europe, Russia and Central Asia 2004, Routledge, 2003, ISBN 1-85743-187-1 (p. 540)
  13. 13,0 13,1 Russians in the Former Soviet Republics de Pål Kolstø, Indiana University Press, 1995, ISBN 0-253-32917-5 (p. 194)
  14. Ready To Cast Off Arquivado 25 de agosto de 2013 en Wayback Machine., TIME Magazine, 15 de xuño, 1992
  15. Lei 93/95 do 17 de marzo de 1995
  16. Cheney urges divided Ukraine to unite against Russia 'threat. Associated Press. 6 de setembro de 2008.
  17. Russia Herald (ed.). "Putin orders military exercise as protesters clash in Crimea". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2014. Consultado o 27 de febreiro de 2014. 
  18. UK Telegraph (ed.). "Ukraine crisis live: Russia admits its troops are moving in Crimea". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 28 de febreiro de 2014. 
  19. Reuters (ed.). "UPDATE 2-U.N. Security Council to hold emergency meeting on Ukraine crisis". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2014. Consultado o 28 de febreiro de 2014. 
  20. The Hindu, ed. (1 de marzo de, 2014). "Crimean PM claims control of forces, asks Putin for help". Consultado o 1 de marzo de 2014. 
  21. "« Rusia se afirma en el mar Negro » - Le Monde diplomatique en español". mondiplo.com (en castelán). Consultado o 2019-01-16. 
  22. Crimean parliament to decide on appointment of autonomous republic's premier on Tuesday Arquivado 06 de xuño de 2012 en Wayback Machine., Interfax Ukraine 7 de novembro de 2011
  23. Ziad, Waleed; Laryssa Chomiak (February 20, 2007). "A lesson in stifling violent extremism". CS Monitor. Consultado o March 26, 2007. 
  24. Local government elections in Ukraine: last stage in the Party of Regions’ takeover of power Arquivado 13 de agosto de 2011 en Wayback Machine., Centre for Eastern Studies 4 de outubro de 2010
  25. Censo de Ucraína de 2001 (ed.). "Regions of Ukraine / Autonomous Republic of Crimea". Consultado o 16 de decembro de 2006. 
  26. Censo de Ucraína de 2001 (ed.). "Results / General results of the census / National composition of population". Consultado o 16 de decembro, 2006. 
  27. "A People on the Move: Germans in Russia and in the Former Soviet Union: 1763 – 1997 Arquivado 08 de agosto de 2013 en Wayback Machine.". North Dakota State University Libraries.
  28. Lorenzo Bordoni, Stefano Vergine, La tragedia dimenticata degli italiani di Crimea - Come vivono i 300 tra deportati e loro discendenti, Corriere della Sera, 27 January 2012
  29. "The Persecution of Pontic Greeks in the Soviet Union" (PDF)
  30. "Crimean Tatars Divide Ukraine and Russia". The Jamestown Foundation. 24 de xuño de 2009.
  31. Censo de Ucraína de 2001,
  32. Censo de Ucraína de 2001 (ed.). "Results / General results of the census / Linguistic composition of the population / Autonomous Republic of Crimea". Consultado o 16 de decembro de 2006. 
  33. Bondaruk, Halyna (3 de marzo de 1997). Ukrayinska Pravda, ed. "Yushchenko Appeals to Crimean Authority Not to Speculate on Language". Arquivado dende o orixinal o 14/09/2007. Consultado o 25 de marzo de 2007. 
  34. Cabinet of Ministers of Ukraine (ed.). "Autonomous Republic of Crimea – Information card". Consultado o 22 de febreiro de 2007. 
  35. Bealby, John T. (1911). Cambridge University Press, ed. Encyclopædia Britannica Eleventh Edition. p. 449. 
  36. Best Trips 2013 Crimea Arquivado 30 de novembro de 2012 en Wayback Machine., National Geographic Society
  37. Murray, Alan (2000). World Trolleybus Encyclopaedia. p. 41. Yateley, Hampshire, UK: Trolleybooks. ISBN 0-904235-18-1.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]