Corredoira, Cerdedo-Cotobade
Corredoira | |
---|---|
Foxo do Lobo. | |
Concello | Cerdedo-Cotobade[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°29′49″N 8°26′29″O / 42.49694444, -8.44138889 |
Área | 6,8 km² |
Poboación | 108 hab. (2019) |
Densidade | 15,88 hab./km² |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Gregorio de Corredoira é unha parroquia do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE[2], en 2015 tiña 127 habitantes (64 homes e 63 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación co ano 2005 cando tiña 166 habitantes.
Topónimo
[editar | editar a fonte]O topónimo Corredoira fai referencia a un camiño para carros.[3]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Na parroquia está o Foxo do Lobo, os restos dun foxo de lobo feito para acantoar os lobos. Tamén se atopa nesta parroquia a carballeira de Don Elías, ó pé do monte Coirego. Desde este cumio, a 774 metros de altitude, vense as rías de Vigo, Pontevedra e Arousa.
Festas
[editar | editar a fonte]A mediados de xuño ten lugar a festa do requeixo.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Ponte Serrapio, sobre o río Almofrei.
-
Igrexa de San Gregorio.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Corredoira
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Corredoira, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade | |
---|---|
A Anta | O Carballal | O Casal | O Lombiño | O Lombo | O Meixoeiro | O Outeiro | A Pedra Picada | As Pozas | A Redonda | O Val |
Parroquias de Cerdedo-Cotobade
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 23 de abril de 2021.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para corredoira.