iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Comarca_de_Ordes
Comarca de Ordes - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Comarca de Ordes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaComarca de Ordes
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°03′N 8°24′O / 43.05, -8.4
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
CapitalOrdes Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación36.136 (2022) Editar o valor en Wikidata (47,82 hab./km²)
Xeografía
Superficie755,71 km² Editar o valor en Wikidata

A comarca de Ordes é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Ordes. A esta comarca pertencen os concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A comarca limita ao leste coas comarcas de Betanzos (concellos de Curtis e Vilasantar) e Arzúa (concello de Boimorto), ao sur coa comarca de Arzúa (concello de Arzúa e de O Pino) e Santiago (concello de Santiago de Compostela), ao oeste coa comarca de Santiago (Val do Dubra), Xallas (concello de Santa Comba) e Bergantiños (concello de Coristanco), e ao norte con Bergantiños (concellos de Carballo e A Laracha), coa comarca de A Coruña (concellos de Culleredo, Carral e Abegondo) e coa de Betanzos (concello de Oza-Cesuras)[1]. A comarca ten unha superficie de 755,71 km2.[2]

Practicamente a totalidade da comarca pertence á conca do río Tambre, que conforma o límite meridional da comarca, sendo os ríos Lengüelle, Samo e Maruzo os principais afluentes do Tambre que percorren a comarca de Ordes de norte a sur. Ademais, os territorios situados ao oeste da comarca (parroquias occidentais de Tordoia) pertencen ás concas do Xallas e Anllóns, mentres que o norte dos concellos de Cerceda, Ordes e Mesía verten as súas augas aos ríos Barcés e Mero, que forman a ría da Coruña. As principais masas de auga da comarca son os encoros de Vilasenín e Vilagudín, que achegaban auga ao sistema de refrixeración da central térmica de Meirama, e o lago artificial de As Encrobas, que se formou ao encher con auga a antiga mina de lignito de Meirama[3][4].

A máxima altura da comarca localízase no monte Cerdeira (595 m), en terras do concello de Cerceda.

O clima desta comarca é de temperaturas suaves e con abundantes precipitacións.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Padrón municipal 2020 36.237 habitantes[2]
Menores de 15 anos 4.426 (12,21 %)
Entre 16 e 64 anos 22.113 (61,02 %)
Maiores de 65 anos 9.698 (26,76 %)
Concello N.º de

parroquias

Habitantes[5]
1981 1986 1991 1996 2001 2006 2011 2016 2020 2022
Cerceda 6 7.201 7.440 7.015 5.654 5.503 5.483 5.392 5.031 5.008 5.019
Frades 12 3.655 3.609 3.333 3.179 3.055 2.841 2.607 2.428 2.302 2.273
Mesía 12 4.410 4.252 3.684 3.521 3.356 3.102 2.922 2.700 2.497 2.457
Ordes 13 11.076 11.842 11.704 11.893 11.938 12.294 12.948 12.669 12.625 12.589
Oroso 11 3.657 4.056 3.779 4.537 5.512 6.526 7.174 7.420 7.533 7.572
Tordoia 10 6.220 6.096 5.847 5.334 5.029 4.548 4.168 3.522 3.259 3.192
Trazo 11 5.005 5.021 4.282 3.956 3.800 3.557 3.472 3.190 3.013 3.034
Total 75 41.224 42.316 39.644 38.074 38.193 38.351 38.683 36.960 36.237 36.136

O principal núcleo de poboación da comarca é a vila de Ordes, anda que tamén Sigüeiro, capital do concello de Oroso, supón un importante núcleo de poboacíon no sur da comarca, que fai as veces de cidade dormitorio de Santiago de Compostela. Outros núcleos de poboación que aglutinan algúns servizos locais son Xanceda (Mesía), Ponte Carreira (Frades), Viaño Pequeno e A Brea (Trazo), Pontepedra (Tordoia), A Silva e Cerceda (Cerceda) e Mesón do Vento (Ordes)[Cómpre referencia].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Ordes
  1. "Reestructuración administrativa de la comarca de Ordes" (PDF). Consultado o 14-03-2021. 
  2. 2,0 2,1 "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2021. Consultado o 2021-03-07. 
  3. "Embalses de Vilagudín e Vilasenín - GALICIA". www.turismo.gal. Consultado o 2021-03-12. 
  4. "El lago de As Encrobas ya rebosa vida". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-04-10. Consultado o 2021-03-12. 
  5. "Series históricas de poboación. Poboación para Galicia, provincias, comarcas e concellos". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2021. Consultado o 2021-03-07. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.