Ciaxares
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VII a. C. Ecbatana, Irán |
Morte | 584 a.C. |
Rei | |
Datos persoais | |
Outros nomes | Uvarkhshattra |
Actividade | |
Ocupación | Rei dos medos |
Outro | |
Título | Rei dos medos (625 a. C.–585 a. C.) Rei dos medos |
Fillos | Amitis da Média, Astiaxes |
Pai | Fraortes, rei medo |
Descrito pola fonte | Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Ciaxares, tamén coñecido como Uvarkhshattra, foi o gran reformador e centralizador do poder medo, que aos poucos medrara ao leste do Imperio Asirio.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Rexeitou as invasións escitas, en alianza co novo monarca de Babilonia, Nabopolasar, e ambos emprenderon unha dura campaña contra o Imperio Asirio, que foi destruído rapidamente trala conquista da súa capital, Nínive no -612.
A partir dese momento, Ciaxares consolidou o Imperio Medo como a nova potencia emerxente do Oriente Próximo, reformando o exército medo segundo o modelo asirio e babilónico, e reforzando a administración e o protocolo da corte de Ecbatana, a capital do reino medo. Casou á súa filla con Nabucodonosor II, para quen este último construíu os famosos Xardíns Colgantes, e emprendeu unha actividade expansiva cara Anatolia, chocando co reino de Lidia, co que mantivo unha guerra con moitas alternativas e que finalizou nunha paz trala batalla do eclipse de -585.
Pouco despois morreu, deixando un reino solidamente estruturado ao seu fillo Astiaxes, quen foi o último rei da súa estirpe por liña directa paterna. Un neto de Astiaxes, Ciro II o Grande, revolucionou o mundo político de Oriente Medio e Próximo, ao se sublevar contra o seu avó e fundar o Imperio Persa aqueménida.
Reino Medo | ||
---|---|---|
Segue a: Fraortes |
Ciaxares | Precede a: Astiaxes |