Chirla
Chirla | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cuncha de chirla (do Mar Negro) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Chamelea gallina (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
A chirla (Chamelea gallina, Linnaeus 1767; antes Venus gallina) é unha especie de molusco bivalvo mariño, pertencente á familia dos Venéridos (Veneridae), da orde Veneroida.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Trátase dunha ameixa de pequeno tamaño (aínda que pode chegar a medir 4-4,5 cm), de cuncha sólida, equivalva, co umbo desviado cara a parte posterior e un perfil basicamente triangular. Presenta numerosas estrías finas concéntricas. Ten tres dentes cardinais en cada valva e ningún dente lateral. O bordo interior da cuncha é dentado.
A cor é castaña clara, amarelenta ou abrancazada, normalmente con bandas radiais anchas e máis escuras.
Hábitat e bioloxía
[editar | editar a fonte]Está presente na costa europea do Atlántico, desde Noruega ata as Canarias e Madeira, pero é máis frecuente no Mediterráneo. Vive na franxa infralitoral, ata profundidades de 50 metros.
Importancia pesqueira e comercial
[editar | editar a fonte]En Galicia non é obxecto de pesca pero na costa do Mediterráneo é máis estimada, para sopas e arroces.
Co nome de chirla desígnanse tamén outros moluscos de pequeno tamaño, e aplícase localmente á Gaivota chorona cando é nova (en Cangas, segundo Aníbal Otero) ou á lagosta común pequena (en Bares, concello de Mañón).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chirla |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.
- RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.
- SANTAMARINA, Antón (ed. e dir.): Diccionario de diccionarios. Fundación Pedro Barrié de la Maza, Instituto da Lingua Galega, 3ª ed. 2003.