iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Chacachacare
Chacachacare - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Chacachacare

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaChacachacare
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte delist of islands of Trinidad and Tobago (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaAntillas Menores Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaTrinidad e Tobago Editar o valor en Wikidata
Mapa
 10°41′N 61°45′O / 10.68, -61.75
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións3 (ancho) × 16 (lonxitude) km
Superficie3,6 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación1897 Editar o valor en Wikidata

Chacachacare é unha illa da República de Trinidad e Tobago situada no mar Caribe que pertence ao conxunto de illas denominadas "Illas Bocas" sendo a máis occidental destas e situada nas Bocas do Dragón, entre Trinidad e Venezuela, nas proximidades de Venezuela. A veciña illa de Patos, foi parte de Trinidad e Tobago ata 1942, cando foi cedida a Venezuela.[1]

A illa ten unha superficie de 3´642 km². Permanece deshabitada, e moitos trinitarios visítana en tempada de vacacións.

Barrio abandonado de Nun, Chacachacare

Orixinalmente foi chamada "El Caracol" por Cristovo Colón pola súa particular forma, descubriuna este navegante ao servizo de España en 1498.

Foi cedida xunto con Trindad aos Británicos en 1797. En 1813 o revolucionario venezolano Santiago Mariño usou a illa como base de operacións para invadir Venezuela.

En varios momentos da súa historia Chacachacare serviu como plantación de algodón, base para a pesca de baleas e leprosaría.

En 1942 durante a segunda guerra mundial ao redor de 1.000 Marines da Forzas Armadas de Estados Unidos estacionáronse na illa e construíron barracas e instalacións.

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2022. Consultado o 07 de setembro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]