Carlo Maria Cipolla
Nome orixinal | (it) Carlo M. Cipolla |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (it) Carlo Cipolla 15 de agosto de 1922 Pavia, Italia |
Morte | 5 de setembro de 2000 (78 anos) Pavia, Italia |
Educación | Universidade de Pavia Facultade de Artes de París Universidade de Catânia (pt) Universidade de París |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia económica |
Lugar de traballo | Pisa Venecia Turín Catania Pavia Florencia Berkeley |
Ocupación | Historiador da economía, economista, escritor de non ficción, profesor universitario, historiador |
Empregador | Universidade de California, Berkeley Universidade de Turín Universidade de Pavia Universidade Ca' Foscari de Venecia Universidade de Catânia (pt) Escola Normal Superior de Pisa (pt) |
Membro de | |
Pseudónimo literario | Carlo M. Cipolla |
Premios | |
| |
Carlo Maria Cipolla, nado o 15 de agosto de 1922 en Pavia e finado o 5 de setembro de 2000 na mesma cidade, foi un historiador económico italiano. A pesar dos seus importantes traballos sobre mudanzas económicas ao longo da historia, é moi coñecido por un humorístico tratado sobre da estupidez. Escribiu os seus libros tanto en italiano como en inglés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na súa mocidade, Cipolla quería ser profesor de historia e filosofía, e debido a iso ingresou á facultade de ciencia política da Universidade de Pavia. Mentres estudaba aí, grazas ao profesor Franco Borlandi, un especialista en historia económica medieval, descubriu a súa paixón pola historia da economía. Licenciouse en Pavia en 1944, cunha tese sobre a historia das explotacións agrarias no val do Po e logo ampliou os seus estudos na na Universidade de París para licenciarse máis tarde na London School of Economics, en 1948.
Obtivo o seu primeiro posto de profesor de historia económica en Catania á idade de 27 anos, co que iniciou unha longa carreira académica en Italia (Venecia, Turín, Pavia, Pisa e Fiesole) e no estranxeiro. En 1953 Cipolla viaxou aos Estados Unidos polo Programa Fulbright e en 1957 converteuse en profesor visitante na Universidade de California en Berkeley, da que dous anos máis tarde pasou a ser catedrático. Cipolla foi recibido como membro en varias academias prestixiosas e en 1995 recibiu o premio Balzan. Faleceu de párkinson.
Campos de estudo
[editar | editar a fonte]Traballou en moi diversos campos de historia económica, e particularmente sobre a historia da moeda en Italia e en Europa en xeral, os crecementos e minguas da poboación europea ou as máquinas de guerra.
Particularmente é coñecido pola súa publicación humorística sobre a estupidez humana, recollida no libro Allegro ma non troppo, de 1988.
Obras
[editar | editar a fonte]- Studi di storia della moneta : i movimenti dei cambi in Italia dal secolo XIII al XV (1948)
- Verso il Far West : le esplorazioni dell'occidente nord-americano e la ricerca dei passaggi verso il Pacifico (1952)
- Mouvements monetaires dans l'Etat de Milan : 1580 - 1700(1952)
- Money, Prices and Civilization (1956)
- Moneta e civiltà mediterranea (1957)
- L'avventura della lira (1958)
- Storia dell'economia italiana: Saggi dei storia economica (1959)
- The Economic History of World Population (1962)
- Sans Mahomet, Charlemagne est inconcevable (1962)
- Guns and Sails in the Early Phase of European Expansion 1400-1700 (1965)
- Literary and Development in the West (1969)
- The economic decline of empires (1970)
- European culture and overseas expansion (1970)
- Economic History of Europe (1973)
- Storia economica dell'europa pre-industriale (1974)
- Clocks and culture, 1300-1700 (1978)
- The technology of man: A visual history (1980)
- Fighting the Infeste in Seventeenth Century Italy (1981)
- The Monetary Policy of Fourteenth Century Florence (1982)
- Allegro ma non troppo (1988)
- Le tre rivoluzioni e altri saggi di storia economica e sociale (1988)
- Tra due culture. Introduzione alla storia economica (1988)
- Tecnica, società e cultura. Alle origini della supremazia tecnologica dell'Europa ( XIV-XVII secolo ), Il Mulino, Bologna, 1989
- Miasmi e umori (1989)
- Il governo della moneta a Firenze e a Milano nei secoli XIV-XVI (1990)
- Il burocrate e il marinaio. La sanità toscana e le tribolazioni degli inglesi a Livorno nel XVII secolo (1992)
- Before the Industrial Revolution: European Society and Economy, 1000-1700 (1994)
- Tre storie extra vaganti, Il Mulino, Bologna, 2003, ISBN 88-15-09585-3 (ed. or. 1994)
- Conquistadores, pirati, mercatanti. La saga dell'argento spagnuolo (1996)
- Il linguaggio degli occhi. Racconto storico (1997)
- Escritores en lingua italiana
- Escritores de Italia
- Historiadores económicos
- Nados en Pavia
- Nados en 1922
- Finados en 2000
- Alumnos da Universidade de Pavia
- Historiadores de Italia
- Numismáticos de Italia
- Profesores da Universidade de París-Sorbona
- Profesores da Universidade de California, Berkeley
- Profesores da London School of Economics