Capoeira
A capoeira é unha expresión cultural afrobrasileira orixinada no Brasil, que engloba diversas facetas. A máis coñecida é a da arte marcial ou loita, aínda que o resto son igual de importantes: a vertente musical, de expresión corporal, a faceta oral e lingüística, e a faceta tradicional. A capoeira é unha forma de expresarse.
Orixe etimolóxica
[editar | editar a fonte]Existen varias teorías en relación á orixe da palabra capoeira. Unha delas ven establecida pola lingua guaraní, onde caápuêra (caá = campo, matogueira; puêra = que xa foi) dá lugar a capuíra, capoêra e capoeira. Segundo algúns estudosos, a palabra capoeira designaría un tipo especial de gaiolas, usadas no transporte de aves (capóns), que eran conducidas por escravos ós mercados. O termo estenderíase das gaiolas ós escravos. Segundo os defensores desta hipótese, mentres agardaban a chegada dos comerciantes, os escravos divertíanse na práctica da súa arte-loita, pasando tamén a denominarse igualmente baixo ese termo (capoeira). Tamén denominaba así ó lugar despexado dun bosque onde se practicaba este deporte.[1]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Roda de Capoeira
-
Roda de Capoeira
-
"Xogar Capoeira" ou Danse de la Guerre, de Johann Moritz Rugendas, 1835
-
Pintura de Augustus Earle que representa un xogo ilegal de capoeira en Río de Xaneiro
-
Roda de capoeira, Escola União Oficina de Artes Itaparica
-
Tocando nunha capoeira angolana
-
Roda de Capoeira
-
Capoeira. Usina do Gasômetro, Porto Alegre
-
Loitadores de capoeira fan unha demonstración para turistas. Porto Seguro, Bahia
-
Capoeira na rúa. Macaúbas, Bahia
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A Arte da Capoeira Arquivado 22 de maio de 2014 en Wayback Machine. (en portugués)