iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Caldas_de_Reis
Caldas de Reis - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Caldas de Reis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCaldas de Reis
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°36′10″N 8°38′18″O / 42.60278, -8.63833
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalCaldas de Reis Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación9.620 (2023) Editar o valor en Wikidata (141,14 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie68,16 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude24 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJuan Manuel Rey Rey Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Caldas de Reis Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal36650 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE36005 Editar o valor en Wikidata

Sitio webcaldasdereis.com Editar o valor en Wikidata

Caldas de Reis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE no ano 2015 tiña 9.834 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é caldense.[1][2]

Localización

[editar | editar a fonte]

Limita cos concellos de Vilagarcía de Arousa, Catoira, Valga, Cuntis, Moraña, Portas e Vilanova de Arousa.

Está situado na depresión que cruza Galiza de norte a sur desde Santiago de Compostela até Tui, a 21 km de Pontevedra. Trátase dun concello densamente poboado que constitúe un dos centros comarcais de máis tradición e cuxa influencia se estende até Pontecesures, Cuntis e Campo Lameiro.

É cabeceira de Partido Xudicial desde 1988 (antes pertencía a Pontevedra). Pertence ao arciprestado de Moraña e á diocese de Santiago.

Poboación

[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa describe o crecemento de poboación en Caldas de Reis:

Censo total 9.834 (2015)
Menores de 15 anos 1.340 (13.63 %)
Entre 15 e 64 anos 6.381 (64.89 %)
Maiores de 65 anos 2.113 (21.47 %)
Parroquias e lindes
Evolución da poboación de Caldas de Reis   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
7.505 8.319 9.376 8.702 9.522 10.036 10.060
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Orografía e climatoloxía

[editar | editar a fonte]

O río Umia percórreo de norte a sur. Predominan os terreos de pendente escasa, a excepción dunha franxa de montañas no leste e o monte Xiabre (647 m), o que, en combinación coas elevadas precipitacións, ocasiona inundacións con certa frecuencia. A temperatura oscila entre os 12 °C e os 14 °C con máximas en xullo (20 °C) e mínimas en xaneiro (7 °C).

Torre de Dona Urraca e vella ponte sobre o río Bermaña, por Ramón Gil Rey, 1842.

Os primeiros poboadores coñecidos foron os cilenos. Os romanos establecéronse atraídos polas fontes termais (de onde procede o nome da vila: Aquae Celenae. A vila aparece no itinerario de Antonino, dentro da vía XIX, que unía Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga).

Caldas foi sede episcopal até 569, ano en que esta pasou a Iria. Durante este tempo viuse axitada polo priscilianismo e foi sede dun concilio de bispos galegos.

Caldas denomínase "de Reis" porque acolleu a Afonso VII (fillo de dona Urraca e de Raimundo de Borgoña, conde de Galiza).[Cómpre referencia] O castelo que a raíña tiña foi derrubado para, coas súas pedras, construír a igrexa de San Tomé. Esta igrexa disque se dedicou a San Tomé de Canterbury, que pasou pola vila facendo o Camiño de Santiago, que transcorre por ela desde Portugal.

Caldas de Reis foi declarada vila de reguengo por Filipe II.

Tesouro de Caldas.

Patrimonio histórico-artístico

[editar | editar a fonte]

O principal achado arqueolóxico no concello de Caldas está representado polo tesouro de Caldas, valiosísimo conxunto de pezas datadas entre o 1500 e 1600 a.C. e descubertas casualmente en 1940. Suponse que o tesouro estaba formado por un total de 25 kg de ouro, dos que só se conservan 14,9 kg, no Museo de Pontevedra, formado por un peite, tres vasos, 31 lingotes (28 curvos e 3 barras) e 6 anacos dunha lámina de tiras, todo o cal constitúe a maior acumulación de ouro de toda a Prehistoria europea. No Auditorio de Caldas de Reis consérvase unha reprodución.[3]

Ponte de Bermaña.

Hai varios castros (Santa María, Bemil, Follente, Outeiro e Castelo), pazos (O Monte, Casalnovo) e casas grandes (Santa María de Caldas, Santa María de Bemil, Santo Andrés de Cesar, Santo Estevo de Saiar).

A ponte de Bermaña, no centro da capital municipal, é de orixe romana (62 a. C. - 409 d. C.) e reformada en época de medieval (século XVI). Está formada por tres arcos de medio punto, con dobre pendente, e posúe catro apartadoiros, nun dos cales levantouse posteriormente un cruceiro. Outras pontes medievais son as de Castaños e de Segade.

Economía

[editar | editar a fonte]

O concello mantén relacións económicas importantes coa ría de Arousa e Pontevedra e ten un crecemento demográfico positivo. Predominan as actividades agrarias, se ben o sector secundario ocupa á metade da poboación entre a industria (química básica, leite (CLESA), alimentación (CLAVO), metalurxia, moble etc.) e a construción. As augas termais atraen a bastantes turistas.

Gastronomía

[editar | editar a fonte]

Na gastronomía destacan as empanadas de lamprea e o pan. No municipio é moi popular un tipo de pan de trigo coñecido coma pan de manteiga porque se usa na súa preparación manteiga de vaca. O pan é de miolo moi compacto sen apenas buratos, codia suave e branda, e o sabor moi lixeiramente graxo. Cócese en forma de pezas dun quilo ou en pezas pequenas (moletes e cornechos). Tamén é peculiar o roscón, típico da Semana Santa, que ten unha curiosa forma antropomorfa.

[editar | editar a fonte]
  • Saariño ten a sona/ de viños e de augardentes/ 'y de las muchachas guapas/ y de los hombres valientes' [4].
  • Viva Saar, Saariño,/ viva Saar anque morra,/ que Saar é boa terra/ eu quero que corra a sona [5].
  • Vexo Caldas, vexo Vigo,/ tamén vexo Pontevedra,/ vexo a ponte de Sampaio/ camiño da miña terra [6].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Caldas de Reis

Arcos da Condesa (Santa Mariña) | Bemil (Santa María) | Caldas de Reis (San Tomé e Santa María) | Caldas de Reis (Santa María) | Carracedo (Santa Mariña) | Godos (Santa María) | Saiar (Santo Estevo) | San Clemente de Cesar (San Clemente) | Santo André de Cesar (Santo André)

Lugares de Caldas de Reis

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Caldas de Reis vexa: Lugares de Caldas de Reis.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caldense.
  2. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 43. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  3. Museo de Pontevedra Arquivado 20 de xuño de 2012 en Wayback Machine..
  4. Refírese a Saiar, unha parroquia de Caldas. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 172.
  5. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 203.
  6. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 201. No texto: San Paio.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]