iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Caló
Lingua caló - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Lingua caló

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Caló»)
Caló
Falado en: España, Portugal, sur de Francia e América Latina
Total de falantes: 400 000 no Brasil
40 000 en España (1980)
Familia: Linguas Crioulas
 Crioulo de base romaní e romance
  Caló
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: rmq
Mapa
Status

A lingua caló[1][2] é unha lingua variante do romaní, onde se encadra dentro do grupo setentrional, subgrupo ibérico/occidental, utilizada polo pobo xitano, fundamentalmente en España, que non ten unha distribución territorial fixa. Fálao unha poboación estimada de entre 65 000 e 170 000 persoas en España, Francia, Portugal e o Brasil; aínda que tamén se fala en moitos outros países. Posúe unha marcada influencia das linguas romances coas que convive, fundamentalmente do castelán e, en moita menor medida, do éuscaro, que non é lingua romance. Ten varios dialectos: caló español, caló catalán, caló occitano (extinto), caló vasco ou erromintxela, caló portugués, caló angolano e caló brasileiro.

Non se atopa protexida por España na Carta Europea das Linguas Minoritarias ou Rexionais porque non a nomean as comunidades autónomas para a súa protección, xa que España considerou na firma do tratado como linguas minoritarias só as que as autonomías sinalasen nos seus Estatutos de Autonomía. En ningunha das comunidades autónomas se nomea esta lingua non territorial.[3] Tampouco foi considerada para a súa protección nin por Francia nin por Portugal, que non ratificaron a protección de ningunha lingua que non sexa a oficial de cada Estado. En todo caso, como o resto do romaní, é unha lingua minorizada polos idiomas dominantes.

Orixinouse pola substitución lingüística da lingua orixinal xitana, o romaní, polas linguas romances da súa contorna, fundamentalmente o castelán. As linguas dominantes da súa contorna considerárono como unha xerga de ocultación da comunidade étnica. As medidas de protección son escasas e non está considerada lingua minoritaria polos Estados onde se fala (noutros Estados si consideran o romaní lingua minoritaria a protexer).

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caló.
  2. "Caló". Digalego.xunta.gal. Consultado o 9 de agosto de 2019. 
  3. España declara que, aos efectos previstos nos citados artigos, enténdense por linguas rexionais ou minoritarias, as linguas recoñecidas como oficiais nos Estatutos de Autonomía das Comunidades Autónomas do País Vasco, Cataluña, Illes Balears, Galicia, Valenciana e Navarra. Así mesmo, España declara, aos mesmos efectos, que tamén se entenden por linguas rexionais ou minoritarias as que os Estatutos de Autonomía protexen e amparan nos territorios onde tradicionalmente fálanse.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]