CB Prat
C.B. Prat | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Club Bàsquet Prat |
Liga | LEB Prata |
Fundación | 1951 |
Cores | Branco, azul |
Presidente | Arseni Conde |
Adestrador | Josep Maria Berrocal |
Vestimenta | Wibo |
Localización | |
Cidade | El Prat, España |
Pavillón | Joan Busquets |
Capacidade | 500 |
Campionatos | |
Copa LEB Prata | 1 (2014) |
cbprat.cat |
O Club Bàsquet Prat é un club de baloncesto español con sede na cidade de El Prat de Llobregat, Cataluña. Forma parte da Federación Catalana de Baloncesto e da Federación Española de Baloncesto. Desenvolve a súa actividade nas instalacións municipais do Complexo Poliesportivo Estruch, onde se atopa o Pavillón Joan Busquets e nas instalacións do Fondo d'en Peixo onde se atopa a cancha de baloncesto Xavier Marcilla. Desde 2018 xestiona unha Escola de Baloncesto. O primeiro equipo actualmente compite na Liga LEB Prata.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundado en 1951, o Club Bàsquet Prat naceu como unha división da sección de baloncesto da Juventud Asociación de Padres de Familia Prat (JAPF Prat), a cal existía desde 1943. Na temporada 1953−54 comezou participación en categorías rexionais catalás, conseguindo en 1961−62 o ascenso á segunda división estatal. Na segunda categoría xogou por tres tempadas, en todas tendo que xogar o playoff pola permanencia. Entre finais dos anos 1960 e 1976 xogou na terceira división para, posteriormente, descender a categorías rexionais.
No ano 1984 o club crea unha sección feminina. En 1988 e deixa as instalación de Fons d'en Peixo para trasladarse ao pavillón deportivo Estruch. En 1992, o club asumiu a dirección da Escola Municipal de Baloncesto. Tres anos despois, en 1995, o club fusionouse coa sección de baloncesto da Associació Esportiva Prat. Na temporada 1998−99 o club regresa a categorías estatais co ascensos á Liga EBA, chegando a xogar os playoff de ascenso para a Liga LEB en 2002 e 2003.
En 2005 o club pasa a vincularse ao Club Joventut de Badalona da Liga ACB, momento no que o equipo consegue ascender á LEB Prata, terceira categoría do baloncesto español. Após varios anos, o 25 de maio de 2014 o club consegue pro vez primeira na súa historia o ascenso á Liga LEB Ouro, chegando a disputar na temporada 2017−18 as semifinais do playoff de ascenso á Liga ACB, onde foron eliminados no quinto e definitivo xogo polo Melilla Baloncesto. Con todo, na seguinte temporada o club ocupa o posto 17 da clasificación e descende, despois de cinco temporadas, á LEB Prata.