Burgelu
Elburgo (es) Burgu (eu) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | País Vasco | ||||
Provincia | Áraba | ||||
Cuadrillas | Cuadrilla de Salvatierra | ||||
Capital | Elburgo-Burgelu (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 638 (2023) (19,94 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá (lingua predominante) lingua éuscara | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 32 km² | ||||
Altitude | 549 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | María Natividad López de Munain Alzola (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 01192 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 01021 | ||||
Sitio web | elburgo-burgelu.com |
Burgelu (en éuscaro: Burgelu ou Burgu, en castelán: Elburgo, oficialmente Elburgo/Burgelu) é un concello de Áraba, no País Vasco. Pertence á cuadrilla de Agurain e tiña en 2014 unha poboación de 624 habitantes.
O municipio está formado por seis localidades que forman concejos: Añua, Arbulo/Arbulu, Argomaiz, Elburgo/Burgelu (capital), Gazeta e Hijona/Ixona. Ademais tamén forma parte do municipio o pequeno núcleo de Azua.
Parte da poboación traballa na próxima Vitoria, situada a 12 km, e o resto dedícase á actividade agropecuaria, destacando o cultivo de cereal. Nos últimos anos xurdiu tamén un pequeno núcleo de profesionais que teñen a base da súa actividade no municipio.
Por Burgelu pasaba a calzada romana que ía de Bordeos a Astorga, e logo foi aproveitada polos peregrinos como variante do Camiño de Santiago. O rei castelán Afonso X o Sabio construíu varios camiños reais (antigas estradas) aproveitando tramos da calzada, co fin de unir Castela cos portos do Cantábrico. Os peregrinos xacobeos aproveitaron tamén parte destes camiños reais para dirixirse a Compostela. Daquel entón consérvanse no municipio varias igrexas e ermidas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Burgelu |